O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN INAUGURA AS XORNADAS SOBRE A ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2014-2020 QUE AFONDARÁN NA ACTUALIZACIÓN DOS COÑECEMENTOS DOS PROFESIONAIS DESTE CAMPO

O evento terá lugar hoxe e o vindeiro 28 de outubro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

  • Abordaranse distintos aspectos relacionados coa inclusión social como poden ser a a protección de menores, o emprego, a vivenda, a saúde ou a igualdade
  • O persoal dos equipos de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar será o destinatario destas xornadas que procurarán actualizar a información sobre recursos e programas de carácter sectorial, así como facilitar o intercambio de puntos de vista e experiencias

 

Santiago, 21 de outubro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, inaugurou na mañá de hoxe as Xornadas sobre a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 que servirán, segundo o responsable deste departamento, para “avanzar na actualización e perfeccionamento dos coñecementos e ferramentas do persoal técnico de inclusión”.  

 

Nestas xornadas, que se celebrarán no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, abordaranse distintos aspectos relacionados coa inclusión social como poden ser a protección de menores, o emprego, a vivenda, a saúde, a igualdade ou a Historia Social Única Electrónica (HSUE). Tamén se levarán a cabo dous obradoiros sobre a loita contra a violencia de xénero e a Lei de inclusión social.

 

Os temas foron elixidos tendo en conta as peticións realizadas polos profesionais dos equipos de inclusión sociolaboral, quen amosaron especial interese en afondar nunha serie de programas sectoriais que teñen unha grande incidencia no fomento da inclusión activa.  

 

O persoal dos equipos de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar será o principal colectivo destinatario destas xornadas que procurarán aumentar o coñecemento e actualizar a información sobre recursos e programas de carácter sectorial, que resultan clave para a promoción da inclusión activa, así como facilitar o intercambio de puntos de vista e experiencias dos profesionais dos equipos de inclusión sociolaboral.

 

EIS 2014-2020

A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 -impulsada e cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo- constitúe a folla de ruta que se está a aplicar en Galicia para promover a inclusión social das persoas e grupos en situación de vulnerabilidade neste período, e dirixe os seus esforzos cara os aspectos considerados clave na abordaxe das diferentes dimensións da pobreza e a exclusión social. Estes aspectos teñen un carácter multidimensional, sendo necesario abordalos con actuacións de tipoloxía moi diversa.

     

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: