Archive | octubre 20, 2016

ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 3 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCIÓN DE 16 NOVAS SENDAS SEGURAS E SUSTENTABLES NA COMARCA DE PONTEVEDRA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións e o director da Axencia Galega de Infraestruturas presentaron hoxe as actuacións previstas nesta área dentro do Plan de Sendas de Galiciaclip_image002

  • Entre os itinerarios previstos están actuacións na PO-308 que, unidas aos treitos xa previstos no Plan do Salnés, permitirán executar 6,5 quilometros de sendas peonís só no concello de Poio
  • Tamén se actúa sobre a PO-531, a estrada de Vilagarcía, ao recoller 3,5 km de sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, uns proxectos que coordinamos coas restantes actuacións de seguridade viaria que se está a executar neses puntos
  • Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, cuxa primeira fase se está a  executar xa en 7 comarcas
  • A conselleira destaca que as sendas terán beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e fomentar hábitos máis saudables; as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos; e para o medio, significando menos contaminación
  • “Estamos a falar de que, entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estamos a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 m €”, explica

 

Pontevedra, 19 de outubro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, anunciou hoxe que a Xunta investirá 3 millóns de euros na construción de 16 novas sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe na comarca de Pontevedra. Serán, dixo, itinerarios peonís e ciclistas que mellorarán a seguridade viaria e a calidade de vida dos veciños, facilitando os seus desprazamentos cotiáns,  sumando un total de  novos 12 quilómetros de sendas.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentaron hoxe en rolda de prensa as actuacións previstas nesta área territorial dentro do Plan de Sendas de Galicia.

 

Segundo explicou Vázquez Mourelle, o Plan de Sendas de Galicia recolle un conxunto de actuacións coordinadas e planificadas sobre a totalidade do territorio galego cun dobre obxectivo: por unha banda, protexer e incrementar a seguridade dos peóns e os ciclistas que transitan polas estradas autonómicas, unha cuestión “absolutamente prioritaria para a Xunta”, dixo; e, por outra banda, promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamentos menos contaminantes e alternativos  á utilización do vehículo particular.

 

A este respecto, a titular de Infraestruturas en funcións explicou que as sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bici de forma segura, para percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

 

Ethel Vázquez salientou que  principios do mes de abril se convidou aos concellos da comarca de Pontevedra a participar na elaboración deste Plan, trasladando as súas prioridades de actuación.

 

A conselleira en funcións destacou que entre as actuacións programadas na comarca de Pontevedra destacan actuacións tan sinaladas como a mellora da seguridade viaria na PO-308, que, xunto cos itinerarios que se prevén no Plan de Sendas da comarca do Salnés, suporá a execución de 6,6 quilómetros de este tipo de actuacións só no concello de Poio.

 

Resaltou, tamén, que se actuará na estrada PO-531, a estrada de Vilagarcía, con 3,5 quilómetros de sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, mediante proxectos coordinados coas restantes actuacións de seguridade viaria que se están a desenvolver nesa estrada.

 

Así mesmo, referiuse á senda que se vai construír en Xunqueira de Alba para dar unha maior seguridade aos peregrinos que realizan o Camiño Portugués.

 

Neste enlace pódese acceder á presentación das actuacións previstas http://prezi.com/lakwj3ifwrzo/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Sendas da Comarca de Pontevedra
PO-551, treito Vilaseca- Lapamán. PK 6+450 – 7+920
PO-551, treito Alto da Portela – CG-4.1. PK 13+920 – 14+440
Baguin-Seixo, entre os PP.KK. 2+900 e 3+700
Trasouto-A Madalena, entre CG-4.1 – A Madalena. PK 14+440 – 15+910
Marxe esquerda da PO-313, entre Coirados-Pardavila. PK 1+380 – 3+330
PO-551, A Moureira – Palmás, entre os PP.KK. 29+450-30+900
Marxe esquerda da PO-313, treito Pardavila – Cadro. PK 3+330 – 4+140
PO-551, Treito Trasouto – Alto da Portela. PK 12+720 – 13+920

Plan de sendas de Galicia

Na súa presentación, a titular de Infraestruturas e Vivenda en funcións informou de que, unha vez definidas as actuacións que se van levar a cabo dentro do Plan de Sendas na comarca de Pontevedra a Xunta, a Xunta vai encargar a redacción dos proxextos que permitirán encargar as obras. Segundo dixo, antes de que remate o ano estarán en redacción os proxectos para proceder, a continuación a licitar as obras.

 

A comarca de Pontevedra é, xunto con Ourense, O Morrazo e Lugo unha das comarcas seleccionadas para o desenvolvemento da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que na súa primeira fase se puxo en marcha nas comarcas de A Coruña, Ferrol, Bergantiños, Santiago, Vigo, O Salnés e Chantada, onde xa se están a desenvolver as actuacións proxectadas.

 

“Estamos a falar de que, entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estamos a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 m €”, explicou Vázquez Mourelle.

Presentación obra de teatro ‘Dos contos ás contas’ Afundación Vigo

A sala de conferencias do Teatro Afundación en Vigo acollerá mañá, xoves 20 de outubro, ás 11.15 horas, a presentación da obra de teatro Dos contos ás contas, que se representa desde este luns nas principais cidades galegas dentro do programa de educación financeira posto en marcha por ABANCA en colaboración con Afundación.  

PAZ Rodríguez lleva sus propuestas de otoño- invierno a Madrid y Valencia

La firma gallega estará presente en la próxima edición de Petit Walking Show, la referencia en las pasarelas de moda infantil

 

Vigo, 19/10/2016. PAZ Rodríguez arranca la promoción de su temporada otoño- invierno 2016-2017 en Madrid y Valencia. La firma gallega estará presente en la Petit Walking Show, el referente de moda infantil que dos veces al año acerca las colecciones y propuestas de las principales marcas de retail al público general y medios de comunicaciones nacionales e internacionales.

pwt-madrid-42

Para la cita madrileña, que tendrá lugar el próximo 22 de octubre en el Palacio de Santa Coloma, el equipo de PAZ Rodríguez ha seleccionado ocho looks para niños y niñas de entre 3 y 4 años basado en las prendas superventas de esta colección: diseños atemporales y atrevidos, disponibles en una variada gama cromática, desde los tonos pastel a los colores vivos y confeccionados íntegramente en España con materiales naturales y de gran calidad. Una propuesta similar podrá verse en el segundo desfile de esta pasarela, que se celebrará el próximo día 5 de noviembre en la Ciudad de las Artes y las Ciencias de Valencia.

 

Para Álvaro Toubes, CEO de PAZ Rodríguez, la presencia de la firma gallega en esta pasarela supone «un importante escaparate para mostrar una parte de nuestra colección y la posibilidad de llegar a más público final». El éxito de la primera participación en esta pasarela, el pasado mes de abril en Madrid, les ha llevado a repetir la experiencia sumando además la presencia en Valencia. «Nos encontramos en un buen momento de expansión a nivel internacional pero no queremos descuidar a nuestros clientes aquí en España», explica Álvaro.

 

Moda y solidaridad #nicocontraelcancer

El próximo 29 de octubre PAZ Rodríguez participará también en la II Gala de Moda Nico Contra el Cáncer Infantil. Para este evento solidario, en el que PAZ Rodríguez será la única firma de moda infantil, se está preparando un desfile mucho más amplio compuesto por quince looks y cuyo objetivo no es otro que reunir al mayor número de espectadores posibles para contribuir a esta causa. La cita benéfica, que cuenta con el apoyo de Tele 5, destinará el cien por cien de la recaudación a la investigación y tratamiento contra el cáncer infantil.  

 

Sobre PAZ Rodríguez

PAZ Rodríguez es una empresa española de moda infantil creada en el año 1970 con la firme idea de vestir a bebés, niños y niñas con un estilo propio, delicado y elegante. Desde sus comienzos, PAZ Rodríguez se ha convertido en una empresa tecnológicamente avanzada, moderna, con infraestructuras de vanguardia que, sin perder el encanto de la tradición y la producción artesanal, se ha consolidado en una posición de prestigio en el mercado internacional de la moda infantil.

 

Con presencia en 32 países, la empresa fue fundada por la diseñadora Paz Rodriguez, visionaria y pionera en el diseño, la fabricación y la distribución de moda infantil de alta calidad. Las colecciones PAZ Rodríguez están presentes en Harrods, Saks Fith Avenue, Barneys New York, Palacio de Hierro y en más de 1.000 exclusivas tiendas multimarca a nivel mundial, ofreciendo diseños que no representan solo una marca sino una filosofía de vida.

 

Nuria Sáinz

Departamento

‘El pequeño poni’ en Afundación Vigo e Pontevedra

20 de outubro, chega ao Teatro Afundación de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 13) El pequeño poni como parte da programación da tempada teatral ofrecida pola entidade. O venres, 21 de outubro, a representación terá lugar en Pontevedra na sede Afundación situada na rúa Augusto González Besada, 2-4. Trátase dunha peza de gran carga dramática que aborda un tema que afecta de cheo á sociedade como o é o acoso escolar. Becerra e Luque colaboran para denunciar esta realidade inspirándose na historia real dun neno estadounidense. Ambas as funcións están fixadas para as 20.30 h e as entradas poderán adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: en ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.