REY VARELA DESTACA O TRABALLO DE ASPABER NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL A TRAVÉS DA INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL

O conselleiro de Política Social en funcións visitou hoxe as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños

 

  • A entidade conta con centros ocupacional, de día, residencial e cun centro especial de emprego que atenden en total a case 170 persoas

 

Carballo (A Coruña), 24 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro de día e o centro ocupacional da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER), sito na localidade de Carballo. Esta visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o “importante traballo que leva a cabo ASPABER dende hai 40 anos, encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias e intentando dar resposta ás necesidades de integración social”.

 

ASPABER conta cun centro ocupacional que ofrece atención a 78 usuarios e no que se facilita o desenvolvemento das capacidades residuais en áreas formativo-laborais e ocupacionais coa finalidade de conseguir un axuste persoal, social e laboral que os leve á súa integración e á normalización das súas condicións de vida.  

 

Así mesmo, a entidade conta cun centro de día que facilita apoios e servizos diversos, a través de actividades funcionais e significativas de tipo formativo, terapéutico, ocupacional e lúdico do que se benefician 30 persoas con discapacidade intelectual.

 

ASPABER tamén ofrece atención residencial de luns a venres a un total de 16 persoas. Trátase dun centro de convivencia temporal ou permanente en réxime de internado para persoas con discapacidade con necesidades de apoio límite e intermitente que por razóns sociais, familiares ou ocupacionais, teñan dificultades para a súa permanencia no seu fogar.

 

Rey Varela destacou o completo traballo que desenvolve a entidade xa que ademais dos servizos mencionados, conta tamén cun centro especial de emprego. Nel xeran condicións laborais para a incorporación das persoas con discapacidade intelectual a un posto de traballo, levando a cabo cantas accións sexan adecuadas para ofrecer produtos e servizos competentes e de calidade dentro do mercado aberto nun marco de economía social. Deste xeito, os 44 traballadores adscritos a este centro, realizan tarefas de limpeza viaria, carpintería e escaiola e limpeza de edificios públicos.

 

Así mesmo, o conselleiro en funcións lembrou que a Xunta de Galicia mantén con ASPABER un concerto de 125 prazas para o que a administración autonómica inviste un millón de euros neste 2016.

 

Rey Varela destacou que o goberno autonómico –actualmente en funcións- “non é alleo á importancia que teñen estes centros no desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade”. Deste xeito, lembrou que “estamos iniciando unha lexislatura co compromiso de desenvolver un ambicioso plan de atención á discapacidade, polo tanto é fundamental coñecer as necesidades de ASPABER e das entidades do sector”, afirmou o conselleiro.

 

O titular en funcións da carteira autonómica insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e coas entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade, por elo ASPABER sempre contará neste obxectivo co apoio da Consellería de Política Social”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: