O alcalde de Saleda de Caselas, Marcos Besada, xunto co tenente de alcalde do Porriño concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o organizador da proba, Carlos Amil, presentaron este xoves no Concello do Porriño o ‘II Budiño RAID-Terras do Louro’, que será a última das catro probas da liga Galega de Raids de Orientación 2016. O ‘II BudiñoRAID-Terras do Louro’, que combina as disciplinas de BTT, Trekking, Kaiak, Orientación a Pé e Rappel é ademais o Campionato de Galicia da disciplina, disputarase o vindeiro sábado, día 29 por terras dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Ponteareas e Salvaterra do Miño. Este ano, abrangue, ademáis as disciplinas de BTT (bici de montaña), Trekking (Carreira e pé por montaña), Orientaición específica a Pé e Kaiak, ao longo dos 85 quilómetros, e 10 horas de duración, os raiders terán que superar unha proba especial de Rappel no Faro de Budiño, berce da escalada en Galicia. Despois dunha exitosa primeira edición no 2015, este ano a proba, ademais de ser a cuarta e última puntuable para a liga Galega de Raids de Orientación 2016, incluirá o Campionato Galego da disciplina. Nesta edición están inscritos para disputar esta dura proba deportiva de resistencia 67 equipos, algúns de eles chegados dende o norte de Portugal. O bo tempo que se agarda para o sábado, como indicou Manuel Carrera, “fará de seguro que esta impresionante carreira se convirta nun auténtico fervedoiro de amantes dos deportes de montaña que se acheguen a Porriño a gozar dun longo día polos montes da localidade”. O ‘Budiño RAID 2016’ arrincará da Praza de Antonio Palacios ás 9 da mañá para rematar, ni mesmo lugar, ás 7 da tarde. Nese tempo, os raiders terán que facer unha BTT ata o Faro de Budiño, unha sección de Orientación específica a Pé neste mesmo punto e unha BTT ata a segunda transición, situada na Praza do Concello de Salceda; continuarán con un Trekking ata o Río Tea, onde farán o sector de Kaiak, e voltarán a Salceda con un novo sector de carreira pé. Por útlimo, unha longa BTT os levará de volta ó Porriño onde terminarán con un intenso e atractivo sector de Orientación Urbana que decidirá o Campionato Galego de Raids de Aventura 2016. O novidoso sistema de cronometraxe dixital e de seguimento dos equipos en tempo real mediante GPS fará posible seguir a carreira na web www.tracktherace.com. Ademais, os afeizoados que queiran seguir a proba poden facelo entrando en: www.aforna.org www.fegado.es www.tracktherace.com o una muro de Facebook de BudiñoRaid Terras do Louro.

podaA Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou esta mesma semana os traballos de poda das árbores de titularidade municipal en todo o concello, unha labor que, dacordo coas previsións iniciais, debería de estar rematada o vindeiro mes de novembro.

O Concello ten programado realizar dúas veces ao ano as actuacións nas árbores do Porriño pero, tendo en conta o elevado número eles, máis de 3.500, dase prioridade a aqueles nos que é máis urxente a poda, tendo en conta que presenten problemas de roturas das polas, que ao medrar empezasen a afecten a fachadas e balcóns e aqueles que estean xa secos ou empezasen a torcerse.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: