Archive | noviembre 3, 2016

Dima Slobodeniouk ponse á fronte da Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O director titular da Orquesta Sinfónica de Galicia, Dima Slobodeniouk, e o contrabaixo solista, Diego Zecharies, ofrecerán un concerto no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) o vindeiro 10 de novembro, ás 20.30 h. Esta actuación da Orquesta Sinfónica de Galicia é parte da oferta da presente tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Idade de ouro de Dmitri Shostakovich (1906-1975), Concerto para contrabaixo de Eduard Tubin (1905-1982), Quinteto de vento nº 2 de Pēteris Vasks (1946) e Danzas de Galanta de Zoltán Kodály (1882-1967). As entradas están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.comou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais.Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo

VÍCTOR DE LAS HERAS RENDE HOMENAXE A GRANDES LENDAS DA MÚSICA NA SÚA MOSTRA DE FOTOGRAFÍA INMORTAIS

o   A mostra, que será inaugurada mañá, permanecerá en Detrás do Marco ata o 30 de novembro.

 cartel-inmortais

Vigo,3 de novembro de 2016. Baixo o título Inmortais, o fotógrafo vigués Víctor de las Heras, Vitín,  inaugura mañá venres 4 de novembro, en Detrás do Marco, unha exposición  composta por 40 fotografías de sete grandes mitos da música xa falecidos: BB King, Willy Deville, Stiv Bators, Prince, Lemmy Kilmister (Motörhead), Johnny Copeland e Wilson Pickett.

‘O mundo máxico de Pinocho’ en Vigo

pinocho1-rafa-estevezEducaTeatro Producións trae a Vigo o musical infantil ‘O mundo máxico de Pinocho’

  • A produtora viguesa, que colleitou dous éxitos rotundos na cidade cos musicais de ‘Os tres porquiños’ e ‘Carapuchiña Vermella’ ofrecerá dúas funcións este domingo no Teatro Salesianos, ás 12:00h e ás 17:00h
  • As entradas anticipadas xa están á venda por un prezo único de 8€ (+ gastos de xestión) en ataquilla.com, e o mesmo día na billeteira do Teatro por 10€

Vigo, 02/11/2016. EducaTeatro Producións trae a Vigo o seu novo musical infantil, O mundo máxico de Pinocho, con dúas funcións este domingo no Teatro Salesianos ás 12:00h e ás 17:00h. A produtora viguesa, que acadou un grande éxito na cidade cos seus anteriores espectáculos – Os tres porquiños e Carapuchiña Vermella– recalará na localidade despois da súa estrea en Redondela.

En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

A proposta, de 60 minutos de duración máis fotografías ao remate da función cos protagonistas, mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos. Un completo espectáculo no que a participación do público será constante, e que está especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.

As entradas anticipadas, a un prezo único de 8€ (menores de 24 meses no colo non pagan) xa están á venda en ataquilla.com, e despacharanse o mesmo día da función na billeteira do teatro por 10€.

Máis de 20 funcións programadas ata xaneiro do 2017

Despois da estrea en Redondela, O mundo máxico de Pinocho comezou unha intensa xira polas principais ciudades e vilas galegas, despregando máis de 20 funcións. Ademais das funcións en Redondela, O mundo máxico de Pinocho chega este domingo despois de rodar o espectáculo na Estrada e en Valga. A vindeira semana de novembro recalará na Coruña (Centro Ágora), en Ortigueira (sábado 19 no Teatro da Beneficencia) e en Santiago de Compostela (o sábado 26 no Teatro La Salle). En decembro chegará a Ponteareas (domingo 11 no Auditorio Municipal), Pontevedra (sábado 17 no Pazo da Cultura), Narón (domingo 18 no Pazo da Cultura), Cangas (martes 27 no Auditorio Municipal) e O Carballiño (venres 30 no Auditorio Municipal). E xa entrando no 2017, o espectáculo chegará a Tomiño e Ourense na fin de semana do 7 e 8 de xaneiro, respectivamente.

Ademais da programación de O mundo máxico de Pinocho, nos meses de outono e Nadal continuarán xirando os outros dous espectáculos de EducaTeatro. O musical de Carapuchiña Vermella chegará a Ames o 26 de decembro, o 29 de decembro a Carballo e en xaneiro a Ribadeo. Ademais, a primeira das obras da productora, Os tres porquiños, representarase en Vilalba o venres 23 de decembro, antes da súa reestrea oficial -con nova escenografía e temas musicais- a mediados do 2017.

El PUERTO DE VIGO ÚNICO DE LOS PUERTOS DEL NORTE DE ESPAÑA QUE SUPERA LA BARRERA DE LOS 160.000 PASAJEROS.

Vigo, 2 de noviembre de 2016.-Vigo se mantiene como puerto líder en número de pasajeros en todo el Norte Peninsular español, entre los que se encuentran Bilbao, Santander, Gijón, Ferrol, A Coruña y Leixoes, en Portugal, siendo este año 2016 el único de estos puertos que supera la barrera de los 160.000 pasajeros.

Cabe destacar, por otra parte, que el Puerto de Vigo recibe escalas de los más importantes cruceros como el Harmony of the Seas, de la Royal Caribbean, o el Koningsdan, de Holland America, el Costa Favolosa, de Costa Cruceros, o el Pulmantur Monarch, de la Royal Caribbean, que supuso ostentar la posición de Puerto Base, con el embarque de pasajeros, el pasado mes de junio, cuya experiencia se repetirá en el 2017, en un itinerario con destino al Báltico.

De igual modo,  el Puerto de Vigo es miembro de las principales asociaciones internacionales de puertos de cruceros del Atlántico europeo, entre las que se encuentra la ATLANTIC ALLIANCE,  alianza formada por 15 Puertos, desde Hamburgo hasta Lisboa, que pretende lanzar al mercado de cruceros este proyecto de marketing, que permitirá redescubrir Europa a los cruceristas, conectando 7 países y siete capitales; o la  CRUISE EUROPE, asociación de los puertos del norte y oeste europeos, de la que forman parte más de 100 puertos, atlánticos y bálticos, donde no sólo somos miembros sino que formamos parte del Consejo de la West Coast Europe y cuyo objetivo principal es impulsar el mercado de cruceros del Altántico.

En estos próximos días tendremos unas escalas, que se hace necesario destacar por su singularidad:

  • Buque BBC EMS, atracado en Trasatlánticos desde el día 31/10 hasta el 10/11, por cambio de tripulación, bandera y certificados. Entró consignado por Marítima Consiflet y a partir de mañana lo consigna Perez y Cia.
  • Goleta UAEM, que atracará en A Lagoa durante 4 días, a partir del día 03/11.
  •  Buque supply OLYMPIC INTERVENTION remolcador auxiliar para petroleros, que atracará en el muelle Transversal Oeste a partir del 04/11 para una estancia de dos meses.
  • Buque MV SANCO que estará en el muelle Transversal Oeste por cambio de tripulación los días 02/11 al 03/11
  • Buque supply OLYMPIC INTERVENTION (buque similar a los BOURBON que tenemos en Orillamar), que atracará en Trasatlánticos,
  • Proyecto de pieza especial de GANAIN. Llegaría sobre el 15/11 y se quedaría hasta el 15/03.
  • Crucero ASTORIA, atracará en el muelle de Comercio de 12/11 al 15/02, como escala de larga estancia para hacer renovaciones menores en el buque.

Asimismo, estaremos pendientes de recibir los siguientes cruceros hasta final de año:

  • BLACK WATCH – 03/11/2016
  • BOUDICA – 8/12/2016
  • OCEANA – 19/12/2016
  • BOUDICA – 21/12/2016
  • QUEEN VICTORIA – 24/12/2016

En relación con el próximo año están previstas 64 ESCALAS, con aproximadamente 140.000 pasajeros, lo que supondría un descenso del 22% en número de cruceros y del 17% en pasajeros.

Finalmente, queremos señalar que el Puerto de Vigo participará en la International Cruise Summit  que se celebrará en Madrid los días 22 y 23 de noviembre donde el presidente de la Autoridad Portuaria participará, como cierre, en la sesión final del evento “Cruise Industry Growth-Impact in the Markets and Destinations”.