A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PRESENTA A CAMPAÑA “CULTIVANDO AS RELACIÓNS” CO OBXECTIVO DE PREVIR ACTITUDES DE CONTROL E DEPENDENCIA ENTRE OS MOZOS E AS MOZAS

  • A iniciativa desenvolverase nos meses de outubro e novembro a través do servizo Quérote+, con accións a pé de rúa en diferentes localidades e a través das redes sociais
  • Así mesmo, busca promover actitudes positivas para mellorar a autoestima ou abordar as sexualidades dende unha perspectiva ampla e diversa

 

Santiago, 21 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe no IES Rosalía de Castro na presentación da campaña “Cultivando as relacións”, unha iniciativa que aposta polo coidado das relacións en positivo entre a mocidade e que se desenvolverá a través do servizo Quérote+ da Consellería de Política Social durante os meses de outubro e novembro, rematando o 25 dese mes, Día internacional contra a violencia de xénero.

A campaña ten como obxectivo sensibilizar aos mozos e mozas da necesidade do coidado das relacións persoais como fonte de benestar persoal; e previr actitudes de control e dependencia para fomentar relacións sociais e de parella saudables no entorno físico e virtual. Así mesmo, busca promover actitudes positivas para mellorar a autoestima; abordar as sexualidades dende unha perspectiva ampla e diversa; e dar a coñecer o servizo Quérote+ como centros de referencia en materia de convivencia entre os sexos para o fomento das relacións baseadas no respeto, así como para informar e asesorar en igualdade.

Ademais destes obxectivos, a campaña desenvolverá sete ideas básicas: o valor da diversidade; o respecto á diversidade; a rede social: unha realidade non unha obriga; a parella: unha elección non unha obriga; a sinerxia en parella: un valor a fomentar; parellas enriquecedoras versus parellas tóxicas; e a axuda: cando as cousas non van ben e só/soa non podo.

Cecilia Vázquez sinalou que “a campaña pretende facer un parelelismo entre o que son as prantas e as persoas, as relacións persoais e de parella. A idea é empregar unha metáfora do que é o mundo das prantas e os xardíns e os coidados para que poidan constituírse, desenvolverse e relacionarse de forma libre e satisfactoria”. “Nesta campaña propoñemos factores que determinen as relacións saudables entre a xuventude que axuden a mellorar as habilidades persoais e sociais e de relación”, engadiu a titular autonómica.

A campaña desenvolverase a través de accións na rúa coa instalación de mesas informativas en varias localidades nas que se informará da campaña e nas que se entregarán sobres con sementes. As redes sociais tamén serán un eixo importante na campaña, e nelas invitarase aos mozos e mozas a publicar fotos coas prantas xerminadas co hashtag #relacionenpositivo.

A directora xeral indicou que os centros ‘Quérote+’ tratan de converterse nun referente, tanto informativo como de asesoramento “que sexa capaz de dar resposta ás crecentes demandas que ten a mocidade, sobre todo naquelas cuestións que máis lles afectan, ou que máis lles preocupan”. Neste sentido, recordou que a intervención dos técnicos do ‘Quérote+’ realízase tanto a nivel individual, como grupal e comunitario. De maneira individual, a través de consultas dos usuarios, de xeito presencial nas oficinas do Quérote+, chamadas telefónicas, preguntas ‘online’ ou mensaxería instantánea. De maneira grupal, mediante accións formativas, como por exemplo as que son ofertadas en todos os institutos de educación secundaria galegos, na rede de centros de xuventude Espazo Xove, nas Oficinas de Información Xuvenil e a través das asociacións; e de maneira comunitaria, a través das mesas informativas, da participación en congresos e eventos de interese para a mocidade e dos programas de mediación xuvenil.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: