“Estamos nunha acción decidida por acadar un concello respetoso co medio ambiente”. Con esta frase explica o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, a instalación, ao mesmo tempo, de 11 novas caldeiras de pellets en distintas dependencias municipais. Dous delas empezarán a funcionar no propio Concello, 3 no Pavillón de deportes- unha delas para proporcionar auga quente á piscina e outra para o sistema de auga quente e fría do resto do emprazamento; outras dous nos vestiarios do Campo Municipal do Lourambal, e nos campos do Pontellas, do Carballo, en Atios, no Campo do Budiño e nas instalacións deportivas do Polígono Industrial de A Granxa. “As novas caldeiras cumpren co dobre obxectivo que consideramos: o primeiro reducir as emisións de CO2- logramos un 40% menos de dispersión de dióxido de carbono á atmosfera- e, en segundo lugar, acadar un aforro enerxético senlleiro, que será do 50%”, subliña Manuel Carrera. Ademais, engade, as das dúas caldeiras do Concello e das tres do Pavillón actúan “en cascada”, isto quere dicir que se accionan dacordo coas necesidades, “se so se precisa unha non se acenden as outras que entran en funcionamento en base ao consumo, o que alonga a vida útil das mesmas”. Carrera explica que o orzamento para acometer esta renovación, 217.176,85 €, ven dunha subvención solicitada á Consellería de Economía, Emprego e Industria, que permite asumir o custo de 78.141,80 € para a colocación das novas caldeiras de Piscina e Pavillón Municipal, 54.667,80 € das do Concello, 27.091,9 € do Campo do Lourambal, 15.246€ do Campo das Reloas, 14.937,45€ do Campo da Granxa, 13.545,95€ do Campo de San Campio e a mesma cantidade para o Campo do Carballo. Asimesmo, adianta o tenente de alcalde, neste mesmo mandato, e aproveitando as axudas da Deputación e o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxia (IDAE), se completará o cambio das caldeiras do Campo de Fútbol do Mosende e dos distintos centros culturais. Manuel Carrera subliña o “importantísimo paso adiante” que ven de dar o Goberno local para acabar coa débeda que o Concello do Porriño tiña co Medio Ambiente, obtendo unha considerable redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, un 40%, o dobre do compromiso da Unión Europea para o ano 2020, e dúas veces e media o obxectivo expresado este ano polo Goberno de Galicia para rebaixar estas emisións un 15,8% en relación con 2014. Os esforzos do Concello neste eido, remata Carrera, seguirán na mellora e renovación do alumeado público, coa substitución das vellas lámpadas de mercurio por outras de sodio, a colocación de luces ‘led’, sen reducir os puntos de luz ou, como se fai xa noutros concellos, a posta en funcionamento de reloxos astronómicos que retarden o acendido e adianten o apagado do alumeado en función da luz natural.

unnamed
LAS PALABRAS DE LOS NUEVOS TALENTOS DE LA LITERATURA EXPLOTAN EN EL ÚLTIMO NÚMERO DE EÑE
Más información: www.revistaeñe.com y www.lafabrica.com
Eñe 47 publica el relato ganador del premio Cosecha Eñe 2016, Nam, de la escritora ecuatoriana María Fernanda Ampuero

El certamen ha recibido 4.000 relatos a concurso, procedentes de 43 países 

Han integrado el jurado de Cosecha Eñe la editora Belén Bermejo, la catedrática de literatura Ángeles Encinar, la editora Camino Brasa y los escritores Carlos Pardo y Luisgé Martín, director de la revista Eñe

Este número especial incluye los relatos finalistas del concurso, que acompañan de una conversación con Rosa Montero, el diario de Rafael Reig; la “batalla” que firma Lola Larumbe y las firmas invitadas de Luis Eduardo Aute y Sergio del Molino 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: