Zona Franca de Vigo permitiu obras o 12-O

Dobre vara de medir para o 12 de outubro: pau para Badalona, tolerancia co ente vigués
O Consorcio da Zona Franca de Vigo vén de sumar un novo incumprimento á longa lista que a CIG-Construción leva denunciando desde hai meses, tolerando obras na Nave H de Citroën o pasado 12 de outubro, festivo laboral. A administración pública convértese, máis unha vez, en cómplice das prácticas abusivas de subcontratas que obrigan a traballar en festivos, pagan en negro e condenan os operarios a xornadas de até 11 horas.
Zona Franca Vigo

Para a Federación de Construción da CIG esta situación revela a “hipocrisía e cinismo” coa que actúa o goberno do Estado, que non dubida en actuar con contundencia ante a apertura do concello de Badalona no 12 de outubro mentres continúa tolerar traballo en festivos e sobre-explotación en obras para entes públicos.

Deste xeito, e a pesar das numerosas advertencias da CIG, a Zona Franca de Vigo leva anos subcontratando empresas “que se sabe de antemán que van incumprir todas estas materias”, con salarios “moi por baixo do regulado en convenio” e “xornadas de 10 ou 11 horas”. Empresas, nas que ademais “ningunha destas irregularidades se regulariza en nómina”, con salarios “abonados en negro”.

Esta situación foi denunciada repetidamente ante Inspección de Traballo e até en dúas ocasións en reunións con responsábeis do departamento de Obras, así como coa Delegada da entidade. Porén, non só ningún dos compromisos aos que se chegou se ten materializado, se non que a tolerancia coa sobre-explotación e mailo incumprimento coa legalidade sostidos no tempo converten a Zona Franca en “colaboradora activa coa fraude á Seguridade Social e a Facenda”.

Desde a CIG-Construción, aseveran, ademais, que se está a premiar a empresas incumpridoras en detrimento daquelas onde se respeita o convenio, “que nen chegan a optar directamente á licitación de obra”. Tamén que o exceso de xornada provoca que por cada tres operarios “se deixe de crear un novo posto de traballo”.

Por último, comunican que continuarán coas denuncias e iniciarán mobilizacións se na vindeira reunión coa Dirección da Zona Franca non hai avances.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: