Xuntanza alcaldesa e tenente de alcalde coa conselleira de Infraestructuras e Vivenda

reunion-conselleiraA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel, Carrera, mantiveron este venres en Vigo unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, para tratar da cesión por parte da Administración galega ao Concello do Porriño das rúas Bos Aires e Progreso.

Á finalización da reunión, a alcaldesa sinalou que atopou boa disposición por parte da conselleira para que estas dúas rúas, que están “no mesmo casco urbano da vila” pasen a ser de titularidade municipal. De feito, engadiu Eva García de la Torre, a Consellería xa ten o proxecto que elaborou o Concello para as dúas rúas e, en base ao mesmo, haberá, axiña, unha nova xuntanza de trabalo na que se analizará o mesmo polo miúdo.

As dúas partes están de acordo en que a cesión das rúas se faga ou ben coa correspondente dotación orzamentaria para acometer as melloras que precisan: novo alumeado, substitución do saneamento, canalización de auga,  beirarrúas e cambio do firme, ou ben con todas estas obras xa rematadas.

Neste eido, o tenente de alcalde lembrou que na actualidade, o Consorcio de Augas do Louro está a realizar en Bos Aires e Progreso distintas reformas que eran inaprazábeis a causa do estado das tubaxes que sofren constantes roturas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: