O CONCELLO DO PORRIÑO ACADOU, ESTE MES DE OUTUBRO, A ‘DÉBEDA CERO’

eva-garcia-de-la-torreO Concello do Porriño está xa, dende inicio deste mes de outubro,en ‘débeda cero’. Como indicou a alcaldesa, Eva García de la Torre, unha “xestión económica modélica” e o feito de que haxa partidas orzamentarias que non se esgoten, fai posible que se veña de engrosar o remanente de Tesourería que, dacordo cos seus cálculos, superaría os 6 millóns de euros netos.

Isto supón que nos orzamentos municipais de 2017, engade a rexedora, non sexa necesario dotar partida algunha para o pago de débeda, aínda que García de la Torre considera que “é unha anomalía acumular un remanente de Tesourería tan importante” e, considerando esta circunstancia, agarda poder pactar os novos presupostos,“para destinar esa cantidade a inversións necesarias para O Porriño, coma todas as que propoñen os grupos da oposición nos Plenos da Corporación”.

A alcaldesa subliña que estas cantidades poderían dedicarse aos proxectos pendentes de saneamento, fomento do emprego, Benestar, á mellora de infraestruturas, como estradas e camiños, vías e obras, necesidades das parroquias ou parques públicos, ”entre moitísimas outras demandas das veciñas e veciños da vila”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: