Archivo | octubre 29, 2016

La secretaria general de Industria apuesta por la transformación digital de la industria española

* Begoña Cristeto ha expuesto las novedades y el nivel de desarrollo de la iniciativa Industria Conectada 4.0, presentada por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo en octubre de 2015.

* Este proyecto pretende desarrollar palancas competitivas diferenciales y la creación de las condiciones adecuadas para favorecer la competitividad de las empresas españolas e impulsar sus exportaciones, construyendo de esta forma el modelo español para la industria del futuro,

28.10.16. La secretaria general de Industria y de la Pyme, Begoña Cristeto, ha asistido hoy a la jornada Industria 4.0: hacia el camino de la 4ª revolución industrial, celebrada en el marco del Salón Internacional de Soluciones para la Industria Eléctrica y Electrónica, Matelec, que organiza Ifema en Madrid.

Cristeto ha hecho hincapié en la necesidad de que la industria española lleve a cabo una transformación digital, ya que hablamos de un sector que tiene un efecto multiplicador que se extiende a ámbitos como la investigación o el desarrollo de servicios basados en la tecnología y es, por tanto, garantía de crecimiento, empleo de calidad, competitividad y prosperidad.

La secretaria ha centrado su intervención en explicar cómo se está desarrollando la iniciativa Industria Conectada 4.0, un proyecto público-privado que nació con fin de impulsar la transformación digital de la industria española. Presentado el pasado año, la iniciativa tiene un triple objetivo: incrementar el valor añadido industrial y el empleo cualificado en el sector;

favorecer el modelo español para la industria del futuro y desarrollar la oferta local de soluciones digitales; y desarrollar palancas competitivas diferenciales para favorecer la industria española e impulsar sus exportaciones.

Digitalización industrial

Desde finales del siglo XX vivimos a la cuarta revolución industrial, con un aumento exponencial de la digitalización en todas las unidades productivas de la economía. Los objetos físicos están siendo integrados a las redes de la información. Internet se sitúa en el centro del sistema, combinando la producción de sistemas y procesos con máquinas cada vez más inteligentes, para formar así un sistema gigantesco de información. La introducción de las tecnologías digitales en la industria es imparable creando así la industria inteligente.

Los mercados son cada vez más globalizados, exigentes y competitivos y la industria tiene que adaptarse y acometer procesos de digitalización para mantener posiciones competitivas. La multiplicación de la conectividad, la aparición de nuevas tecnologías como la computación en la nube, el internet de las cosas, el big data o la sensorización, permiten que la industria pueda abordar este reto, y alcanzar de este modo la cuarta revolución industrial.

En la actualidad la industria europea y española tienen que acometer un proceso de transformación digital con el objetivo de satisfacer las demandas de una sociedad altamente tecnológica, cada vez más exigente. Para conseguir ese objetivo, la industria tiene que hacer las cosas de otra forma, haciendo frente a retos como el diseño colaborativo, la flexibilidad y la eficiencia en la fabricación, la reducción de series y tiempos de producción, la creación de modelos logísticos inteligentes, la transformación de canales, la predicción de las necesidades del cliente, la hiperconectividad, la trazabilidad multidimensional, la especialización, la creación de ecosistemas industriales de valor, la sostenibilidad o la personalización del producto.

Para ello es preciso introducir y fomentar el uso intensivo de las tecnologías en las empresas. Tecnologías como, la computación en la nube, el big data, la impresión 3D, la robótica colaborativa, la realidad aumentada, los sistemas ciberfísicos o el internet de las cosas.

Industria Conectada 4.0

Para facilitar el proceso de transformación digital de la industria española, en julio de 2015 la Secretaría General de Industria y de la PYME puso en marcha, en el marco de la Agenda para el Fortalecimiento, la iniciativa Industria Conectada 4.0, que pretende desarrollar palancas competitivas

diferenciales y la creación de las condiciones adecuadas para favorecer la competitividad de las empresas españolas e impulsar sus exportaciones, construyendo de esta forma el modelo español para la industria del futuro.

En octubre del pasado año 2015 el Ministerio de Industria, Energía y Turismo presentó las recomendaciones y las medidas diseñadas, que se concentran en cuatro grandes líneas de actuación centradas en potenciar tanto la demanda como la oferta de habilitadores digitales que hagan posible la Industria 4.0 española:

1.Garantizar el conocimiento del concepto Industria 4.0 y de sus tecnologías asociadas así como el desarrollo de competencias de Industria 4.0 en España.

2.Fomentar la colaboración entre empresas de diversos sectores industriales, empresas tecnológicas, centros de investigación y otras entidades con el fin de promover el desarrollo de soluciones 4.0 adaptadas a las necesidades de la industria.

3.Impulsar el desarrollo de una oferta española de habilitadores digitales.

4.Promover las actuaciones adecuadas para la puesta en marcha de la Industria 4.0 en la industria española.

Estas líneas de actuación se desagregan a su vez en una serie de áreas estratégicas que deberían ser el centro del desarrollo de la transformación digital de la industria española.

En su exposición de hoy, la secretaria general ha comentado los distintos programas que se han puesto en marcha dentro de la estrategia y en general ha explicado el grado de avance de la misma, que puede considerarse como positivo al haber abordado varios de los objetivos que se presentaron hace más de un año

Cristeto ha insistido en que la digitalización no es una opción, sino que es una necesidad imperiosa para todas las empresas españolas, grandes o pymes.

Celebración do 50 aniversario do IES Pino Manso

pino-manso4A alcaldesa, Eva García de la Torre, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, e os concelleiros Marcelino Coto, Lourdes Moure e Orlando Vázquez, acudiron este venres aos actos centrais da celebración do 50 aniversario do Instituto de Ensino Secundario (IES) Pino Manso.

Coa presencia da maioría dos preto de 500 alumnos e 50 profesores do centro, ademais de descubrirse un monolito no que se fai referencia a este medio século de vida do mesmo, o seu director, en nome de todo o claustro, lembrou a “todos aqueles que hoxe non están entre nós e que deixaron a súa pegada neste instituto”.

Juan Aguilar amosou o seu orgullo por estar á fronte “dun equipo coma o que formamos”, e que, salientou, abrangue ás alumnas e alumnos, aos profesores,  e ao persoal non docente, que fan posible non so que o Pino Manso sexa unha referencia para moitos das veciñas e veciños do concello, senón que forme parte da propia historia do Porriño.

Pola súa banda, a alcaldesa, logo de agradecer a invitación para acudir á celebración deste cumpreanos “tan especial porque aquí estou vendo ao futuro da nosa sociedade, non so do Porriño”.

Eva García de la Torre sinalou a importancia de que Porriño conte cun centro que teña formado “a cabeza, os valores, o sentimento e a forma de ser de todas as persoas que pasaron polo Pino Manso en estes cincuenta anos”. Estou segura, concluíu a rexedora, de que “levaredes con vós todo o aprendido e todo o vivido aquí” e asegurou que “institucións como este instituto son esenciais para “democratizar á sociedade e axudan a crear homes e mulleres libres”.

Xuntanza alcaldesa e tenente de alcalde coa conselleira de Infraestructuras e Vivenda

reunion-conselleiraA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel, Carrera, mantiveron este venres en Vigo unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, para tratar da cesión por parte da Administración galega ao Concello do Porriño das rúas Bos Aires e Progreso.

Á finalización da reunión, a alcaldesa sinalou que atopou boa disposición por parte da conselleira para que estas dúas rúas, que están “no mesmo casco urbano da vila” pasen a ser de titularidade municipal. De feito, engadiu Eva García de la Torre, a Consellería xa ten o proxecto que elaborou o Concello para as dúas rúas e, en base ao mesmo, haberá, axiña, unha nova xuntanza de trabalo na que se analizará o mesmo polo miúdo.

As dúas partes están de acordo en que a cesión das rúas se faga ou ben coa correspondente dotación orzamentaria para acometer as melloras que precisan: novo alumeado, substitución do saneamento, canalización de auga,  beirarrúas e cambio do firme, ou ben con todas estas obras xa rematadas.

Neste eido, o tenente de alcalde lembrou que na actualidade, o Consorcio de Augas do Louro está a realizar en Bos Aires e Progreso distintas reformas que eran inaprazábeis a causa do estado das tubaxes que sofren constantes roturas.

UN TOTAL DE 500 MOZOS E MOZAS PARTICIPARON NO PROGRAMA ÁGORA XOVE DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, acudiu á celebración do último foro que se celebrou en Betanzos

  • A iniciativa creou espazos que facilitaron a participación da mocidade galega na vida social, económica e cultural da comunidade autónoma
  • O Ágora Xove celebrado hoxe centrouse no voluntariado, polo que os asistentes puideron participar no intercambio de experiencias e boas prácticas con entidades de acción voluntaria
  • O programa Ágora Xove púxose en marcha este ano por primeira vez e os seus foros chegaron ás localidades de Vilalba, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Vigo, Ourense, A Estrada e Betanzos

Betanzos (A Coruña), 28 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou hoxe en Betanzos o programa Ágora Xove, unha iniciativa da Consellería de Política Social coa que se crean espazos que facilitan a participación da mocidade galega na vida social, económica e cultural. En total, celebráronse sete foros en diferentes localidades nos que participaron un total de 500 rapaces e rapazas e 100 relatores.

A temática e o programa de actividades de cada un dos foros foi deseñado en función do ámbito territorial no que se desenvolveu. Deste xeito, o ÁgoraXove de Betanzos celebrado hoxe contou cunha temática baseada no voluntariado.  

Ágora Xove-Voluntariado constituiuse como un espazo de encontro entre os mozos e mozas da comarca de Betanzos e as entidades de acción voluntaria que traballan no seu ámbito territorial máis próximo. Ao mesmo tempo facilitou o intercambio de experiencias e boas prácticas entre as propias entidades de acción voluntaria e posibilitou novas liñas de colaboración entre elas.

O encontro deu comezo coa celebración dunha mesa redonda sobre voluntariado e educación non formal que contou cos relatorios de Ana Vázquez, membro do Grupo de Investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela, e Mercedes Casanova, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña.

O Ágora Xove de Betanzos tamén contou cunha biblioteca humana, un novo formato grazas ao cal os participantes poderán ter contacto directo coas persoas que traballan en distintos ámbitos da acción voluntaria; e cun focus group que abordou os retos e desafíos no eido.

Cecilia Vázquez, destacou que “con iniciativas como esta, pretendemos establecer espazos de encontro, de coñecemento, de información e tamén de formación en habilidades, co obxectivo de fomentar a participación da mocidade”. Así mesmo, definiu os Ágora Xove como “espazos abertos para a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas novidosas”.

O programa Ágora Xove púxose en marcha este ano por primeira vez e os seus foros chegaron ás localidades de Vilalba, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Vigo, Ourense, A Estrada e Betanzos.

O AVANCE DAS OBRAS DA AUTOVÍA DO MORRAZO OBRIGA A PECHAR O TRÁFICO NUN TREITO DO CORREDOR PARA BLINDAR A SEGURIDADE DOS USUARIOS E OPERARIOS

161028-ethelmorrazo-1O corte levarase a cabo entre os quilómetros 0 e 6 do corredor, entre Rande e o enlace de Meira, dende o 2 de novembro ata o 23 de xaneiro, cunha reapertura no Nadal para evitar interferir na operación especial de tráfico deste período

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións reuniuse hoxe cos alcaldes de Moaña e Cangas para informarlles de que esta é a única alternativa para avanzar  nos traballos de voaduras con garantías de seguridade, permitindo concentrar as obras de maior entidade nun menor  tempo
  • A Xunta procurará minimizar o impacto do corte  intensificando os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía do Morrazo , con labores en domingos e festivos
  • A alternativa posibilitará que nos vindeiros meses se incremente o ritmo dos traballos no treito 1, con actuacións simultáneas noutros tres noiros e avanzando coas voaduras do tramo 2, coas que se comezará de inmediato
  • A Xunta reforzará a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar
  • O Goberno galego presentou hoxe un estudo sobre as interseccións con semáforos na estrada PO-551, entre Moaña e Rande, que propón modificacións na regulación semafórica para mellorar a circulación no treito durante o peche
  • Vázquez Mourelle tamén fixo un chamamento á utilización do transporte público nesta comarca, tras a entrada do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, que abaratou as comunicacións entre Vigo e os Concellos de Cangas e Moaña a través do autobús e do transporte de ría

Moaña (Pontevedra), 28 de outubro de 2016.- O avance das obras da autovía do Morrazo obriga a pechar o tráfico nun treito do corredor para blindar a seguridade dos usuarios e operarios. Así, este corte levarase a cabo no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, dende o día 2 de novembro ata o 23 de xaneiro, cunha reapertura no Nadal para evitar interferir na operación especial de tráfico deste período.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez comunicou hoxe esta medida nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez; a secretaria da Delegación territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes; e os alcaldes de Cangas e Moaña, Xosé Manuel Pazos e Leticia Santos.

Vázquez Mourelle explicou que os estudos e as inspeccións técnicas realizadas nas últimas semanas conclúen que é obrigado facer este peche continuo para poder realizar os traballos con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores que están a executar as obras. Neste sentido, subliñou a importancia de informar desta medida a través dos representantes municipais dos concellos afectados e traer propostas para tratar reducir as molestias ocasionadas aos cidadáns.

A responsable de Infraestruturas precisou que esta é a única alternativa de todas as analizadas coa que os técnicos ofrecen garantías de minimizar riscos e concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducíndose practicamente á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.

Cronograma

Dende o Goberno galego salientan que é preciso pechar ao tráfico o primeiro treito do corredor, ata que o terreo estea totalmente estabilizado e ofreza plenas garantías de seguridade para usuarios e traballadores. Así, o cronograma establecido indica que o corte comeza logo da ponte de Santos e seguindo as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil, o treito permanecerá pechado á circulación na semana da ponte da Constitución, na que se continuará cos traballos. Cómpre precisar que se reabrirá no Nadal, entre os días 21 de decembro e 8 de xaneiro, ambos incluídos, e pasadas estas datas, o tramo permanecerá pechado ata o final do prazo previsto para o remate das voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.

A conselleira subliñou que o obxectivo é que os veciños desta comarca dispoñan canto antes dunha autovía libre de peaxe que vertebre toda a zona do Morrazo. Neste sentido, esta solución presentada hoxe permitirá que ao longo deste período de peche da circulación os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvolveranse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.

A alternativa posibilitará que nos vindeiros meses se incremente o ritmo dos traballos, polo tanto, no treito 1, levando a cabo actuacións simultáneas noutros tres noiros que presentan a mesma problemática e aproveitando para avanzar coas voaduras do tramo 2, coas que se comezará de maneira inmediata no noiro máis importante.

Reforzo da sinalización e desvíos

A Xunta reforzará a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.

O Goberno galego presentoulles hoxe aos alcaldes un estudo que aborda as intersección con semáforos na estrada PO-551, entre o concello de Moaña e a ponte de Rande, e que propón posibles modificacións na regulación dos semáforos, ao obxecto de mellorar a circulación neste treito durante o tempo no que se prolongue o peche, xa que, previsiblemente, esta estrada vai rexistrar un incremento notable de vehículos. Trátase dunhas modificacións no tráfico da PO-551 que os concellos se comprometen a analizar canto antes, co fin de poder trasladarnos as súas consideracións e achegas.

A conselleira tamén lanzou unha mensaxe ao respecto das vantaxes da utilización do transporte público nesta comarca do Morrazo, tras a entrada do Plan de transporte metropolitano de Vigo, que abaratou considerablemente as comunicacións entre Vigo e os Concellos de Cangas e Moaña a través do autobús e do transporte marítimo de ría, e co que se conseguiría unha maior fluidez do tráfico.

REY VARELA DESTACA OS AVANCES AUTONÓMICOS, NACIONAIS E EUROPEOS NA REVITALIZACIÓN DA DEMOGRAFÍA NA VI REUNIÓN DO FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREED)

  • fredd-cuenca-2O FREDD acadou importantes fitos a nivel autonómico e nacional como o pulo dunha Estratexia Española polo Cambio Demográfico na que participen todas as Administracións Públicas co obxectivo de abordar os retos demográficos
    • Na reunión tratáronse as accións de futuro a levar a cabo como a inclusión de criterios demográficos no novo sistema de financiamento autonómico e a dotación de máis recursos nas políticas de desenvolvemento rural a nivel nacional
    • A nivel europeo existe a necesidade de que o Marco Financeiro Plurianual,  a Política Agrícola Común e a Política de Cohesión dean un pulo decidido e contundente ao desafío demográfico

     


Cuenca, 28 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, asistiu na xornada de hoxe á VI Reunión Interterritorial do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) celebrada na cidade manchega de Cuenca. Alí o conselleiro destacou que “pese a non haber solucións inmediatas para o reto demográfico, a Xunta prioriza este problema desde hai tempo en clave autonómica, nacional e europea. Para inverter a tendencia a medio prazo”.  “Por iso lideramos”, engadiu “xunto a outras sete comunidades o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos”. Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias,  Aragón, La Rioja, Cantabria e Galicia conforman o grupo de traballo do FREDD. Rey Varela salientou que “esta sexta reunión interterritorial serviu para por enriba da mesa os importantes fitos acadados a nivel autonómico, nacional e europeo”.

Por unha banda, o encontro serviu para actualizar as boas prácticas levadas a cabo. O Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) acadou importantes fitos a nivel autonómico e nacional como o pulo dunha Estratexia Española polo Cambio Demográfico na que participen todas as Administracións Públicas co obxectivo de abordar os graves problemas demográficos que sofren as comunidades autónomas. Asemade, a nivel europeo presentouse o grupo interterritorial ante as institucións europeas en Bruxelas e conseguiuse incluír a cuestión demográfica na programación da Política de Cohesión para o período 2014-2020.

Nembargante, a estratexia do FREDD para revitalizar a demografía non remata aquí. Na reunión tratáronse as accións de futuro a levar a cabo como a inclusión de criterios demográficos no novo sistema de financiamento autonómico e a dotación de máis recursos nas políticas de desenvolvemento rural a nivel nacional. Do mesmo xeito, a nivel europeo existe a necesidade de que o próximo Marco Financeiro Plurianual dea un pulo decidido e contundente ao desafío demográfico; así como que a Política Agrícola Común reforce en maior medida os servizos e infraestruturas conducentes á inclusión social e reverta as tendencias de deterioro social e económico e a despoboación das zonas escasamente poboadas. Tamén cómpre unha maior contribución da Política de Cohesión para paliar os problemas derivados dos desafíos demográficos nas zonas afectadas.   

A reunión tamén serviu para expor a declaración institucional do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED).

Papel galego no FREDD

No eido autonómico, a estratexia galega de revitalización da demografía destaca polo Programa de Axuda á Natalidade (PAN). Un conxunto de medidas dirixidas á facer de Galicia o mellor lugar para ser neno. Entre as medidas, que xa están a ter o seu efecto, que se recollen no PAN está a Tarxeta Benvida con preto de 10.000 solicitudes. Esta medida tamén se levará a cabo para as familias que teñan fillos en 2017. Dentro deste programa destacan outros beneficios como deducións fiscais por nacemento, adopción, ou coidado de fillos; a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo; axudas para a redución de xornada destinadas a homes e familias monoparentais; incremento de prazas na rede pública de escolas infantís ata conseguir 22.300; as Casas Niño, o bono coidado para o rural, o bono concilia, axudas para empresas ou flexibilidade no teletraballo.

Cabe destacar tamén a recente a creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica (aprobado en Consello hai un mes), que será regulado a través da Consellería de Política Social. Un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de demografía no ámbito da nosa comunidade.

Inicio dos programas de mestrado na Escuela de Negocios Afundación de IESIDE

A partir do vindeiro 3 de novembro, a Escuela de Negocios Afundación de IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa), inicia a súa nova proposta de programas de mestrado, orientados a atender as necesidades reais das empresas, cunha visión práctica e deseñados para achegar solucións para a xestión dos profesionais, nos diferentes ámbitos sectoriais. Os programas, que se ofertan durante este curso académico 2016-2017, están centrados nas áreas de dirección económico-financeira e os negocios internacionais, entre outros. 

En La Fábrica: Max Pam inaugura Autobiographies

SÁBADO 05 DE NOVIEMBRE 12:30h

Inauguraciónunnamed
AUTOBIOGRAPHIES 
Max PamLa Fábrica inaugura este sábado 5 de noviembre la exposición Autobiographies del fotógrafo australiano Max Pam. Esta muestra que cuenta, entre otras cosas, con 40 fotografías en blanco y negro, portfolios con cubiertas diseñadas por el artista y copias únicas de los diarios íntimos de viajeque hizo en el Sud Este Asiático, recorriendo de esta forma el trabajo personal del autor.

Max Pam, pionero en el mundo de los diarios personales de viajes, actualmente es uno de los grandes autores contemporáneos. Ha expuesto en Ásia, Europa, Australia… y ha publicado diversos monográficos de fotografía, como Going East: Twenty Years of Asian Photography (1992), Max Pam (1999), Ethiopia (1999) e Indian Ocean Journals (2000)… +info

La Fábrica, con motivo de la exposición, ha editado el libro Autobiographies.  Un volumen único que, en forma de libro de artista, recoge 45 años de trabajo de un autor imprescindible. ¡resérvalo!

¡Te esperamos con un champán-brunch!

#galería #MaxPam #Autobiographies

JUEVES 03 DE NOVIEMBRE 19:30h

Presentación
PALABRAS QUE EXPLOTAN
eñe 47.El Jueves en La Fábrica se presentará el nuevo número de Eñe. El volumen está dedicado al Premio Cosecha Eñe de relato, que en esta undécima edición ha recibido cerca de 4.000 textos a concurso. Vendrán para presentar la revista el director Luisgé Martín, la ganadora del Premio Cosecha Eñe María Fernanda Ampuero, y los finalistas del premio. +info

O XERENTE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR CLAUSURA AS XORNADAS SOBRE A ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2014-2020 DIRIXIDAS AO PERSOAL TÉCNICO

O evento celebrouse tamén o pasado 21 de outubro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

  • Abordáronse distintos aspectos relacionados coa inclusión social como poden ser a Historia Social Única Electrónica (HSUE), a protección de menores, o emprego, a vivenda, a saúde e a igualdade

Santiago, 28 de outubro de 2016.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, clausurou na mañá de hoxe as Xornadas sobre a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 que serviron para avanzar na actualización e perfeccionamento dos coñecementos e ferramentas do persoal técnico de inclusión. As xornadas foron inauguradas o pasado 21 de outubro polo director xeral de Inclusión Social en funcións, Arturo Parrado.   

Nestas xornadas, que se celebraron no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, abordáronse distintos aspectos relacionados coa inclusión social como poden ser a Historia Social Única Electrónica (HSUE), a protección de menores, o emprego, a vivenda, a saúde e a igualdade. Tamén se levaron a cabo dous obradoiros sobre a loita contra a violencia de xénero e a Lei de inclusión social.

Os temas foron elixidos tendo en conta as peticións realizadas polos profesionais dos equipos de inclusión sociolaboral, quen amosaron especial interese en afondar nunha serie de programas sectoriais que teñen unha grande incidencia no fomento da inclusión activa.  

O persoal dos equipos de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar foi o principal colectivo destinatario destas xornadas que aumentaron o coñecemento e actualizaron a información sobre recursos e programas de carácter sectorial, que resultan clave para a promoción da inclusión activa, así como facilitar o intercambio de puntos de vista e experiencias dos profesionais dos equipos de inclusión sociolaboral.

EIS 2014-2020

A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 -impulsada e cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo- constitúe a folla de ruta que se está a aplicar en Galicia para promover a inclusión social das persoas e grupos en situación de vulnerabilidade neste período, e dirixe os seus esforzos cara os aspectos considerados clave na abordaxe das diferentes dimensións da pobreza e a exclusión social. Estes aspectos teñen un carácter multidimensional, sendo necesario abordalos con actuacións de tipoloxía moi diversa.

LLEGA A VIGO “ADÁN Y EVA EN BROADWAY”, UN MUSICAL SOLIDARIO PARA TODA LA FAMILIA

La Fundación para el Desarrollo Educativo de Galicia (FUNDEGA) trae al Auditorio Mar de Vigo, el domingo 6 de noviembre, esta divertida comedia musical de la compañía Jana Producciones, basada en el texto original de Mark Twain “Los diarios de Adán y Eva”.

 

▪     Las entradas, cuyos precios oscilan entre 10 y 12 euros, pueden adquirirse a través ataquilla.com. Los beneficios se destinarán íntegramente a la Fundación para el Desarrollo Educativo de Galicia (FUNDEGA).

 

 adan-y-eva-en-broadway foto-presentacion

Pie de foto

Foto presentación (de izquierda a derecha): Abel Caballero, alcalde de Vigo; José Luis Prieto Fenech, presidente de FUNDEGA; y Beatriz Terol Riestra, patrona de la Fundación.