A actividade económica galega mantén a súa fortaleza no terceiro trimestre

  • ABANCA e Foro Económico presentan o Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica
  • O indicador amosa un crecemento no terceiro trimestre do 3,4%, o máis alto da serie histórica desde 2008
20161025-abanca-indicador-foro-conxuntura
O indicador serve de termómetro da actividade económica de Galicia a curto prazo.

 

ABANCA e Foro Económico de Galicia presentaron esta mañá en Santiago de Compostela o indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica cuxo obxectivo é proporcionar unha ferramenta de seguimento da evolución da conxuntura económica de Galicia. O indicador, que serve de termómetro da actividade económica de Galicia a curto prazo, amosa un crecemento do 3,4% interanual no terceiro trimestre, tras tres meses consecutivos co crecemento máis alto da serie histórica desde o ano 2008.

Das 15 variables analizadas para calcular o indicador, as que tiveron un mellor comportamento son as exportacións, cun crecemento dun +10,5%; o transporte marítimo de mercancías nos portos galegos, que se incrementou un +34%; as vivendas visadas, que creceron un ++69%; o aumento do índice de negocio do sector servizos, que rexistrou unha mellora do +5,9%, e a matriculación de vehículos, cun +17,2%.

Cun crecemento máis moderado figuran as afiliacións de traballadores á Seguridade Social, cun +2,2%, cifra que rexistra o número de persoas legalmente contratadas; as vendas do comercio polo miúdo, cun +2,4 %, e a produción de vehículos, cun +2,1%.

Por contra, as variables con peor comportamento no mesmo período agosto 2015-agosto 2016 son o índice de cifra de negocio de industria -7,3% e a caída dun 2,3% do Índice de Produción Industrial.

O responsable de Planificación e Estudos de ABANCA, Manuel Ferro, explicou a importancia que ten para a entidade o apoio a iniciativas que afondan no coñecemento da nosa realidade económica como instrumento clave na toma de decisións dos axentes económicos e empresariais. “Como entidade financeira de referencia enriquecemos esta análise porque achegamos a experiencia e a visión da actividade económica que nos dá ser o principal financiador de Galicia”. Durante o primeiro semestre ABANCA aumentou o crédito á clientela un 6,6%, constituíndo empresas e autónomos o principal destinatario do investimento crediticio, cun 76%.

Santiago Lago Peñas, director do Foro Económico de Galicia, destacou que “o crecemento da actividade económica en Galicia en xuño, xullo e agosto está indicando unha velocidade de crecemento que se achega xa á media española”.

O subdirector do Foro Económico de Galicia, Patricio Sánchez, considera que “este indicador foi froito dun intenso traballo de todos os compoñentes do Foro, ata poder sintetizar en 15 variables o comportamento de actividade económica de Galicia”.

ABANCA colaborará tamén co Foro Económico na celebración do seu Foro anual e coa elaboración das previsións de crecemento do PIB de Galicia que se iniciará este mesmo ano.

Para potenciar coñecemento e dinamizar a súa divulgación ABANCA creou hai poucos mesesIESIDE un ambicioso proxecto de investigación e formación con proxección internacional no ámbito da empresa, que vai a supoñer unha axuda ao progreso de Galicia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: