Mercado Ecolóxico e Calacú

O MERCADO SAUDABLE E UNHA NOVA EDICIÓN DO CALACÚ, ESTA FIN DE SEMANA XUNTOS NO PORRIÑOmercado-ecoloxido-e-calacu

O Porriño será o escenario, durante a vindeira fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de novembro, do IV Mercado Saudable e da XII Edición do Calacú, organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, dous citas que, como cada ano, contan coa colaboración do Concello, como salientou o tenente de alcalde, Manuel Carrera, este mércores durante a súa presentación.

No que atangue ao IV Mercado Saudable, o seu organizador, Carlos Rodríguez González, sinalou a importancia da asistencia de expositores, oitenta en total, que representan a un mercado “moi amplo” que vai dende a repostería caseira, pasando pola cosmética bionatural, a artesanía, antigüidades, eco tendas, produtores ecolóxicos, comercio xusto, ou eco gastronomía.

Entre as propostas máis orixinais e chamativas están o chocolate con churros, elaborados con produto cento por cento ecolóxicos, a empanada de pan de espelta, feita no Porriño, biopanetons, cervexa picante, con chile, ou o paté de ortiga.

A estas iniciativas súmanse outras como una o achegamento a produto da horta completamente naturais,con plantéis, sementes, abonos ou plantas, charlas sobre a compostaxe, unha conferencia da bióloga e naturista Gloria Pérez, que falará da ‘Alimentación Holística’ coma unha forma saudábel de nutrición ou os talleres de degustación.

Ao mesmo tempo que se celebra o Mercado Saudable, na rúa Manuel Rodríguez, terá lugar a XII edición do Calacú, un dos clásicos do Porriño, que o sábado, día 5, vivirá a elección da ‘dama e o cabaleiro’, o Magosto Popular, o taller de cabazos ou a actuación da Charanga SGAHE e, ao día seguinte, domingo 6, arrancará, ás 11 e media coa ‘Andaina Saudable’, que sairá dende a Capela de San Sebastián e seguirá pola Senda Verde do Louro nun percorrido de 4 quilómetros; dará paso ao taller de cabazos e, de seguido, á ‘Chocolatada’ ecolóxica con churros e filloas.

O Goberno local, que colabora coa colocación dunha carpa, a megafonía  e as actuacións, subliña a importancia da labor, tanto de Carlos Rodríguez, coma dos veciños de San Benito e San Sebastián que, como indicou Manuel Carrera, “fan unha festa non so para as familias e os veciños do Porriño, senón para aqueles que se achegan dende moitísimos puntos da provincia”.

Carrera engadiu dúas circunstancias importantes: o feito de que os produtos ecolóxicos son “sen dúbida o futuro nunha sociedade que busca coidarse máis algo no que a alimentación é esencial” e o feito de que o Mercado Saudable e o Calacú coincidan, este primeiro fin de semana de novembro co inicio do ‘Pinchorriño’, o que “sitúa a Porriño como lugar de cita irrenunciábel estes días”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: