REY VARELA DESTACA OS AVANCES AUTONÓMICOS, NACIONAIS E EUROPEOS NA REVITALIZACIÓN DA DEMOGRAFÍA NA VI REUNIÓN DO FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREED)

  • fredd-cuenca-2O FREDD acadou importantes fitos a nivel autonómico e nacional como o pulo dunha Estratexia Española polo Cambio Demográfico na que participen todas as Administracións Públicas co obxectivo de abordar os retos demográficos
    • Na reunión tratáronse as accións de futuro a levar a cabo como a inclusión de criterios demográficos no novo sistema de financiamento autonómico e a dotación de máis recursos nas políticas de desenvolvemento rural a nivel nacional
    • A nivel europeo existe a necesidade de que o Marco Financeiro Plurianual,  a Política Agrícola Común e a Política de Cohesión dean un pulo decidido e contundente ao desafío demográfico

     


Cuenca, 28 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, asistiu na xornada de hoxe á VI Reunión Interterritorial do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) celebrada na cidade manchega de Cuenca. Alí o conselleiro destacou que “pese a non haber solucións inmediatas para o reto demográfico, a Xunta prioriza este problema desde hai tempo en clave autonómica, nacional e europea. Para inverter a tendencia a medio prazo”.  “Por iso lideramos”, engadiu “xunto a outras sete comunidades o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos”. Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias,  Aragón, La Rioja, Cantabria e Galicia conforman o grupo de traballo do FREDD. Rey Varela salientou que “esta sexta reunión interterritorial serviu para por enriba da mesa os importantes fitos acadados a nivel autonómico, nacional e europeo”.

Por unha banda, o encontro serviu para actualizar as boas prácticas levadas a cabo. O Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) acadou importantes fitos a nivel autonómico e nacional como o pulo dunha Estratexia Española polo Cambio Demográfico na que participen todas as Administracións Públicas co obxectivo de abordar os graves problemas demográficos que sofren as comunidades autónomas. Asemade, a nivel europeo presentouse o grupo interterritorial ante as institucións europeas en Bruxelas e conseguiuse incluír a cuestión demográfica na programación da Política de Cohesión para o período 2014-2020.

Nembargante, a estratexia do FREDD para revitalizar a demografía non remata aquí. Na reunión tratáronse as accións de futuro a levar a cabo como a inclusión de criterios demográficos no novo sistema de financiamento autonómico e a dotación de máis recursos nas políticas de desenvolvemento rural a nivel nacional. Do mesmo xeito, a nivel europeo existe a necesidade de que o próximo Marco Financeiro Plurianual dea un pulo decidido e contundente ao desafío demográfico; así como que a Política Agrícola Común reforce en maior medida os servizos e infraestruturas conducentes á inclusión social e reverta as tendencias de deterioro social e económico e a despoboación das zonas escasamente poboadas. Tamén cómpre unha maior contribución da Política de Cohesión para paliar os problemas derivados dos desafíos demográficos nas zonas afectadas.   

A reunión tamén serviu para expor a declaración institucional do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED).

Papel galego no FREDD

No eido autonómico, a estratexia galega de revitalización da demografía destaca polo Programa de Axuda á Natalidade (PAN). Un conxunto de medidas dirixidas á facer de Galicia o mellor lugar para ser neno. Entre as medidas, que xa están a ter o seu efecto, que se recollen no PAN está a Tarxeta Benvida con preto de 10.000 solicitudes. Esta medida tamén se levará a cabo para as familias que teñan fillos en 2017. Dentro deste programa destacan outros beneficios como deducións fiscais por nacemento, adopción, ou coidado de fillos; a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo; axudas para a redución de xornada destinadas a homes e familias monoparentais; incremento de prazas na rede pública de escolas infantís ata conseguir 22.300; as Casas Niño, o bono coidado para o rural, o bono concilia, axudas para empresas ou flexibilidade no teletraballo.

Cabe destacar tamén a recente a creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica (aprobado en Consello hai un mes), que será regulado a través da Consellería de Política Social. Un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de demografía no ámbito da nosa comunidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: