UN TOTAL DE 20 PROFESIONAIS DE CONCELLOS E ENTIDADES AMPLIARÁN A SÚA FORMACIÓN GRAZAS AO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN INTERCULTURAL NO ÁMBITO SANITARIO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

  • Esta actividade, organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, desenvolverase ata o vindeiro día 27 no Hospital Clínico de Santiago
  • A acción formativa permitirá aos asistentes adquirir habilidades para a resolución de conflitos, así como mellorar a capacitación dos profesionais como promotores de procesos facilitadores de diálogo

 

Santiago, 20 de outubro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu á inauguración do obradoiro para a formación de facilitadores de diálogo no ámbito sanitario dentro do marco da mediación intercultural, un evento organizado pola Consellería de Política Social en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (SERGAS).

 

No obradoiro, que se desenvolve hoxe e o día 27 de outubro no edificio docente Profesor Novoa Santos do Hospital Clínico de Santiago, participarán un total de 20 profesionais de concellos e entidades de iniciativa social que realizan programas de inclusión da poboación xitana, subvencionados pola Consellería de Política Social.

 

A través desta acción formativa, de 14 horas de duración, facilitarase a adquisición de coñecementos para o desenvolvemento de habilidades para a resolución de conflitos e a mellora da capacitación dos profesionais como promotores de procesos facilitadores de diálogo, co fin de contribuír á mellora da convivencia na comunidade en xeral e nos centros sanitarios en particular.

 

Na primeira parte do obradoiro abordaranse aspectos relacionados coas causas, as consecuencias e as actitudes ante un conflito, así como o rol da persoa facilitadora de diálogo no marco da mediación intercultural no ámbito sanitario e os recursos existente para acadar unha comunicación eficaz. Na segunda parte analizaranse as estratexias existentes para axudar ás partes para propoñer solucións e chegar a un acordo e traballaranse conxuntamente todos os contidos analizados no obradoiro.   

 

A realización da actividade enmárcase na Estratexia sectorial de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020, e que comprende medidas como formar en atención á diversidade e na interculturalidade aos profesionais, con especial referencia no ámbito sanitario.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: