Archive | octubre 26, 2016

O PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DO PORRIÑO ACOLLEU ESTE MÉRCORES UNHA NOVA XORNADA DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

baloncesto1Este mércores, dende as 10 e media da mañá, o Pavillón Municipal do Porriño foi o escenario dunha nova xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

En total 170 xogadoras e xogadores de 17 equipos, Aspanaex, Asdan, San Rafael, San Xerome,, en competición masculina, Esclavas ‘A’, Esclavas ‘B’ e San Xerome, en competición feminina, San Rafael, Asdan, Juan XXIII e Méndez Núñez , en Adaptada Masculina, e Prioriño, Méndez Núñez, Saiar, Aceesca, Aspanaex e Aspavi, en Adaptada Mixta, xogaron un total de 17 partidos, ata preto das 2 da tarde, para decidir quen se levaba o trunfo.

Os encontros, en categoría de ‘Competición’, se xogaron en 4 tempos de 8 minutos, en campo regulamentario, e en ‘Adaptada’, 5×5, se disputaronn en 4 tempos de 6 minutos.

Á finalización da xornada o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Manuel Carrera, felicitou a todos os participantes ao que transmitiu “o meu orgullo e admiración polo voso esforzo e afán de competición”. Carrera volveu a poner á dispor das xogadoras e xogadores as instalacións deportivas e a hospitalidade do Porriño, “estades na vosa casa, porque O Porriño é iso: a vosa casa, que está e estará sempre aberta para vós”, concluiu.

Carreira Ciclista ‘Vellas Glorias’

carreira-vellas-gloriasÓSCAR PEREIRO, ÁLVARO PINO OU JESÚS BLANCO VILLAR ENTRE OS PARTICIPANTES NA CARREIRA CICLISTA ‘VELLAS GLORIAS’ O VINDEIRO SÁBADO, DÍA 29, CON CHEGADA E SAÍDA NO PORRIÑO

O vindeiro sábado, día 29, ás 5 e media da tarde, se dará a saída en O Porriño a unha nova edición da Carreira Ciclista ‘Vellas Glorias’, organizada pola Grupo Deportivo Diez,co colaboración da Concellería de Deportes que dirixe o que fora ciclista profesional, Manuel Carrera.

Na proba, a que acudirán campións coma Álvaro Pino, vencedor da Volta Ciclista a España, Jesús Blanco Villar, campión da Volta a Galicia, o gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, ou os grandísimos ciclistas Oliveira, Fabián ou Teixeira, contará coa participación de medio cento de ex profesionais integrantes dos pelotóns de todos os tempos.

A proba terá a saída e chegada diante do popular Maracaibo, seguirá pola rúa Manuel Rodriguez,  Xogo da Ola, rúa Cando, estrada xeral, a Fonte e volta á rúa Manuel Rodríguez, recuperando o percorrido tradicional.

REY VARELA ENXALZA A “VOCACIÓN ACOLLEDORA DE GALICIA” QUE OFRECE “TODOS OS RECURSOS NECESARIOS” AOS PRETO DE CORENTA REFUXIADOS CHEGADOS Á COMUNIDADE AUTÓNOMA

Durante o I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa celebrado en Lugo

  • Di que estas persoas “gozan da hospitalidade galega con todas as súas necesidades sociais cubertas” e asegura que “pronto chegarán novas familias”
  • Anuncia a recente chegada nesta mesma semana de dúas novas familias a Carballeda de Valdeorras (Ourense), onde se estableceu unha familia siria de 5 integrantes; e outra de orixe venezolana doutras 5 persoas en réxime de asilo que se asentou na Coruña
  • Salienta a importancia e a necesidade de celebrar un simposio sobre esta materia xa que “a segunda década do século XXI caracterizarase socioloxicamente pola mobilidade poboacional”
  • Cifra en 90.641 as persoas estranxeiras en Galicia “das que nos ocupamos como se foran galegos e galegas, porque tamén eles, unha vez entran a formar parte da nosa historia, contribúen a facer desta terra un lugar mellor”

Lugo, 26 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, asistiu na mañá de hoxe á inauguración do I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa organizado pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Alí, o máximo responsable da carteira social destacou a “vocación acolledora de Galicia” e apuntou que a Xunta de Galicia xa “coordina todos os recursos necesarios en materia de educación, sanidade e servizos sociais para as preto de corenta persoas refuxiadas” que chegaron a Galicia grazas á colaboración entre a Consellería de Política Social, o IGVS e a Cruz Vermella. “Case corenta persoas que gozan da hospitalidade galega con todas as súas necesidades sociais cubertas. De seguro que pronto chegarán novas familias”, engadiu. De feito esta mesma semana chegaron dúas novas familias a Carballeda de Valdeorras (Ourense), onde se estableceu unha familia siria de 5 integrantes; e outra de orixe venezolana doutras 5 persoas en réxime de asilo que se asentou na Coruña. Na actualidade 38 persoas refuxiadas e en réxime de asilo foron xa acollidas en Galicia: 11 delas en Carballeda de Valdeorras (Ourense), 11 en Sarria (Lugo), 11 en Vigo e outras 5 na Coruña.   

Na inauguración do congreso que tivo lugar na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, Rey Varela salientou a importancia e a necesidade de celebrar un simposio sobre esta materia xa que “a segunda década do século XXI caracterizarase socioloxicamente pola mobilidade poboacional”. “Debemos estar preparados para os retos que xa están aquí, se non queremos enfermar como sociedade”, sentenciou.

No que atinxe a migración, Varela falou dun total de 90.641 persoas estranxeiras en Galicia, das cales 37.215 pertencen á Unión Europea e 53.426 son extracomunitarias, o que representa un porcentaxe do 3,32% sobre o total da demografía galega. “90.641 persoas das que nos ocupamos como se foran galegos e galegas, porque tamén eles, unha vez entran a formar parte da nosa historia, contribúen a facer desta terra un lugar mellor”, indicou.

O conselleiro en funcións rematou as súas verbas cominando aos asistentes a “abrir as nosas portas a aqueles que o precisan, ofrecer a nosa seguridade social e laboral a quen carece dela porque de seguro, recibiremos a mesma axuda que demos, pero multiplicada por cen”.

A película The lady in the van comeza mañá o ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior» no Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, inicia mañá o ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior» no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) coa proxección de The lady in the van ás 19.00 h. A iniciativa conta cun total de dúas películas e é de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade. A proposta ten como principal obxectivo poñer en valor o papel activo que desenvolven os maiores na sociedade.