Concentración contra LOMCE da PGDEP – Vigo

2016-10-20-vigo-ninrevalidasninlomce-09A concentración convocada esta tarde en Vigo diante do Marco pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Foanpas Vigo contra a LOMCE e as reválidas logrou reunir centos de persoas nunha demostración firme de rexeitamento a unha lei “privatizadora e elitizadora”. A protesta, na que se dramatizou o “funeral” do ensino público, abandonou por uns instantes as escaleiras do museo para dar lugar a unha manifestación pola rúa Príncipe que non se puido alongar por requerimento da policía española. 
 
Entre as e os asistentes había unha alta porcentaxe de alumnos/as de primaria, alén da presenza da CIG-Ensino e máis de Erguer. Estudantes da Galiza, entidades da plataforma. Tamén unha faixa do CEIP Mosteiro-Bembrive portada por crianzas, así como diversos elementos alusivos á “morte” da educación pública, como libros de texto rodeados de candeas ou un cadaleito. No percurso da mobilización deuse leitura ao manifesto da plataforma, ademais de cantarse colectivamente as ben coñecidas “coplas contra a LOMCE”. Esta protesta coincidiu coas convocadas pola mesma plataforma noutros puntos de Galiza, onde tamén resultaron un completo suceso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: