O CONCELLEIRO MARCELINO COTO SUBLIÑA DIANTE DO CLÚSTER DO GRANITO A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO EIDO INDUSTRIAL

marcelino-cotoO concelleiro de Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto, participou este xoves na xornada técnica sobre o ‘Desenrolo e mellora da prevención de riscos e técnicas de prevención no campo da pedra natural’, organizada polo Cluster de Granito de Galicia.

Coto, lembrando a súa longa experiencia profesional, subliñou a necesidade de facer da prevención dos riscos laborais un dos “puntos centrais” da xestión dos recursos humanos das empresas, unha idea que sempre insistiu en coidar durante a súa carreira.

O concelleiro felicitou ao Clúster do Granito por facer que os obxectivos da xornada xirasen ao redor desta  idea e a súa aposta pola  promoción da cultura da prevención, o coñecemento das mellores prácticas no sector ou a promoción da prevención na xestión laboral do día a día.

Ao longo do día, ademais, os especialistas que interviron no mesmo, como Luis García Florido, da Xefatura provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou Gabriel Miguel Rubio, xerente de Recursos Humanos da Levantina, abordaron outros aspectos como as melloras técnicas no sector da maquinaria na pedra.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: