ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 3 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCIÓN DE 16 NOVAS SENDAS SEGURAS E SUSTENTABLES NA COMARCA DE PONTEVEDRA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións e o director da Axencia Galega de Infraestruturas presentaron hoxe as actuacións previstas nesta área dentro do Plan de Sendas de Galiciaclip_image002

  • Entre os itinerarios previstos están actuacións na PO-308 que, unidas aos treitos xa previstos no Plan do Salnés, permitirán executar 6,5 quilometros de sendas peonís só no concello de Poio
  • Tamén se actúa sobre a PO-531, a estrada de Vilagarcía, ao recoller 3,5 km de sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, uns proxectos que coordinamos coas restantes actuacións de seguridade viaria que se está a executar neses puntos
  • Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, cuxa primeira fase se está a  executar xa en 7 comarcas
  • A conselleira destaca que as sendas terán beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e fomentar hábitos máis saudables; as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos; e para o medio, significando menos contaminación
  • “Estamos a falar de que, entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estamos a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 m €”, explica

 

Pontevedra, 19 de outubro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, anunciou hoxe que a Xunta investirá 3 millóns de euros na construción de 16 novas sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe na comarca de Pontevedra. Serán, dixo, itinerarios peonís e ciclistas que mellorarán a seguridade viaria e a calidade de vida dos veciños, facilitando os seus desprazamentos cotiáns,  sumando un total de  novos 12 quilómetros de sendas.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentaron hoxe en rolda de prensa as actuacións previstas nesta área territorial dentro do Plan de Sendas de Galicia.

 

Segundo explicou Vázquez Mourelle, o Plan de Sendas de Galicia recolle un conxunto de actuacións coordinadas e planificadas sobre a totalidade do territorio galego cun dobre obxectivo: por unha banda, protexer e incrementar a seguridade dos peóns e os ciclistas que transitan polas estradas autonómicas, unha cuestión “absolutamente prioritaria para a Xunta”, dixo; e, por outra banda, promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamentos menos contaminantes e alternativos  á utilización do vehículo particular.

 

A este respecto, a titular de Infraestruturas en funcións explicou que as sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bici de forma segura, para percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

 

Ethel Vázquez salientou que  principios do mes de abril se convidou aos concellos da comarca de Pontevedra a participar na elaboración deste Plan, trasladando as súas prioridades de actuación.

 

A conselleira en funcións destacou que entre as actuacións programadas na comarca de Pontevedra destacan actuacións tan sinaladas como a mellora da seguridade viaria na PO-308, que, xunto cos itinerarios que se prevén no Plan de Sendas da comarca do Salnés, suporá a execución de 6,6 quilómetros de este tipo de actuacións só no concello de Poio.

 

Resaltou, tamén, que se actuará na estrada PO-531, a estrada de Vilagarcía, con 3,5 quilómetros de sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, mediante proxectos coordinados coas restantes actuacións de seguridade viaria que se están a desenvolver nesa estrada.

 

Así mesmo, referiuse á senda que se vai construír en Xunqueira de Alba para dar unha maior seguridade aos peregrinos que realizan o Camiño Portugués.

 

Neste enlace pódese acceder á presentación das actuacións previstas http://prezi.com/lakwj3ifwrzo/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Sendas da Comarca de Pontevedra
PO-551, treito Vilaseca- Lapamán. PK 6+450 – 7+920
PO-551, treito Alto da Portela – CG-4.1. PK 13+920 – 14+440
Baguin-Seixo, entre os PP.KK. 2+900 e 3+700
Trasouto-A Madalena, entre CG-4.1 – A Madalena. PK 14+440 – 15+910
Marxe esquerda da PO-313, entre Coirados-Pardavila. PK 1+380 – 3+330
PO-551, A Moureira – Palmás, entre os PP.KK. 29+450-30+900
Marxe esquerda da PO-313, treito Pardavila – Cadro. PK 3+330 – 4+140
PO-551, Treito Trasouto – Alto da Portela. PK 12+720 – 13+920

Plan de sendas de Galicia

Na súa presentación, a titular de Infraestruturas e Vivenda en funcións informou de que, unha vez definidas as actuacións que se van levar a cabo dentro do Plan de Sendas na comarca de Pontevedra a Xunta, a Xunta vai encargar a redacción dos proxextos que permitirán encargar as obras. Segundo dixo, antes de que remate o ano estarán en redacción os proxectos para proceder, a continuación a licitar as obras.

 

A comarca de Pontevedra é, xunto con Ourense, O Morrazo e Lugo unha das comarcas seleccionadas para o desenvolvemento da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que na súa primeira fase se puxo en marcha nas comarcas de A Coruña, Ferrol, Bergantiños, Santiago, Vigo, O Salnés e Chantada, onde xa se están a desenvolver as actuacións proxectadas.

 

“Estamos a falar de que, entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estamos a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 m €”, explicou Vázquez Mourelle.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: