Guadi Galego elixe o concerto de Nadal da Universidade de Vigo para a presentación do seu novo traballo

  • roi-casal-habana_2 pezenraya-a-grito-pelaoA programación cultural do primeiro cuadrimestre trae a Vigo o proxecto galego-cubano de Roi Casal
  • Volve o cine submarino do 23 ao 25 de novembro
  • A proposta teatral estará a cargo do humor da veterana compañía Pez en raya

Vigo, 31 de outubro de 2016.- A programación cultural deste primeiro cuadrimestre da Universidade de Vigo estará composta pola actuación de Guadi Galego que presentará o seu último traballo, a música galego-cubana do proxecto liderado por Roi Casal (ex membro de Milladoiro), a cuarta edición do ciclo de cine en versión orixinal, o teatro da compañía Pez en raya e a Semana de Cine Submarino.

O 14 de decembro, data na que se celebrará o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, Guadi Galego presentará oficialmente o seu último traballo, O mundo está parado. Xa é habitual que moitas bandas e músicos galegos elixan este acontecemento do ano para presentar en directo os seus novos traballos. Para a ocasión, Guadi contará con invitados como Abe Rábade (piano), Anxo Pintos (multiinstrumentista), Santi Cribeiro (acordeón), Anxo Angueira (escritor), Pablo Pascual (clarinetista) e Sonia Lebedynski (voz). Mención aparte merece a presenza no escenario de Javier Ruibal, un dos músicos e compositores máis respectados do panorama nacional. É habitual ver a Ruibal acompañado nos seus directos de músicos de primeira liña como demostra o seu último traballo 35 aniversario. Javier Ruibal pero, nesta ocasión, será el quen acompañe á cantante galega neste concerto único de Nadal. O mundo está parado é un traballo cheo de sensibilidade e intensidade

A outra cita musical da programación, Son galego, Son cubano, con letras de Xosé Neira Vilas, é o espectáculo proposto polo Instituto Cubano da Música a Roi Casal. Logo de dous anos de traballo conxunto co escritor galego, o disco gravouse na Habana e conta coa participación de músicos da illa como Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Miguel Núñez, Osmani Sánchez, Jorge Leliebre ou César López e outros da parte galega, como Nando Casal, de Milladoiro, ou Carlos Calviño. A xira arrancou no Gran Teatro de La Habana cunha banda integrada por dez músicos dos dous lados do Atlántico. O espectáculo chega a Vigo da man da Universidade e coincidindo co cabo de ano do pasamento de Neira Vilas. O concerto será o vindeiro 10 de novembro ás 18.30 horas.

.

Entre o primeiro e o ultimo dos concertos, a programación acollerá unha cita co humor irreverente da veterana compañía Pez en raya, coa obra A grito pelao. A actriz Cristina Medina (a popular Nines da serie La que se avecina) volve aos escenarios teatrais vestida de Branca Neves, cunha posta en escena chea de humor, música en directo, poesía e baile.

Tamén se celebrará a cuarta edición de ciclo de cine e lingua, Let´s go to the flicks, cunha selección de longametraxes en versión orixinal. O fío condutor, nesta ocasión, serán os movementos culturais e máis os seus protaganistas como no caso da cinta I’m Not There (Todd Haynes, 2007), que retrata a vida de Bob Dylan, e que se proxectará o 30 de novembro, ou In America (Jim Sheridan, 2002), longametraxe que abre o ciclo (2 de novembro) e que se centra na propia vida do seu director. O resto das cintas que se proxectarán serán Northem Soul (Shimmy Marcus, 2014), o 9 de novembro, Shine (Scott Hicks, 1996), o 16 de novembro; e Set Fire to the Stars, (Andy Goddard, 2014), o 7 de decembro. Ao remate das proxeccións, terá lugar un debate.

Como é habitual todos os anos, a programación cultural do primeiro cuadrimestre inclúe a Semana de Cine Submarino que este ano celebrarase ente o 23 e o 25 de novembro. Esta cita co mar contará coas máis destacadas longametraxes sobre o medio mariño filmadas no mundo e a lo menos unha delas producida e feita en Galicia co obxectivo de dar pulo ás creacións propias. Mostrarase no Teatro Afundación, lugar que tamén acollerá o Concerto de Nadal.

As outras dúas sedes da programación serán, para o concerto de Roi Casal e a actuación de Pez en raya, o teatro de Cidade Universitaria, e o edificio Cambón do casco vello que acollerá o ciclo cine e lingua.  

Todas as actuacións son de entrada libre ata completar aforamento agás o concerto de Nadal ao que se poderá asistir mediante invitación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: