Archive | octubre 24, 2016

REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA DA CALIDADE HUMANA DOS PROFESIONAIS PARA PRESTAR A “MELLOR ATENCIÓN POSIBLE” ÁS PERSOAS RESIDENTES EN CENTROS XERIÁTRICOS

A Coruña O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, inaugurará o curso Atención humana a la persona mayor en residencias, organizado conxuntamente pola UIMP e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos. 24/10/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña
O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, inaugurará o curso Atención humana a la persona mayor en residencias, organizado conxuntamente pola UIMP e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos.
24/10/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O conselleiro en funcións de Política Social inaugurou hoxe o curso “Atención Humana á Persoa Maior en Residencias” organizado pola Institución Benéfico Social Padre Rubinos e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo

  • Asegurou que “o factor humano é un compoñente esencial cando falamos de prestar unha atención de calidade aos residentes”

A Coruña, 24 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, participou esta tarde no acto de inauguración do curso “Atención Humana á Persoa Maior en Residencias”, organizado pola Institución Benéfica Social Padre Rubinos e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e dirixido a profesionais e voluntarios que desenvolven o seu traballo nun xeriátrico. Esta acción formativa, que se desenvolverá ate o vindeiro venres, día 28, ten como obxectivo afondar tanto no significado como na práctica do concepto de humanización e na súa importancia para unha atención de calidade e centrada nas persoas que deben ofrecer os centros de maiores.

Na súa intervención Rey Varela destacou a importancia de “contar con profesionais ben formados que teñan un bo trato humano e sexan capaces de empatizar coas persoas maiores que residen nos centros”. Neste sentido, asegurou que para a Consellería de Política Social “o factor humano é un compoñente esencial cando falamos de prestar unha atención de calidade”, e engadiu que “un coidador ou coidadora cunha boa formación é o perfecto vínculo entre os mellores servizos e os seus usuarios”.

Ademais, o conselleiro en funcións aproveitou a inauguración do curso para destacar o labor que Padre Rubinos desenvolve a favor dos colectivos máis desfavorecidos, dos maiores e das familias. Así, lembrou que a institución benéfica coruñesa cumprirá en 2018 un século de traxectoria social marcada “por unha inxente e constante acción na procura do desenvolvemento integral e o respecto á dignidade de todas as persoas sen distinción”.

Nesta liña, Rey Varela apuntou que Padre Rubinos foi quen de responder ás demandas das persoas máis vulnerables e logrou adaptarse ás novas necesidades e realidades sociais que foron xurdindo co paso do tempo. Deste xeito, ao servizo de albergue foi sumando novos recursos residenciais para as persoas maiores, en especial aquelas en situación de dependencia; e unha escola infantil.

Por último, o titular en funcións de Política Social sinalou que a Xunta de Galicia, que leva colaborando con esta institución dende o ano 2009, manterá abertas e seguirá mellorando na medida do posible as vías de colaboración.

Inauguración nova biblioteca do CEIP Cruz Budiño

biblioteca1A CONCELLERIA DE EDUCACIÓN INAUGURA, XUNTO COA DIRECTORA, PROFESORES, EX DIRECTORES, MEMBROS DA ANPA E ALUMNOS A NOVA BIBLIOTECA DO CEIP CRUZ BUDIÑO

Este luns, día 24 de outubro, coincidindo co ‘Día Internacional das Bibliotecas’, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, inaugurou, xunto coa directora, profesores, membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA), ex directores e alumas e alumnos do CEIP Cruz Budiño, a nova biblioteca do centro.

A mesma é hoxe unha realidade logo de anos de demanda dos sucesivos equipos directivos do centro para que o colexio dispuxese dela. As rapazas e rapaces do Cruz Budiño poderán gozar dela, en principio, en todos os recreos e, nas vindeiras semanas, en horario de tarde, para achegarse ao mundo máxico dos contos, das historias, da imaxinación e do imposible que so se atopa nos libros.

Varias nenas e nenos participaron no acto lendo distintas poesías e, logo, os participantes no mesmo asinaron no libro de visitas que hai na nova dependencia do centro, no que pódense atopar obras de autores galegos, coma Carlos Casares, Manuel María ou a viguesa Ledicia Costas, e escritores universais, ademais de coleccións de aventuras ou de relatos.

Coa inauguración da Biblioteca o Concello cumpre con outro máis dos compromisos que adquirirá coa dirección a ANPA  e os 114 alumnas e alumnos que estudan no Cruz Budiño, logo de rematar o valado do centro, o illamento das aulas de Educación Infantil, a reparación dos baños e a contratación dun bedel, unha demanda histórica do colexio.

Los pequeños comercios recibirán diagnósticos gratuitos para mejorar su innovación

  • camaravigoLa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa realizará 64  diagnósticos gratuitos de innovación a establecimientos comerciales de su demarcación y 3 talleres temáticos.
  • Estas actuaciones se enmarcan dentro del Plan de Comercio Minorista, financiado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) de la Unión Europea y por la Secretaria de Estado de Comercio.

Vigo, 24/10/2016. La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa trabaja ya con la convocatoria de ayudas a pequeñas y medianas empresas del sector del comercial minorista publicada en el Diario Oficial de Galicia el pasado 5 de octubre. Así, la institución que preside José García Costas llevará a cabo 64 diagnósticos gratuitos de innovación comercial a establecimientos de su demarcación. Estos estudios, que se enmarcan dentro del Plan de Comercio Minorista, financiado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) de la Unión Europea y por la Secretaria de Estado de Comercio, no tienen coste alguno para las empresas.

Los establecimientos interesados en recibir estos diagnósticos y recomendaciones, y que cumplan los requisitos establecidos en la convocatoria, tienen de plazo hasta el 23 de noviembre para realizar la solicitud. La evaluación de solicitudes de participación y admisión a los Diagnósticos de Innovación Comercial del Plan de Comercio Minorista se realizará en el orden el que hayan sido registradas en cualquiera de las tres sedes camerales. La realización de diagnósticos de innovación comercial forma parte del Plan Integral de Apoyo al de Comercio Minorista puesto en marcha por el Ministerio de Economía y Competitividad y la Cámara de Comercio de España, con participación de las Comunidades Autónomas y las organizaciones sectoriales. El plan tiene por objeto dotar al sector de un conjunto de medidas de apoyo para favorecer un crecimiento competitivo y equilibrado.

Talleres de comercio

Como complemento a los diagnósticos, la Cámara llevará a cabo tres talleres temáticos con el objetivo de mejorar e incentivar las capacidades de las pymes comerciales en torno a diferentes áreas o materias estratégicas. El primero de ellos tendrá lugar el miércoles 26 de octubre en las instalaciones de Pontevedra. “Empaquetado creativo”, es el título de este taller en el que los asistentes aprenderán a empaquetar de forma llamativa los detalles y regalos, y a conocer los diferentes tipos de materiales de empaquetado y su utilización.

El 8 de noviembre la sede de Vigo acogerá el taller práctico “Redes sociales para el comercio: ¿Qué hacen los que lo hacen bien?”. La jornada servirá para enseñar a los comercios a utilizar las redes sociales para conectar con sus clientes potenciales y, si ya las utilizan, para mejorar los resultados. Finalmente, el 16 de noviembre las oficinas de Vilagarcía de Arousa celebrarán una nueva edición del taller “Empaquetado creativo” a lo largo de dos sesiones. Toda la información sobre los talleres y los diagnósticos comerciales está disponible en la web http://www.camarapvv.es

GALICIA CONSOLÍDASE ENTRE AS COMUNIDADES QUE PAGAN CON MÁIS AXILIDADE, CUN TEMPO MEDIO DE 25 DÍAS INFERIOR Á MEDIA AUTONÓMICA

 

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase en 15,5 días, fronte aos 40,6 días do conxunto das CCAA

 

  • Galicia é a cuarta comunidade de réxime común co menor tempo medio de pago

Santiago, 24 de outubro de 2016.- Galicia mantense un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas sobre o mes de agosto. O tempo medio de pago situouse en 15,5 días en Galicia, o que supón 25 días menos que a media autonómica, que foi de 40,6 días.

O Ministerio de Hacienda ratifica que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en tres comunidades autónomas de réxime común (Andalucía, Asturias e Estremadura) e nas dúas comunidades de réxime foral. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. Ademais, en comparación co mesmo mes de 2015 o período medio de pago en Galicia é máis baixo, xa que en agosto do ano pasado o tempo medio de pago era de 22,66 días.

Galicia continúa sendo a sexta comunidade autónoma de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,58%, fronte ao 0,43% de media no conxunto das comunidades. Este indicador situouse no mes de agosto en 332 millóns, un 24,4% menos que no mesmo mes de 2015.

Período Medio de Pago – Agosto 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (0,94) A Rioxa 27,23
País Vasco* 2,34 Cataluña 28,72
Andalucía 13,55 Cantabria 34,16
Asturias 13,73 Media CCAA 40,56
Estremadura 14,61 Murcia 47,79
Galicia 15,47 Madrid 64,39
Canarias 16,60 Valencia 70,59
Aragón 19,04 Castela e León 72,14
Castela-A Mancha 20,63 Baleares 73,53

Afundación presenta na súa Sede de Vigo a mostra «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección»

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá unha renovada exposición en torno á súa colección de arte, titulada «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección» e que se articula no Espazo Colección da Sede da entidade en Vigo. A rolda de prensa terá lugar ás 11.30 h no devandito espazo e contará coa presenza de Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, e de Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, quen realizará un percorrido informativo pola mostra.

Esta renovada proposta expositiva conta, ademais, cunha completa programación didáctica complementaria, que abrangue desde visitas para estudantes de todos os ciclos educativos (desde infantil ata universidade), ata familias e adultos que concerten previamente unha reserva para «Os xoves da colección».

PHOTOBOLSILLO RESCATA LA OBRA DE RICARDO MARTÍN Y SU DIARIO DE LA BELLE ÉPOQUE DONOSTIARRA DE PRINCIPIOS DEL SIGLO XX

Más de 60 fotografías que trazan un retrato de la alta sociedad de San Sebastián desde el objetivo de este gran fotógrafo pionero en su época unnamed

Charles Chaplin, Josephine Baker, Azorín, Joaquín Sorolla, Jacinto Benavente o Unamuno fueron retratados por Ricardo Martin  

Martín también plasmó en sus fotografías la crudeza de la Guerra de África a través de potentes imágenes de soldados en el frente y los hospitales de la retaguardia 

La edición del libro coincide con la exposición Ricardo Martín. Fotógrafo y espectador que se inaugurará en la Sala Kubo- Kutxa, de San Sebastián el 4 de noviembre 

El libro se completa con el prólogo Testigo de una ciudad del fotógrafo y comisario de arte Juantxo Egaña 

REY VARELA DESTACA O TRABALLO DE ASPABER NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL A TRAVÉS DA INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL

O conselleiro de Política Social en funcións visitou hoxe as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños

 

  • A entidade conta con centros ocupacional, de día, residencial e cun centro especial de emprego que atenden en total a case 170 persoas

 

Carballo (A Coruña), 24 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro de día e o centro ocupacional da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER), sito na localidade de Carballo. Esta visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o “importante traballo que leva a cabo ASPABER dende hai 40 anos, encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias e intentando dar resposta ás necesidades de integración social”.

 

ASPABER conta cun centro ocupacional que ofrece atención a 78 usuarios e no que se facilita o desenvolvemento das capacidades residuais en áreas formativo-laborais e ocupacionais coa finalidade de conseguir un axuste persoal, social e laboral que os leve á súa integración e á normalización das súas condicións de vida.  

 

Así mesmo, a entidade conta cun centro de día que facilita apoios e servizos diversos, a través de actividades funcionais e significativas de tipo formativo, terapéutico, ocupacional e lúdico do que se benefician 30 persoas con discapacidade intelectual.

 

ASPABER tamén ofrece atención residencial de luns a venres a un total de 16 persoas. Trátase dun centro de convivencia temporal ou permanente en réxime de internado para persoas con discapacidade con necesidades de apoio límite e intermitente que por razóns sociais, familiares ou ocupacionais, teñan dificultades para a súa permanencia no seu fogar.

 

Rey Varela destacou o completo traballo que desenvolve a entidade xa que ademais dos servizos mencionados, conta tamén cun centro especial de emprego. Nel xeran condicións laborais para a incorporación das persoas con discapacidade intelectual a un posto de traballo, levando a cabo cantas accións sexan adecuadas para ofrecer produtos e servizos competentes e de calidade dentro do mercado aberto nun marco de economía social. Deste xeito, os 44 traballadores adscritos a este centro, realizan tarefas de limpeza viaria, carpintería e escaiola e limpeza de edificios públicos.

 

Así mesmo, o conselleiro en funcións lembrou que a Xunta de Galicia mantén con ASPABER un concerto de 125 prazas para o que a administración autonómica inviste un millón de euros neste 2016.

 

Rey Varela destacou que o goberno autonómico –actualmente en funcións- “non é alleo á importancia que teñen estes centros no desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade”. Deste xeito, lembrou que “estamos iniciando unha lexislatura co compromiso de desenvolver un ambicioso plan de atención á discapacidade, polo tanto é fundamental coñecer as necesidades de ASPABER e das entidades do sector”, afirmou o conselleiro.

 

O titular en funcións da carteira autonómica insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e coas entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade, por elo ASPABER sempre contará neste obxectivo co apoio da Consellería de Política Social”.

 

Exclusiva; Las practicas presuntamente “mafiosas de Feijóo” para hacerse con la presidencia de la Xunta

Exclusiva; Las practicas presuntamente “mafiosas de Feijóo” para hacerse con la presidencia de la Xunta
Un informe y documentos descargables que no te debes perder si deseas conocer la verdad oculta de Galicia bajo la LIBERTAD DE EXPRESIÓN retirada a otros medios de comunicación con subvenciones públicas (mordidas conocidas en la Xunta del PPdeG como pitanza de los cocodrilos)….Perfiles Falsos, web http://www.feijoo.gal y www.ppdegalicia.com  a nombre de una empresa privada que sus miembros reciben jugosas subvenciones de la Xunta.
Campañas orquestadas desde la Presidencia de la Xunta para las elecciones, privando de los mismos recursos a la oposición política.
Documentos de desprestigio realizados por el Gabinete de Comunicación de la Presidencia Xunta de Galicia y distribuidos por todo el Mundo a través de los servidores de la empresa privada que aloja la web oficial del PPdeG y dewww.feijoo.gal  .
Feijóo prometió tajada al Presidente de FRUAGA en la privatización del Hospital Gallego en Buenos Aires que después de firmar no cumplió y a 4 días de las elecciones gallegas le remite una carta de amenazas y coacciones con una gran manifestación en Buenos Aires.
Descargar este archivo (InformePaginaWebPPdeGalicia-Feijoo-recursosXuntadeGalicia_signed.pdf)Informe Confidencial EXCLUSIVO PPdeG. Un informe que solo podrás acceder desde PLADESEMAPESGA bajo la Libertad de Expresión
Comunicado completo y descarga de la totalidad de los documentos e informe confidencial ;

AS CONVERSAS DO CONVENIO DA CONTRUCION DE PONTEVEDRA NON AVANZAN.

A Negociación do Convenio da Construción  da Provincia de Pontevedra, que na actualidade afecta a 14.000 traballadores, está a piques de romperse debido a que a Patronal non parece disposta a modificar o actual texto, desatendendo a maioría das reivindicacións sindicais.

 

Estas céntranse, fundamentalmente, en aspectos relacionados coa mellora das condicións laborais en materia de subcontratación e garantías no caso de subrogación  nas empresas adicadas ao mantemento de estradas e vías férreas.

 

No primeiro punto, os Sindicatos pretendemos que se garanta a indemnización por fin de obra, para o que propoñemos que sexan responsables subsidiarias as empresas principais.

 

No relativo aos caos de subrogación, reivindicamos que, en caso de despedimento, se teña en conta a antigüidade dende o inicio da relación laboral, e non dende o último contrato, como se acoutou na negociación do último convenio estatal do sector nun claro retroceso en relación coa situación  anterior e de dubidosa legalidade, dende o punto de vista da FCM-CIG.

 

Outros puntos que se reivindican son os de  garantir a información sobre as condicións laborais, rexistro da xornada diaria co fin de evitar o exceso de horas extras ou temas relacionados co desfrute das vacacións, así como un incremento salarial que mellore as condicións económicas actuais.

 

Son reivindicacións que deberían ser asumibles porque, en definitiva, o único que pretenden e conseguir determinadas garantías para o cumprimento da lexislación vixente, tan a miúdo  vulneradas pola patronal  que, en moitos casos, aproveitándose da situación de necesidade de milleiros de traballadores do sector, están a impoñerlles condicións draconianas en materia de xornada e escamoteando salarios.

 

A Patronal de Pontevedra alega impedimentos por parte da Confederación Nacional da Construción, controlada grandes polas Constructoras, que, atentas exclusivamente aos seus intereses oligopolísticos, actúan como estruturas feudais ao impoñer unhas condicións económicas e laborais abusivas das que son vítimas os traballadores que teñen que pagar as consecuencias das licitacións á baixa que se producen pola competencia existente no sector para acceder a calquera contratación.

 

Dende a Federación da Construción da CIG, central maioritaria no sector, estamos a intentar que a patronal de Pontevedra abandone o estrito seguidismo co que acatan as consignas da gran patronal e asuman a responsabilidade que lles corresponde ante os seus  traballadores e interlocutores sociais.

 

De non variar a posición empresarial, veríamos na obriga de iniciar mobilizacións no ámbito do Convenio Provincial, para desbloquear o actual estado de cousas.

 

Vigo 21 de Outubro de 2016