Archive | noviembre 2, 2016

SANTIAGO ÁLVAREZ DE MON OFRECE A LOS DIRECTIVOS LAS CLAVES PARA UNA MEJOR GESTIÓN DE SU AGENDA

Santiago Álvarez de Mon, profesor del IESE y  uno de los más reconocidos expertos en España en liderazgo, coaching, gestión de equipo y carrera profesional; ha inaugurado hoy en Vigo el Foro de Economía Empresa Alumni-Universidad de Navarra con la conferencia “La agenda del directivo”.

foto1

Pie de foto: Santiago Álvarez de Mon, profesor de Dirección de Personas en las Organizaciones del IESE Business School.

 

Mercado Ecolóxico e Calacú

O MERCADO SAUDABLE E UNHA NOVA EDICIÓN DO CALACÚ, ESTA FIN DE SEMANA XUNTOS NO PORRIÑOmercado-ecoloxido-e-calacu

O Porriño será o escenario, durante a vindeira fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de novembro, do IV Mercado Saudable e da XII Edición do Calacú, organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, dous citas que, como cada ano, contan coa colaboración do Concello, como salientou o tenente de alcalde, Manuel Carrera, este mércores durante a súa presentación.

No que atangue ao IV Mercado Saudable, o seu organizador, Carlos Rodríguez González, sinalou a importancia da asistencia de expositores, oitenta en total, que representan a un mercado “moi amplo” que vai dende a repostería caseira, pasando pola cosmética bionatural, a artesanía, antigüidades, eco tendas, produtores ecolóxicos, comercio xusto, ou eco gastronomía.

Entre as propostas máis orixinais e chamativas están o chocolate con churros, elaborados con produto cento por cento ecolóxicos, a empanada de pan de espelta, feita no Porriño, biopanetons, cervexa picante, con chile, ou o paté de ortiga.

A estas iniciativas súmanse outras como una o achegamento a produto da horta completamente naturais,con plantéis, sementes, abonos ou plantas, charlas sobre a compostaxe, unha conferencia da bióloga e naturista Gloria Pérez, que falará da ‘Alimentación Holística’ coma unha forma saudábel de nutrición ou os talleres de degustación.

Ao mesmo tempo que se celebra o Mercado Saudable, na rúa Manuel Rodríguez, terá lugar a XII edición do Calacú, un dos clásicos do Porriño, que o sábado, día 5, vivirá a elección da ‘dama e o cabaleiro’, o Magosto Popular, o taller de cabazos ou a actuación da Charanga SGAHE e, ao día seguinte, domingo 6, arrancará, ás 11 e media coa ‘Andaina Saudable’, que sairá dende a Capela de San Sebastián e seguirá pola Senda Verde do Louro nun percorrido de 4 quilómetros; dará paso ao taller de cabazos e, de seguido, á ‘Chocolatada’ ecolóxica con churros e filloas.

O Goberno local, que colabora coa colocación dunha carpa, a megafonía  e as actuacións, subliña a importancia da labor, tanto de Carlos Rodríguez, coma dos veciños de San Benito e San Sebastián que, como indicou Manuel Carrera, “fan unha festa non so para as familias e os veciños do Porriño, senón para aqueles que se achegan dende moitísimos puntos da provincia”.

Carrera engadiu dúas circunstancias importantes: o feito de que os produtos ecolóxicos son “sen dúbida o futuro nunha sociedade que busca coidarse máis algo no que a alimentación é esencial” e o feito de que o Mercado Saudable e o Calacú coincidan, este primeiro fin de semana de novembro co inicio do ‘Pinchorriño’, o que “sitúa a Porriño como lugar de cita irrenunciábel estes días”.

CIG-Saúde de Vigo denuncia que se están a recibir, por usuarias e traballadoras, sancións por importe de 200 € por vehículos mal estacionados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro con data do pasado mes de maio.

tmp_16338-notificacion-denuncia1865170511Pese as reiteradas declaracións do Alcalde de Vigo nas que prometía non multar aos coches mal estacionados nos viais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, as traballadoras e usuarias deste hospital están a recibir sancións con data do pasado mes de maio, onde a denunciante é a antiga xerente da empresa concesionaria.

Entre as promesas realizadas polo alcalde incluíase a apertura dun parking público do que descoñecemos o estado no que se atopa na actualidade.

Do mesmo xeito, descoñecemos os motivos do cambio de criterio do Concello, non só no que se refire ás súas competencias no ordenamento do tráfico se non, o que nos parece máis grave, no inicio do proceso sancionador con carácter retroactivo obviando as súas promesas, entre as que incluía a de retirar vehículos mal estacionados que supuxeran problemas de seguridade pero non sancionalos.

Desde CIG-Saúde tamén denunciamos os problemas de acceso ao Hospital nos horarios de maior afluencia, como son as entradas e saídas do persoal, agravados desde que se prohibiu o estacionamento en zonas non reguladas, sen ofertar outra alternativa que non sexa o aparcamento de pago da Empresa Concesionaria.

Por estas razóns solicitamos do Concello de Vigo e da Consellería de Sanidade:

  • a apertura, acondicionamento e ordenamento como aparcamentos gratuítos dos espazos existentes ao arredor do Hospital que poidan ser susceptibles de ser usados con ese fin e que na actualidade carecen de uso e están sen urbanizar.
  • o reordenamento do tráfico seguindo un criterio máis funcional para o transporte público e os servizos de transporte sanitario.

‘O PINCHORRIÑO’ SERVIRÁ 72.000 TAPAS DE BALSE, EN 41 ESTABLECEMENTOS DO PORRIÑO, OS VENRES E SÁBADOS DESTE MES DE NOVEMBRO

pinchorinoA undécima edición das xornadas de degustación de pinchos do Porriño, o popular ‘Pinchorriño’, repartirá 72.000 tapas de baldo durante os venres e sábados –de 7 da tarde a 11 da noite- deste mes de novembro, como sinalaron este mércores os seus organizadores.

A presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, a súa xerente, Noelia Conde, o presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, xunto co primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, e representantes de varios dos 41 locais que se sumaron a ‘O Pinchorriño’, entre eles Sara Otero, de Paprika Lartenda, Estefanía, de ‘El Alambre del Abuelo’ou Sandra Pérez, de Más y Más.

Entre as tapas que poderán degustar quenes se acheguen aos bares, restaurantes e cafeterías do Porriño, están as empanadiñas vexetais, hamburguesas veganas, croquetas crocantes, tostas quentes en pan do Porriño, Garabano con nécora, albóndegas en salsa verde, hot dog en 3 salsas ou chupito de tortilla de patacas. Ademáis haberá tapas sen glute, como a piruleta de solombo de polo crocante con toque asiático, ou pratos vexetais, para quenes queiran gozar do Pinchorriño sen renunciar a súa dieta.

Todas as propostas de tapas, ademais dos nomes e enderezos de cada un dos establecementos que participan no Pinchorriño, o resultado do sorteo, entre os participantes no mesmo, de dúas fines de semana en casas de turismo rural poden consultarse baixando a APP ‘Quedamos de Tapas’.

Entre as novidades deste ano, como sinalou o tenente de alcalde, ademais das novas receitas, “que serán quen de reforzar a imaxe do Porriño como berce da boa mesa”, está a posibilidade de, antes de coller o coche, pasar pola central da Policía Local e facerse un ‘control preventivo’ de alcoholemia, e non poñerse ao volante en caso de superar a taxa legal de alcohol.

Manuel Carrera, logo de agradecer aos comerciantes, hostaleiros e locais participantes a súa iniciativa, lembrou que durante as fines de semana do Pinchorriño a vila transfórmase “coa chegada de milleiros de persoas, de todas as idades, desde familias a grupos de amigos, para achegarse ao noso concello que amosa, día a día, que é unha garantía de bo  xantar, con excelentes profesionais e produtos inmellorábeis”.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E A UNIVERSIDADE DE VIGO POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA ‘CORRESPONDENTES UNIVERSITARIOS’ QUE DINAMIZARÁ A INFORMACIÓN XUVENIL ENTRE OS ESTUDIANTES

Cunhas charlas informativas ao alumnado e coa instalación dun punto informativo en cada un dos campus da UVIGO

  • Os mozos recibirán formación en materia de información xuvenil; o carné xove, o carné internacional de estudante e o carné de alberguista; un certificado no que se recoñece o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude

Santiago, 2 de novembro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Universidade de Vigo comezaron a por en marcha as actividades do programa ‘Correspondentes Universitarios’ que aspira a fomentar a participación activa dos alumnos das tres universidades galegas, na difusión e dinamización dá información xuvenil entre os seus compañeiros de estudos. Esta colaboración xurde do convenio asinado o pasado 4 de xullo que establece a forma e condicións da colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo cara a posta en marcha do programa entre o alumnado da universidade olívica.

As actividades de ‘Correspondentes Universitarios’ comezaron cunhas charlas informativas ao alumnado e coa instalación dun punto informativo en cada un dos campus da UVIGO (Campus de Vigo, Campus de Ourense e Campus de Pontevedra) así como nas residencias xuvenís dependentes da Dirección Xeral: Residencia Altamar (Vigo) e Residencia Florentino López Cuevillas (Ourense).

Deste xeito, a UVIGO recoñecerá o traballo voluntario dos mozos adheridos ao programa Correspondentes Universitarios con créditos, ata un máximo de 6. Por parte da Dirección Xeral, os mozos recibirán formación en materia de información xuvenil; o carné xove, o carné internacional de estudante e o carné de alberguista; un certificado no que se recoñece o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.

Asemade, a Dirección Xeral de Xuventude elaborará un programa de actividades especifico que fomente a convivencia cos correspondetes do resto da Comunidade Autónoma, o lecer saudable e a adquisición de competencias que lles faciliten a súa futura inserción laboral.

O labor de coordinación do programa, corre a cargo da Dirección Xeral de Xuventude, que se encargará de informar, orientar e asesorar, individualmente ou en grupo, aos correspondentes universitarios facilitándolles a axuda precisa para participar non programa e na difusión dás actuacións do mesmo.   

     

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ NA BIBLIOTECA LÚCIO CRAVEIRO DA SILVA, EN BRAGA

Lugo, 02 de novembro de 2016. O xoves 3 de novembro presentarase ao público na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do Concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo (Delegación de Cultura), o Concello de Lugo e a Real Academia Galega. Ademais, incorpórase a esta edición como entidade co-patrocinadora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Esta mostra itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e tamén o Centro Galego de Lisboa, o que supuxo un fito importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto.

A exposición está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Neste acto tamén se presentarán a reedición do folleto que presenta os contidos
completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel
Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez.

1

O curso «Certificado en cultura do viño. Nivel avanzado», coordinado por Xoán Cannas, comeza mañá en Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle, a partir de mañá, na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 13) o curso «Certificado en cultura do viño. Nivel avanzado» que concluirá o 24 de novembro e que ten xa a totalidade de prazas cubertas. Este obradoiro é parte do programa de cursos de cata de viño coordinados polo sumiller e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas. A proposta ofrece dúas modalidades, unha certificación de nivel básico, dirixida a amantes e afeccionados da cultura vitivinícola na procura dun primeiro achegamento ao mundo do viño, e outra de nivel avanzado, orientada a profesionais do sector. Os cursos finalizarán en maio do 2017 e desenvolveranse as sedes Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Santiago. As inscricións para calquera das modalidades (nivel básico e avanzado) e sedes poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com, a través do teléfono 902 504 500 e nas billeteiras das sedes da entidade en Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña.

425 PERSOAS PARTICIPARÁN NAS PRIMEIRAS OPOSICIÓNS DA XUNTA DE GALICIA RESERVADAS Á DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • A Xunta reserva a este colectivo seis prazas de emprego público, e na Oferta de Emprego deste ano o Goberno galego aumentou a 33 o número de prazas
  • Para desenvolver este proceso, a Consellería de Facenda está a colaborar coas organizacións Fademga e Down Galicia

Santiago, 2 de novembro de 2016.-Un total de 425 persoas foron admitidas para participar nas primeiras oposicións da historia da Xunta reservadas especificamente para persoas con discapacidade intelectual, tal como recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). As listas son provisionais e inclúen os aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado en marzo, e que inclúe seis prazas na categoría 003 –ordenanza e outras- do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta. Estas listas tamén inclúen todas as persoas aspirantes que foron excluídas e a causa de exclusión.

As persoas interesadas poden consultar as relacións de admitidos e excluídos no portal web funcionpublica.xunta.gal. A relación de excluídos pódese consultar tamén no Diario Oficial de Galicia. Desde o día seguinte á publicación no DOG da resolución pola que se aproban e se fan públicas as listas, as persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles para presentar reclamacións.

Para realizar este proceso, a Consellería de Facenda asinou en marzo un acordo con representantes de Down Galicia e da Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade Intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), para facilitar a entrada deste colectivo na Xunta de Galicia.

Como peculiaridade deste proceso selectivo respecto ao resto das oposicións xestionadas pola Dirección Xeral da Función Pública, foi necesaria a colaboración da Consellería de Política Social e dos órganos equivalentes doutras comunidades autónomas na valoración dos informes sobre o tipo de discapacidade dos aspirantes.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Dirección Xeral da Función Pública dará a coñecer as listas definitivas de admitidos e excluídos no Diario Oficial de Galicia.

33 prazas máis ofertadas este ano

Estas oposicións son as primeiras da historia da Xunta de Galicia que son reservadas exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de facilitar a inserción laboral deste colectivo na Administración autonómica.

De feito, a Oferta de Emprego Público para 2016 incrementou o número de prazas ofertadas respecto ao ano anterior, ata chegar a 33 prazas. Delas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (grupo C2).

Adaptación ao entorno laboral

Para facilitar a adaptación ao seu novo entorno laboral, a Xunta realizará accións de formación e orientación sociolaboral previas ao ingreso ou no ano de inicio da prestación de servizos na Administración galega, como accións de apoio ao desenvolvemento no posto de traballo ao longo da súa carreira profesional.

Entre as actuacións máis relevantes que se levarán a cabo están a realización de cursos de formación específicos previos ao ingreso, que serán impartidos por persoal da Xunta co apoio do persoal de Fademga e Down Galicia. Prestarase tamén apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e ao entorno laboral dos traballadores con discapacidade intelectual. Ademais, levarase a cabo un seguimento do desempeño da actividade laboral que incluirá formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo.

Venres 4 nov – Palestra: “REDES de APOIO FRONTE á REPRESIÓN”

4nov_lauraDentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia organizamos unha nova actividade.

O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título“Redes de apoio fronte á represión” na que faremos a presentación pública do vídeo no que se resume o que foi a chamada “loita da rotonda de Coia” e analizaremos a situación actual e as causas que nos levaron até aquí. Esta actividade suporá o paso ás redes da curta sobre a loita na rotonda, polo momento conformádevos co “teaser” >https://www.youtube.com/watch?v=HVK0_xw8c14

Na palestra contaremos coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelá que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación. Laura compartirá mesa con Diego.

Diego e Laura falarán da importancia de construír loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.