A XUNTA E A CRUZ VERMELLA PROGRAMAN AS XORNADAS FORMATIVAS PARA A POSTA EN MARCHA DAS ESCOLAS DE AVÓS E AVOAS COIDADORES NAS SETE CIDADES DE GALICIA

  • img_5866A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse esta mañá con responsables da entidade para avanzar no comezo desta iniciativa
  • O obxectivo é ofrecer unha resposta aos avós e avoas que exercen labores parentais de coidado e crianza, a través de espazos grupais de formación e a auto soporte, así como un traballo individual en función das necesidades concretas

 

Santiago, 21 de outubro de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse esta mañá con responsables da Cruz Vermella para avanzar na posta en marcha as escolas de avós e avoas coidadores nas sete cidades galegas. A Consellería de Política Social e a dita entidade asinaban o pasado mes de xuño un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa pioneiro de soporte psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza dos netos e netas, que actualmente se está a levar a cabo dun xeito experimental en Carballo e Narón.

 

O encontro de hoxe entre a titular de Familia e representantes da Cruz Vermella serviu para concretar a celebración das xornadas formativas para os coordinadores que actuarán nas escolas de avós e avoas que se implantarán nos centros sociocomunitarios de titularidade autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo durante os meses de outubro, novembro e decembro. A través desta iniciativa, trátase de ofrecer unha resposta a aquelas persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza, por medio de espazos grupais de formación e auto soporte, así como un traballo individual en función das necesidades concretas.

 

A directora xeral explicou que nos obradoiros formativos desenvolveranse actividades específicas que capaciten a estas persoas para o manexo de situacións cotiás na crianza e educación dos menores ao seu cargo, orientándoos e apoiándoos en todos os aspectos que leva consigo a crianza. Ademais de prestarlle un apoio psicosocial para fortalecer as habilidades de autocoidado necesarias para afrontar esta situación dunha maneira segura e saudable.

 

Por outra parte, a escola de avós e avoas proporciona tamén a constitución de grupos de axuda mutua integrados por voluntarios, avós e avoas e netos e netas, para que unha vez finalizadas as actividades das sucesivas escolas, as persoas participantes poidan seguir mantendo unha vinculación e axudándose mutuamente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: