Sinatura convenio entre o Concello e a Asocación de Veciños de San Benito e San Sebastián

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, Carmen Rodríguez, asinaron este sinatura-conveniomércores un convenio de colaboración entre  o Concello e a entidade veciñal.

O devandito convenio permitirá á Asociación sufragar parte das actividades que impulsa ao longo do ano, e que van dende iniciativas culturais, como o Certame de Literario Manuel Otero Saavedra, que aínda está aberto para a entrega de orixinais, a visita á Ribeira Sacra ou o programa de cine nos barrios; iniciativas relacionadas co benestar e a natureza, coma a Andaina Saudable ou a Feira Ecolóxica do pasado mes de abril, e proxectos coma a Festa do Chouipán ou, o vindeiro día 5 de novembro, o Calacú que entre outras propostas ten planificada unha serie de talleres de cabazos.

García de la Torre agradeceu á Asociación de San Benito e San Sebastián todo o traballo que desenrola “en beneficio das veciñas e veciños desta parte do concello e de todos os porriñeses en xeral”, amosou a súa admiración polo dinamismo, a imaxinación e a orixinalidade de todas as súas iniciativas e comprometeuse a duplicar, o ano que ven, a cantidade que o Concello aporta á asociación.

A alcaldesa lembrou que no que vai deste ano, o Concello aprobou un orzamento total de preto de 90.000 € para beneficiar a un total de dezaseis asociacións, colectivos e entidades veciñaís e, sobor de todo, culturais do Porriño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: