Archivo | octubre 27, 2016

O CONCELLEIRO MARCELINO COTO SUBLIÑA DIANTE DO CLÚSTER DO GRANITO A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO EIDO INDUSTRIAL

marcelino-cotoO concelleiro de Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto, participou este xoves na xornada técnica sobre o ‘Desenrolo e mellora da prevención de riscos e técnicas de prevención no campo da pedra natural’, organizada polo Cluster de Granito de Galicia.

Coto, lembrando a súa longa experiencia profesional, subliñou a necesidade de facer da prevención dos riscos laborais un dos “puntos centrais” da xestión dos recursos humanos das empresas, unha idea que sempre insistiu en coidar durante a súa carreira.

O concelleiro felicitou ao Clúster do Granito por facer que os obxectivos da xornada xirasen ao redor desta  idea e a súa aposta pola  promoción da cultura da prevención, o coñecemento das mellores prácticas no sector ou a promoción da prevención na xestión laboral do día a día.

Ao longo do día, ademais, os especialistas que interviron no mesmo, como Luis García Florido, da Xefatura provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou Gabriel Miguel Rubio, xerente de Recursos Humanos da Levantina, abordaron outros aspectos como as melloras técnicas no sector da maquinaria na pedra.

O alcalde de Saleda de Caselas, Marcos Besada, xunto co tenente de alcalde do Porriño concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o organizador da proba, Carlos Amil, presentaron este xoves no Concello do Porriño o ‘II Budiño RAID-Terras do Louro’, que será a última das catro probas da liga Galega de Raids de Orientación 2016. O ‘II BudiñoRAID-Terras do Louro’, que combina as disciplinas de BTT, Trekking, Kaiak, Orientación a Pé e Rappel é ademais o Campionato de Galicia da disciplina, disputarase o vindeiro sábado, día 29 por terras dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Ponteareas e Salvaterra do Miño. Este ano, abrangue, ademáis as disciplinas de BTT (bici de montaña), Trekking (Carreira e pé por montaña), Orientaición específica a Pé e Kaiak, ao longo dos 85 quilómetros, e 10 horas de duración, os raiders terán que superar unha proba especial de Rappel no Faro de Budiño, berce da escalada en Galicia. Despois dunha exitosa primeira edición no 2015, este ano a proba, ademais de ser a cuarta e última puntuable para a liga Galega de Raids de Orientación 2016, incluirá o Campionato Galego da disciplina. Nesta edición están inscritos para disputar esta dura proba deportiva de resistencia 67 equipos, algúns de eles chegados dende o norte de Portugal. O bo tempo que se agarda para o sábado, como indicou Manuel Carrera, “fará de seguro que esta impresionante carreira se convirta nun auténtico fervedoiro de amantes dos deportes de montaña que se acheguen a Porriño a gozar dun longo día polos montes da localidade”. O ‘Budiño RAID 2016’ arrincará da Praza de Antonio Palacios ás 9 da mañá para rematar, ni mesmo lugar, ás 7 da tarde. Nese tempo, os raiders terán que facer unha BTT ata o Faro de Budiño, unha sección de Orientación específica a Pé neste mesmo punto e unha BTT ata a segunda transición, situada na Praza do Concello de Salceda; continuarán con un Trekking ata o Río Tea, onde farán o sector de Kaiak, e voltarán a Salceda con un novo sector de carreira pé. Por útlimo, unha longa BTT os levará de volta ó Porriño onde terminarán con un intenso e atractivo sector de Orientación Urbana que decidirá o Campionato Galego de Raids de Aventura 2016. O novidoso sistema de cronometraxe dixital e de seguimento dos equipos en tempo real mediante GPS fará posible seguir a carreira na web www.tracktherace.com. Ademais, os afeizoados que queiran seguir a proba poden facelo entrando en: www.aforna.org www.fegado.es www.tracktherace.com o una muro de Facebook de BudiñoRaid Terras do Louro.

podaA Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou esta mesma semana os traballos de poda das árbores de titularidade municipal en todo o concello, unha labor que, dacordo coas previsións iniciais, debería de estar rematada o vindeiro mes de novembro.

O Concello ten programado realizar dúas veces ao ano as actuacións nas árbores do Porriño pero, tendo en conta o elevado número eles, máis de 3.500, dase prioridade a aqueles nos que é máis urxente a poda, tendo en conta que presenten problemas de roturas das polas, que ao medrar empezasen a afecten a fachadas e balcóns e aqueles que estean xa secos ou empezasen a torcerse.

II Budiño RAID Terras do Louro

competicionO alcalde de Saleda de Caselas, Marcos Besada, xunto co tenente de alcalde do Porriño  concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o organizador da proba, Carlos Amil, presentaron este xoves no Concello do Porriño o ‘II  Budiño RAID-Terras do Louro’, que será a última das catro probas da liga Galega de Raids de Orientación 2016.

O ‘II BudiñoRAID-Terras do Louro’, que combina as disciplinas de BTT, Trekking, Kaiak, Orientación a Pé e Rappel é ademais o Campionato de Galicia da disciplina, disputarase o vindeiro sábado, día 29 por terras dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Ponteareas e Salvaterra do Miño.

Este ano, abrangue, ademáis as disciplinas de BTT (bici de montaña), Trekking (Carreira e pé por montaña), Orientaición específica a Pé e Kaiak, ao longo dos 85 quilómetros, e 10 horas de duración, os raiders terán que superar unha proba especial de Rappel no Faro de Budiño, berce da escalada en Galicia.

Despois dunha exitosa primeira edición no 2015, este ano a proba, ademais de ser a cuarta e última puntuable para a liga Galega de Raids de Orientación 2016, incluirá o Campionato Galego da disciplina.

Nesta edición están inscritos para disputar esta dura proba deportiva de resistencia 67 equipos, algúns de eles chegados dende o norte de Portugal.

O bo tempo que se agarda para o sábado, como indicou Manuel Carrera, “fará de seguro que esta impresionante carreira se convirta nun auténtico fervedoiro de amantes dos deportes de montaña que se acheguen a Porriño a gozar dun longo día polos montes da localidade”.

O ‘Budiño RAID 2016’ arrincará da Praza de Antonio Palacios ás 9 da mañá para rematar, ni mesmo lugar, ás 7 da tarde. Nese tempo, os raiders terán que facer unha BTT ata o Faro de Budiño, unha sección de Orientación específica a Pé neste mesmo punto e unha BTT ata a segunda transición, situada na Praza do Concello de Salceda; continuarán con un Trekking ata o Río Tea, onde farán o sector de Kaiak, e voltarán a Salceda con un novo sector de carreira pé.

Por útlimo, unha longa BTT os levará de volta ó Porriño onde terminarán con un intenso e atractivo sector de Orientación Urbana que decidirá o Campionato  Galego de Raids de Aventura 2016.

O novidoso sistema de cronometraxe dixital e de seguimento dos equipos en tempo real mediante GPS fará posible seguir a carreira na web http://www.tracktherace.com. Ademais, os afeizoados que queiran seguir a proba poden facelo entrando en: http://www.aforna.org    www.fegado.es   www.tracktherace.com o una muro de Facebook de BudiñoRaid Terras do Louro.   

SANTIAGO ÁLVAREZ DE MON, EXPERTO DEL IESE EN LIDERAZGO, PARTICIPA EN VIGO EN EL FORO DE ECONOMÍA EMPRESA ALUMNI IESE-UNIVERSIDAD DE NAVARRA

Santiago Álvarez de Mon ofrecerá la ponencia “La agenda del directivo” en un almuerzo-coloquio que tendrá lugar el próximo miércoles, 2 de noviembre, a las 14 horas, en el Círculo de Empresarios de Galicia.

 

Vigo, 27 de octubre de 2016.- Santiago Álvarez de Mon, profesor de Dirección de Personas en las Organizaciones del IESE Business School, participará el próximo miércoles 2 de noviembre, en un almuerzo-coloquio organizado por el Foro de Economía Empresa Alumni IESE-Universidad de Navarra. El evento, en el que ofrecerá la ponencia “La agenda del directivo”, tendrá lugar en el Círculo de Empresarios de Galicia, entidad colaboradora de la iniciativa, a partir de las 14:00 horas.

Santiago Álvarez de Mon es uno de los más reconocidos expertos en España en liderazgo, coaching, gestión de equipo y carrera profesional. Licenciado en Derecho por el CEU-Universidad Complutense de Madrid, Máster en Economía y Dirección de Empresas por el IESE y Doctor en Sociología y Ciencias Políticas por la Universidad Pontificia de Salamanca; es, además, autor de varios libros sobre coaching y consultor de empresas en alta dirección.

La participación en este almuerzo-coloquio está abierta al empresariado gallego y tiene un coste de 30 euros para el público en general, y de 25 euros para miembros alumni del IESE y de la Universidad de Navarra. La inscripción se puede realizar a través de la página web del Círculo de Empresarios de Galicia (www.circulo.gal) o del teléfono 986 91 78 92.

Foro de Economía Empresa Alumni IESE-Universidad de Navarra

El Foro de Economía Empresa Alumni IESE-Universidad de Navarra es una entidad formada por antiguos alumnos de los programas de formación del IESE en Galicia y de graduados del área de Economía y Empresa de la Universidad de Navarra. Su objetivo es promover actuaciones conjuntas que tengan como fin establecer sinergias profesionales y crear un lobby empresarial.

Urxencias do Cunqueiro sofre novos recortes de persoal

CIG-Saúde alerta de que a chegada do inverno agravará a situación de sobrecarga no servizo
A falta de cobertura de prazas estruturais e a desorde organizativa no SERGAS incide de forma particularmente lesiva en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, segundo denuncia a CIG-Saúde. Desta volta, a transferencia dunha auxiliar de enfermaría (TCAE) desde observación a boxes agrava a sobrecarga dun servizo con ratios de doentes que mesmo duplican, no caso das auxiliares, os recomendados.
Urxencias Vigo Álvaro Cunqueiro

O caos organizativo provocado pola dirección do SERGAS, que tenta cubrir constantemente “con parches” as insuficiencias de persoal, está a repercutir nunha notábel diminución na calidade asistencial, incrementando a saturación de servizos tan esenciais como os de Urxencias.

É o que vén de suceder no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde a transferencia dunha auxiliar de enfermaría TCAE desde a área de observación á de boxes agrava unha situación xa de por si complicada. O persoal denuncia que, de feito, os ratios de auxiliares por doente son moi superiores aos recomendados pola Sociedade Española de Enfermaría de Urxencias, que indica que debe existir unha relación de seis a un, mentres que no servizo diurno chegan a dez, e no nocturno mesmo a quince.

Segundo explican desde a CIG-Saúde, existe un “círculo vicioso” no que, para evitaren novas contratacións, se recorre a recortar en determinadas campos para paliar outros. Na área de observación de Urxencias xa non se dá cuberto o inxente traballo co persoal que hai, e restándolle unha auxiliar “diminúen a calidade asistencial”, agravando a situación no departamento.

Asemade, os prolongados tempos de espera para ingresos, consecuencia dos recortes, precisarían de maior continuidade nos coidados, e por tanto de máis persoal TCAE, que é precisamente onde o SERGAS diminúe efectivos. En todo o proceso xérase, por se fora pouco, unha situación de estrés no persoal ao non dar cuberto todas as tarefas.

A dirección desenténdese

A Xerencia do Álvaro Cunqueiro, en resposta á demanda formulada pola CIG-Saúde, “non aclarou nada” en relación ás necesidades concretas da categoría de auxiliar de enfermaría en Urxencias.

Unha sobrecarga que coa chegada da estación invernal, do ciclo de gripes e da descompensación de crónicos acentuará os problemas dun servizo para o que se demanda un incremento en efectivos, e non o desmantelamento ao se ve abocado en base ás decisións do SERGAS.

Neste sentido, o persoal auxiliar iniciará estes días unha campaña de denuncia e información aos doentes, acompañada dunha recollida de sinaturas que procura a rectificación do organismo público.

ABANCA obtén ata setembro un beneficio neto de 267 millóns de euros, cunha rendibilidade do 9,8%

  • A marxe comercial recorrente avanza un 12% pese á contorna de baixos tipos de xuro
  • O novo financiamento a pemes e autónomos crece un 22% e acada os 6.000 millóns
  • A morosidade descende por debaixo do 7% tras unha redución do 26% dos saldos dubidosos. O peso destes activos representa tan só o 1% do balance
  • ABANCA mantense entre as entidades máis rendibles do sector
20161027-resultados-3t2016-gl
ABANCA obtivo nos primeiros nove meses de 2016 un beneficio neto de 267 millóns de euros, un 0,4% más que no terceiro trimestre do pasado exercicio, A súa rendibilidade (ROTE) situouse no 9,8%, o que a mantén entre as entidades financeiras españolas máis rendibles.

A clave do crecemento do resultado está na actividade con clientes. A marxe comercial recorrente aumentou un 12%, sustentada no impulso do novo financiamento e a maior rendibilidade das formalizacións, ademais da comercialización de produtos e servizos de valor engadido.

A entidade enfocouse con decisión no segmento de pemes e autónomos, aos que concedeu 6.000 millóns do novo financiamento no período, un 22% máis que no mesmo periodo do ano anterior

Ao mesmo tempo, aplicou medidas de austeridade e control do gasto que lle permitiron reducir un 3% os seus gastos de explotación.

Outra das claves do período foi a mellora da calidade do risco, cunha redución significativa da morosidade, que se sitúa por debaixo do 7% cando a media do sector está no 9,5%.

ABANCA afiánzase entre as entidades máis capitalizadas do sector financeiro, cun ratio de capital CET1 do 14,4%. Esta vantaxe competitiva vese reforzada cunha folgada posición de liquidez e unha estrutura de financiamento baseada en depósitos.

Crecemento rendible do negocio

A marxe comercial recorrente avanzou un 12% interanual a pesares da complexa contorna de baixos tipos de xuro. As novas formalizacións de crédito melloran en 41 puntos básicos a rendibilidade da carteira.

En paralelo, o impulso ao negocio de fóra de balance propiciou que os ingresos por servizos se incrementaran un 6,4%. Outros epígrafes destacados foron os avais e os medios de pago.

Deste xeito, a entidade diversifica os seus ingresos e fortalécese fronte á contorna de baixos tipos de xuro. Os ingresos por servizos representan xa o 26,9% da marxe básica da entidade, 250 puntos básicos máis que en setembro de 2015.

O beneficio viuse apoiado pola mellora da eficiencia, motivada por un incremento dos niveis de produtividade e unha política de austeridade e control do gasto. O volume de negocio por empregado crece un 6,5% nun ano, mentres que os gastos de explotación se reducen un 3,1%, fronte a un incremento do 3,8 no sector a xuño de 2016.

En base a estas cifras, o beneficio neto acada os 267 millóns de euros, o que sitúa a rendibilidade (ROTE) no 9,8%.

Incremento da actividade con clientes

O crédito á clientela, actividade prioritaria para a entidade, crece un 5,2% en termos interanuais, e suma 25.562 millóns de euros. A produción de novo crédito está sendo suficiente para compensar as amortizacións, ao contrario que ocorre no sector onde o crédito caía en xuño un 1,2%.

Os principais destinatarios do novo financiamento foron as pemes e autónomos, O banco concedeu a estes segmentos crédito por importe de 6.000 millóns de euros, un 22% máis que no mesmo período do exercicio anterior.

A entidade está conseguindo incrementar a súa penetración grazas á proximidade ao cliente, á axilidade na resposta e ao desenvolvemento da súa oferta dixital, cunha banca electrónica de empresas que se sitúa entre as máis valoradas do sector.

O bo comportamento dos principais epígrafes do negocio tradicional permitiu a ABANCA lograr novos incrementos na súa cota de mercado. En Galicia, primeiro mercado da entidade financeira, xestiona o 41% dos depósitos e o 31% do crédito.

Dinamismo na comercialización de produtos de valor

Os recursos xestionados fóra de balance, con alto valor engadido para os clientes nesta contorna de tipos, mantiveron un bo ritmo de vendas. Os fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro rexistran un crecemento interanual do 9,4%, ata acadar os 4.441 millóns de euros.

Cabe destacar o incremento rexistrado no que vai de ano na subscrición de fondos de investimentos non monetarios, que practicamente se triplicou ata situarse en 99 millóns de euros.

Polo que respecta aos seguros, as vendas rexistraron un incremento interanual do 34,8% en primas. O negocio asegurador de ABANCA acada un ROE do 10,5%.

Mellora da calidade del risco

A prudencia nas políticas de risco e o esforzo na recuperación teñen o seu reflexo na continua mellora da calidade da carteira de investimento, cun impacto positivo no custo do crédito.

O saldo dubidoso descende un 26% no ano e a taxa de morosidade sitúase no 6,97%, fronte a unha media do sector español do 9,5%. Os saldos dubidosos acumulan 11 trimestres consecutivos de reducción desde decembro de 2013.

A entidade mantén unha cobertura do crédito dubidoso do 59,5%, un dos niveis máis elevados do mercado. A media do sector a xuño de 2016 era do 54,4%.

Pola súa banda, a cobertura de activos adxudicados elévase ao 55,6%. O peso destes activos representa tan só 1% do balance.

Entre as entidades máis solventes e líquidas

ABANCA mantense entre as entidades con maiores ratios de solvencia do sector en España, cun ratio de capital CET1 Phase In do 14,4%. O exceso de capital sobre o requisito esixido acada os 1.186 millóns de euros.

A liquidez é outra das fortalezas competitivas de ABANCA. O banco dispón de máis de 11.400 millóns de euros entre activos líquidos e capacidade de emisión, e cumpre amplamente os requisitos de liquidez a curto e longo prazo establecidos polo BCE para 2018.

Ademais, ABANCA mantén unha sa estructura de financiamento, que asegura a súa sustentabilidade futura. En detrimento doutras fontes de financiamento, a entidade financia a concesión de crédito mediante a captación de depósitos.

S&P respalda o crecemento rendible e sustentable de ABANCA

A axencia de cualificación Standard and Poor´s recoñeceu esta semana a boa evolución da entidade cunha mellora da súa perspectiva de rating, que pasa de estable a positiva. A axencia destaca como claves para elevar a súa cualificación o fortalecemento do negocio do banco, o crecemento en crédito a pemes e financiamento ao consumo e a melloría da calidade dos seus activos. A axencia tamén valora positivamente o grao de cumprimento do plan estratéxico 2015-2017.

O resto de axencias que califican a ABANCA, afirmaron durante 2016 o rating a longo prazo de ABANCA en BBB (low) no caso de DBRS y BB+ no de Fitch destacando ambas a posición de capital que mantén a entidade e o descenso nos volumes de activos problemáticos que está logrando mantendo elevados niveis de cobertura.

MÁIS DE 30 ESTUDANTES PARTICIPAN NA SEGUNDA EDICIÓN DO FORUM CICERÓN NO QUE DESENVOLVERÁN AS SÚAS HABILIDADES SOCIAIS E PROFESIONAIS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu á inauguración do encontro no albergue xuvenil de Gandarío (A Coruña)20162710_-cecilia-vazquez_gandario_-8

  • Grazas a este programa de formación e inserción laboral, os participantes mellorarán as súas competencias no liderado, comunicación, estratexia e resolución de conflitos ao tempo que toman contacto con diversas empresas
  • Responsables de recursos humanos de Aceites Abril, Ingenyus, Cenor, Gradiant, Viaqua, Repsol, Qubiotech, Frisaques, Mobalco, AEGA e o Estudantes Club Deportivo de Lugo , buscarán entre os e as participantes a futuros profesionais
  • Cecilia Vázquez afirmou que “a iniciativa pon en contacto á mocidade coa realidade empresarial actual, ao tempo que é unha aposta pola  participación dos rapaces e rapazas en programas de educación non formal que amplíen o seu  currículo académico”

Bergondo (A Coruña), 27 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na inauguración da segunda edición do Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral no que 32 mozos e mozas estudantes desenvolverán as súas habilidades sociais e profesionais aos efectos da mellora da súa empregabilidade e futuro éxito profesional.

O Forum Cicerón desenvolverase hoxe e mañá nas instalacións do albergue xuvenil de Gandarío e na Cidade da Cultura. Alí, os participantes intervirán nunha serie de obradoiros e actividades que desembocarán nunha competición entre equipos sobre a arte do debate e na que porán de manifesto as competencias e habilidades directivas e sociais desenvoltas.

Os rapaces e rapazas que tomar parte nesta iniciativa foron seleccionados en base ao seu currículo e unha entrevista persoal. Todos eles están a cursar o último ano dun grao no sistema universitario galego ou ben obtiveron o seu título con posterioridade ao curso académico 2013/2014 (neste último caso, deben ter menos dun ano de experiencia profesional, excluíndo os períodos de prácticas ou becas).

Grazas ao Forum Cicerón, os mozos e mozas participarán en actividades centradas na adquisición de habilidades e competencias individuais como o liderado, a comunicación, a estratexia, a orientación a resultados, a capacidade de análise, a xestión do tempo ou a resolución de conflitos. Así mesmo, traballarán as competencias grupais, tales como o traballo en equipo, o deseño de estratexias ou asunción de roles.

Todas estas actividades serán desenvoltas baixo o seguemento por parte de responsables de recursos humanos de varias empresas, que buscarán entre os participantes a futuros profesionais.  As empresas que están a participar no Fórum Cicerón son: Aceites Abril, Ingenyus, Cenor, Gradiant, Viaqua, Repsol, Qubiotech, Frisaques, Mobalco, AEGA e o Estudantes Club Deprtivo de Lugo.

Cecilia Vázquez sinalou que “o Fórum Cicerón é un punto de encontro entre os mozos universitarios – futuros profesionais- e o tecido empresarial galego”. “Un espazo de coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, de fomento das relacións profesionais. Trátase dun espazo aberto cara á empregabilidade dos mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades”, engadiu a titular autonómica.

Así, esta iniciativa convértese nunha mostra das demandas das empresas no momento de selección dos seus profesionais e futuros directivos e promove a participación e a colaboración entre os mozos e mozas e os directivos.

Neste sentido, a directora xeral manifestou que “esta iniciativa pon en contacto á mocidade coa realidade empresarial actual, ao tempo que é unha aposta pola  participación dos mozos e mozas en programas de educación non formal que amplíen o seu  currículo académico”.

O Fórum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.

ABANCA e o C.R.D.O. Ribeiro firman un convenio para axudar a adegas e viticultores

  • A entidade financeira e a denominación de orixe presentan unhas liñas de axuda para responder ás necesidades de financiamento do sector
  • De maneira pioneira, créase unha modalidade de crédito deseñada para a adquisición de novas plantacións e ampliación de viñedos, que busca incentivar o relevo xeracional
20161027-abanca-convenio-crdo-ribeiro
O director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra (primeiro pola esquerda), xunto ao presidente do CRDO Ribeiro, José Felicísimo Pereira (segundo pola dereita) e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro (primeiro pola dereita).

 

20161027-abanca-convenio-crdo-ribeiro-2
Á esquerda, o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, xunto ao presidente do CRDO Ribeiro, José Felicísimo Pereira.

 

27-10-2016

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro intensifican o seu traballo conxunto coa firma dun convenio esta mañá en Ribadavia. O texto renova a colaboración en materia financeira das dúas entidades e aporta unha batería de opcións para afrontar a recta final da vendima. O convenio pon o acento no crédito, pero tamén nos seguros, especialmente adaptados para adegas y viticultores.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, José Felicísimo Pereira Freijido, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, rubricaron un texto que pon en escena o compromiso da entidade financeira nun sector estratéxico da economía produtiva de Ourense e que se constituí como un compoñente básico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

O crédito convertese no protagonista

Entre as respostas que ofrece a este colectivo, atópase unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

Nesta mesma liña, ABANCA e C.R.D.O. Ribeiro presentan de maneira pioneira un produto de financiamento destinado á adquisición de novas plantacións ou ás ampliacións de terreos de viñedo. O obxectivo que se persegue é a incorporación de novos produtores á actividade vitivinícola e contrarrestar a falta de relevo xeracional ou a elevada idade media dos viticultores.

Unha das novidades que se encontraron os profesionais na campaña deste ano foi a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito completase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Ademais do crédito, os seguros tamén se converten nos protagonistas deste novo convenio. A través de ABANCA Seguros os integrantes da denominación de orixe más antiga de Galicia poderán cubrir as súas necesidades con liñas de produtos específicos lanzados para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo) e adegas (seguro pemes adegas).

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, ABANCA Agro. Una oferta que axunta unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense. Está conformada por 107 adegas dos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Os viños desta D.O. ocupan un total de 2.646 hectáreas de territorio nas que traballan 5.500 viticultores. En 2015, a produción da colleita na D.O. Ribeiro superou os 14,3 millóns de quilos de uva.

NOTA DE PRENSA AIMEN destaca la fabricación aditiva y la robótica colaborativa como principales tecnologías para avanzar hacia la Industria 4.0

En la sesión, organizada por la Axencia Galega de Innovación – GAIN, se dieron a conocer tecnologías clave para la fábrica de futuro por parte de entidades y plataformas tecnológicas como MANU-KET, ADDIMAT, AFM, FOTÓNICA 21 o el Clúster EUREKA SMART de Fabricación Avanzada.

▪     AIMEN explicó distintos desarrollos que está realizando en robótica colaborativa y flexible, que buscan proveer a la industria de sistemas multiprocesos, adaptables a nuevas necesidades de producción y cuyo manejo sea predictivo para el operador.

foto_jornada

Pie de foto (de izqda. a dcha.): Representantes de AIMEN Centro Tecnológico, AFM/ADDIMAT, PSA Peugeot-Citroën y Selmark durante la celebración de la mesa redonda.

Concentración contra LOMCE da PGDEP – Vigo

2016-10-20-vigo-ninrevalidasninlomce-09A concentración convocada esta tarde en Vigo diante do Marco pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Foanpas Vigo contra a LOMCE e as reválidas logrou reunir centos de persoas nunha demostración firme de rexeitamento a unha lei “privatizadora e elitizadora”. A protesta, na que se dramatizou o “funeral” do ensino público, abandonou por uns instantes as escaleiras do museo para dar lugar a unha manifestación pola rúa Príncipe que non se puido alongar por requerimento da policía española. 
 
Entre as e os asistentes había unha alta porcentaxe de alumnos/as de primaria, alén da presenza da CIG-Ensino e máis de Erguer. Estudantes da Galiza, entidades da plataforma. Tamén unha faixa do CEIP Mosteiro-Bembrive portada por crianzas, así como diversos elementos alusivos á “morte” da educación pública, como libros de texto rodeados de candeas ou un cadaleito. No percurso da mobilización deuse leitura ao manifesto da plataforma, ademais de cantarse colectivamente as ben coñecidas “coplas contra a LOMCE”. Esta protesta coincidiu coas convocadas pola mesma plataforma noutros puntos de Galiza, onde tamén resultaron un completo suceso.