Celebración do 50 aniversario do IES Pino Manso

pino-manso4A alcaldesa, Eva García de la Torre, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, e os concelleiros Marcelino Coto, Lourdes Moure e Orlando Vázquez, acudiron este venres aos actos centrais da celebración do 50 aniversario do Instituto de Ensino Secundario (IES) Pino Manso.

Coa presencia da maioría dos preto de 500 alumnos e 50 profesores do centro, ademais de descubrirse un monolito no que se fai referencia a este medio século de vida do mesmo, o seu director, en nome de todo o claustro, lembrou a “todos aqueles que hoxe non están entre nós e que deixaron a súa pegada neste instituto”.

Juan Aguilar amosou o seu orgullo por estar á fronte “dun equipo coma o que formamos”, e que, salientou, abrangue ás alumnas e alumnos, aos profesores,  e ao persoal non docente, que fan posible non so que o Pino Manso sexa unha referencia para moitos das veciñas e veciños do concello, senón que forme parte da propia historia do Porriño.

Pola súa banda, a alcaldesa, logo de agradecer a invitación para acudir á celebración deste cumpreanos “tan especial porque aquí estou vendo ao futuro da nosa sociedade, non so do Porriño”.

Eva García de la Torre sinalou a importancia de que Porriño conte cun centro que teña formado “a cabeza, os valores, o sentimento e a forma de ser de todas as persoas que pasaron polo Pino Manso en estes cincuenta anos”. Estou segura, concluíu a rexedora, de que “levaredes con vós todo o aprendido e todo o vivido aquí” e asegurou que “institucións como este instituto son esenciais para “democratizar á sociedade e axudan a crear homes e mulleres libres”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: