Archive | noviembre 4, 2016

Ópera ‘Los pescadores de perlas’ Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá, o vindeiro venres, 11 de novembro, ás 20.30 h, a versión concerto da ópera de G. Bizet, Los pescadores de perlas, dentro da iniciativa «Outono lírico». O concerto estará dirixido por Paul Daniel e interpretado pola Real Filharmonía de Galicia. As entradas están xa dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: na web de www.ataquilla.com ou mediante o teléfono 902 504 500. As persoas que sexan socias da Asociación de amigos de la ópera de Vigo poderán gozar dun 20 % de desconto no prezo das entradas.

Cursos de cociña Afundación Vigo

Afundación acolle, a partir do luns 7 de novembro, na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26), un variado programa de cursos de cociña: «Cociña para principiantes II», «Cociña para familias: cocina co teu mellor pinche», «Hoxe cociño eu: Especial celebracións de novembro!» e «Cociña o arroz nos fogóns. Receitas ao teu alcance», son os nomes dos 4 obradoiros ofertados para este mes. As inscricións poden realizarse a través das canles habituais de comercialización de Afundación, en Ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.

 

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE CLAUSURA O CICLO DE TALLERES CONMEMORATIVOS DO 20 ANIVERSARIO DO SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO

  • No marco deste evento celebráronse diversos talleres en Santiago, Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense e nel participaron técnicos de xuventude, responsables e membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas non asociados/as, informadores xuvenís e a interesados/as en xeral
  • O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo “Erasmus+: Xuventude en Acción” e ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas
  • En Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 17 concellos e 54 entidades sen ánimo de lucro e nas dúas primeiras quendas do 2016 foron aprobados na comunidade un total de 11 proxectos

Ourense, 4 de novembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou hoxe no Espazo Xove de Ourense o ciclo de talleres de asesoramento e difusión do Servizo Voluntario Europeo “20 anos construíndo SVE”.

Trátase dunha iniciativa que organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coa Axencia Nacional do programa “Erasmus+: Xuventude en Acción”, con motivo da celebración do 20 aniversario do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Seguindo unha metodoloxía activa e participativa pretendeuse informar, promocionar e difundir o SVE en particular e o programa “Erasmus+: Xuventude en Acción” en xeral, informar e asesorar aos mozos/as e responsables de entidades sobre o programa, difundir os resultados e boas prácticas dos proxectos realizados e coñecer as experiencias de mozos e mozas participantes no SVE.

Os talleres descorreron en cinco xornadas en horario de 10:00 a 13:00 horas do 25 ao 28 de outubro en Santiago, Vigo, Lugo e A Coruña, respectivamente, e o 4 de novembro en Ourense.

Esta actividade tivo como destinatarios a técnicos de xuventude, responsables e membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas non asociados/as, informadores xuvenís e a interesados/as en xeral no programa “Erasmus: Xuventude en Acción”.

O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo “Erasmus+: Xuventude en Acción”, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas.  Creado no 1996 pola Comisión Europea como programa piloto, permitiu a máis de 100.000 mozos e mozas realizar o seu proxecto de voluntariado, tanto en Europa como fóra dela.

Cecilia Vázquez sinalou que “o Servizo Voluntario Europeo ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas”.

Esta acción do programa “Erasmus+: Xuventude en Acción” ofrece aos mozos e mozas de entre 17 e 30 anos a oportunidade de contribuír nas tarefas diarias das organizacións que traballan no ámbito da xuventude, do desenvolvemento persoal e socioeducativo dos mozos e mozas, da implicación civil,  da asistencia social, da inclusión dos desfavorecidos, do medio ambiente ou dos programas de educación non formal, entre outros.

Neste ano 2016 conmemóranse os 20 anos do Servizo Voluntario Europeo e para a celebración do seu vixésimo aniversario o programa lanzou a campaña <<SVE 20>> co obxectivo de fomentar o acceso de todos os mozos e mozas ao Servizo Voluntario Europeo, atraer a novas entidades cara o programa Erasmus+ e invitar ás entidades acreditadas actualmente a que ofrezan máis oportunidades de voluntariado. Con motivo deste vixésimo aniversario realizaranse diversos eventos e actividades en toda Europa.

Vázquez recordou que o período de duración do Servizo Voluntario Europeo será de entre 2 e 12 meses. Non obstante, o programa prevé unha duración de entre 2 semanas e 12 meses no caso de mozos e mozas con menos oportunidades (dificultades xeográficas, educativas, sociais, familiares,…) ou con algún grao de discapacidade.

Este voluntariado realízase normalmente de forma individual. Así mesmo, o programa recolle a posibilidade de realización dun SVE de grupo no que participen polo menos 10 voluntarios e voluntarias, e tamén eventos a gran escala europea cun mínimo de 30.

Ao abeiro do novo programa Erasmus+, poden participar nos proxectos non só entidades sen ánimo de lucro e organismos públicos locais, senón tamén os organismos públicos rexionais e nacionais e as empresas con responsabilidade social cooperativa.

Cecilia Vázquez manifestou que actualmente en Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 17 concellos e  54 entidades sen ánimo de lucro e que nas dúas primeiras quendas do 2016 foron aprobados en Galicia un total de 11 proxectos cun orzamento de 151.669,81 euros, nos que participaron 26 persoas.

A XUNTA DE GALICIA ENTREGA OS DIPLOMAS AOS MOZOS E MOZAS DE VERÍN QUE PARTICIPARON NO PROGRAMA “DESEÑANDO O TEU FUTURO”

Un total de 20 rapaces e rapazas aproximáronse ao mundo laboral con estadías – visitas en 15 entidades e empresas desta comarca ourensáimg_6020

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou esta mañá na entrega dos diplomas aos participantes neste proxecto, que foi promovido polo Centro  de Desenvolvemento Rural Portas Abertas (Vilardevós) e que contou cunha achega de 3.200 euros por parte da Administración autonómica
  • A finalidade das iniciativas que se desenvolven ao abeiro de “Deseñando o teu futuro” é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisións do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional
  • No marco deste programa no 2106 se financian en Galicia 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitan que un total de 351 rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos realicen estadías – visitas en empresas

Verín (Ourense), 4 de novembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou esta mañá no IES García Barbón de Verín, na entrega dos diplomas acreditativos aos 20 mozos e mozas participantes no proxecto “Elixindo o meu futuro”. Esta iniciativa estivo promovida polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas (Vilardevós) e contou cunha axuda de 3.200 euros no marco do programa “Deseñando o teu futuro”, da Consellería de Política Social.

“Elixindo o meu futuro” contou, ademais, coa colaboración de tres centros de ensino sitos no concello de Verín: Colexio Apostólico Mercedario, IES Xesús Taboada Chivite e o IES García Barbón. O grupo de rapaces e rapazas que hoxe recibiron o seu diploma acreditativo realizaron as súas estadías – visitas en distintas entidades da comarca: Farmacia Santamarina; Martínez Multimarca; Parafarmacia Farmarosa; Asubío Tenda; Cafetería Oasis; Agrícola Maraner, S.L.; Gardería Daelcarma, S.L.; Escola infantil Pinocho; Vipeca, obras e servizos; Veterinaria San Roque;  O&M Xestión de Verín, S.L.; Eurotenda Verín; Ordenadores Verín, S.C, Bicicletas Verín. Así mesmo, os participantes puideron facer estadías titorizadas en tres departamentos do Concello de Verín: Ludoteca, Administración e Gabinete de Prensa.

O programa “Deseñando o teu futuro” é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias – visitas en distintos sectores das empresas.  No caso do proxecto promovido polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas os 20  mozos e mozas  participantes realizaron estancias visitas de 10 días de duración cunha xornada diaria de catro horas.

Un total de 13 proxectos con 351 participantes

A responsable do departamento autonómico de Xuventude, Participación e Voluntariado sinalou que no marco deste programa no 2016 se financian 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías – visitas en empresas. Esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Cecilia Vázquez sinalou que “coa participación no programa Deseñando o teu futuro o mozo e moza reforza a súa autoestima, o empodera e o motiva para avanzar no seu itinerario; ademais de ofrecerlle alternativas para aprender, fomentar o seu autocoñecemento e de motivalo para continuar da súa formación e actualización de competencias”. Nesta liña, a responsable das políticas dirixidas ao colectivo xuvenil da Xunta de Galicia engadiu que este programa “estimula a implicación da mocidade, impulsa a toma de decisións, os niveis de autonomía, a capacidade de dirixir por si mesmos o seu proceso persoal e xera expectativas de avance”.

As estadías – visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 30. A cantidade subvencionable a cada entidade e concello se calcula a razón de 6 euros por participante día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza; e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías – visitas.

ABANCA intensifica o seu compromiso co mar e traballa nunha oferta adaptada ás confrarías do sur da Coruña

  • A entidade financeira renova en Santiago os convenios de colaboración que a unen ás principais confrarías das comarcas do Barbanza, Muros-Noia, Fisterra e Terra de Soneira
  • Os responsables destas institucións coñeceron de primeira man o catálogo de produtos que o banco adaptou ás súas peticións e necesidades
  • A entidade redobra a súa aposta polo primario unhas semanas despois de presentar en Conxemar a súa nova división ABANCA Mar
20161104-abanca-convenio-cofradias-santiago
O director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro (cuarto pola esquerda) e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (cuarto pola dereita), xunto aos representantes das confrarías.

04-11-2016

ABANCA segue avanzando no seu compromiso estratéxico co mundo do mar e firmou un convenio de colaboración con 16 confrarías do sur da provincia da Coruña. Un texto que permite propoñer solucións ás súas demandas e senta as bases para coñecer as preocupacións deste colectivo. A firma tivo lugar en Santiago e enmarcouse dentro dunha xornada de traballo informal cos principais representantes destas organizacións.

Na rúbrica participaron por parte da entidade o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; e os directores de zona de ABANCA Jesús Soto e José Antonio Seoane. Asistiron tamén diversos directores de oficina, así como xestores peme do banco.

Por parte das confrarías tomaron partido Dolores Bermúdez (patroa maior da Confraría de Camariñas), José Manuel Martínez (patrón maior da Confraría de Fisterra), José Mariano Lago (patrón maior da Confraría de Lira), Manuel Daniel Formoso (patrón maior da Confraría de Muros), Carmen Formoso (patroa maior da Confraría do Pindo), Áurea Domínguez (secretaria da Confraría de Corcubión), Manuel Avelino Freire (secretario da Confraría de Noia), Miguel Antonio Franco (patrón maior da Confraría de Palmeira), Juan Miguel Iglesias (patrón maior da Confraría de A Pobra), Tomás Fajardo (patrón maior da Confraría de Porto do Son), Iván Carreño (patrón maior da Confraría de Portosín), Miguel Ángel Iglesias (patrón maior da Confraría de Rianxo), José Antonio Pérez (patrón maior da Confraría de Ribeira), José Antonio Santamaría (patrón maior da Confraría de Aguiño), María Susana Silva (vice patroa maior da Confraría de Cabo de Cruz) e José Juan Bermúdez (patrón maior da Confraría de Camelle).

O sector pesqueiro, no centro da estratexia

ABANCA ofrece aos confrades destas 16 entidades o seu catálogo sectorial de crédito. Un texto repleto de alternativas especialmente pensado para afrontar con garantías tanto as necesidades máis perentorias, como planificar os retos do futuro.

No convenio firmado inclúese unha póliza de crédito a cinco anos e sen comisións pensada para facer fronte aos períodos de caída de ingresos. Ademais, o catálogo contempla desde préstamos persoais sen xuros ou comisiones para aprazar o pago de impostos ou subvenciones ou liñas de desconto ata leasing mobiliario, avais ou liñas de comercio exterior. Os membros das confrarías tamén poderán acceder aos plans de financiamento con apoio institucional, como o Plan Activamos firmado por ABANCA coa Deputación da Coruña, os programas oficiais de crédito do Igape ou do ICO ou o financiamento a través de Afigal.

A firma en Santiago con estas 16 entidades segue a estela do acordo rubricado hai unhas semanas coas confrarías do sur de Galicia e que nos próximos días se seguirá ampliando con outras organizacións da comunidade. Non en balde, este sector é un dos máis relevantes da economía produtiva da comunidade e ABANCA respondeu ante situacións extraordinarias que padeceron no pasado como episodios de mareas vermellas ou mortaldade da ameixa.

Este acordo con vocación sectorial encaixa coa estratexia que nos últimos meses desenvolveu ABANCA. Non en balde, a entidade financeira presentou na última edición de Conxemar a súa nova división especificamente encamiñada a dar respostas ás necesidades dos profesionais deste sector: ABANCA Mar. Unha proposta que inclúe tanto un completo catálogo de produtos e servizos adaptado ás necesidades deste colectivo, como profesionais con formación específica.

LOS CONTRASTES Y PARADOJAS DE LA VENEZUELA DEL SIGLO XX DESDE EL OBJETIVO DE ALFREDO CORTINA

unnamedLa colección PHotoBolsillo rescata la figura y la obra de uno de los más importantes fotógrafos latinoamericanos del siglo XX, Alfredo Cortina 

Certero testigo de su época, Cortina presenta sin artificios dos Venezuelas completamente opuestas: la de las ciudades y poblados más miserables frente a la de las élites europeizadas y rodeadas de lujo

A pesar de la calidad de su trabajo, durante su vida Cortina jamás expuso su obra, y ni siquiera habló de su existencia 

Este volumen – editado en colaboración con el Archivo Fotografía Urbana de Venezuela, institución dedicada a la conservación, difusión e investigación de la memoria urbana de Venezuela a través de la fotografía – cuenta con 60 fotografías en blanco y negro y un prólogo del comisario de arte moderno e historiador Ariel Jiménez .  Publicista, libretista de radio y televisión, inventor y fotógrafo de incógnito. Alfredo Cortina (Carabobo, 1903 – Caracas 1988) desarrolló todas esas actividades a lo largo de su vida, pero fue su labor como fotógrafo la más desconocida –de hecho siempre la mantuvo oculta y jamás expuso ninguna de sus fotografías-.

La colección PHotoBolsillo rescata – en colaboración con el Archivo Fotografía Urbana de Venezuela, institución dedicada a la conservación, difusión e investigación de la memoria urbana del país a través de la fotografía – la obra de este fotógrafo que plasma desde una mirada “fría”, que no parece tomar partido, las paradojas y contrastes de la Venezuela del siglo XX.

Xuntanza co BNG

1190380A Executiva Comarcal da CIG-Vigo vén de manter unha reunión durante a mañá de hoxe cos deputados/as eleitos do BNG na provincia de Pontevedra, Luis Bará e Montse Prado, transmitíndolle as principais problemáticas da bisbarra en materia laboral, centrándose, asemade, na grave situación de desemprego, desindustrialización, deslocalizacións, pensións e precarización, alén da situación concreta de sectores como a automoción, naval ou pesca, entre outros.

ACTIVIDADES DE SMARTPEME DO PORRIÑO ESTE MES DE NOVEMBRO

Entre as distintas actividades que desenvolve SmartPeme do Porriño están as sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar durante o mes de novembro na súa sede, no Multicentro Municipal de Torneiros.

O mércores día 2 tivo lugar a de ‘Fotografía de produto: especial sector textil’; o venres , día 4 ás 7 da tarde: ‘Facebook Ads: Publicidade en Facebook’; o martes 8, sempre á mesma hora: ‘Google Analytics: Iniciación á analítica web’; o xoves 17: ‘Diseña sinxelamente imaxes abaraiantes e profesionais con Canva.com’; o luns 21: ‘Cómo utilizar Instagram para promover a túa empresa’, e o luns 28: ‘Imos chamar á porta dos teus clientes. Posicionamento SEO’.

Para asistir os eventos, os interesados poden reservar a súa praza, indicando evento, e data e para isto, ten a súa disposición as seguintes canles: chamar ao teléfono 886 20 20 20, vía email ao enderezo: oporrino.smartpeme@depo.es ou entrando en http://www.smartpeme.depo.es.

A Biblioteca Municipal do Porriño seleccionada polo Ministerio de Cultura coma unha das beneficiarias da Campaña María Moliner

O Servizo de Promoción da Lectura, dependente da Secretaría de Estado de Cultura, do Ministerio de Educación e Cultura, ven de seleccionar á Biblioteca Municipal do Porriño coma beneficiaria da Campaña María Moliner, como recolle a web do ministerio con data 2 de novembro.

Este recoñecemento chega co anuncio da modernización da páxina web da propia biblioteca-www.bibliotecadoporrino.com-, que completa a renovación total da mesma, logo da reforma das súas instalacións físicas.

Desta forma, ademais dos contidos normais que poderiamos atopar na web dunha biblioteca, como información sobre espazos, servizos, actividades, acceso ao catálogo online ou formularios de contacto, a biblioteca porriñesa presenta esta plataforma como un campo base a partir do cal establecer novas relacións cos seus usuarios.

Experimentación, innovación, comunicación e participación, son as ideas a partir das cales no Porriño xa se están a desenvolver servizos vangardistas no ámbito das bibliotecas. Por exemplo, os usuarios poderán acceder a un canal en Youtube no que se publican vídeos formativos para o uso do catálogo. Ou consultar nun blog as novidades da biblioteca, ou unha explicación detallada das diferentes actividades que se desenvolven (alfabetización dixital para adultos, grupos de conversa en inglés, clubes de lectura para adultos e nenos, ou diferentes actividades de animación á lectura). Tamén é posible ter información sobre o préstamo de libros electrónicos, ou como usar a biblioteca como pasarela para acceder a enciclopedias online. E todo elo dende unha páxina totalmente adaptada aos dispositivos móbiles.

Unha das maiores novidades é no tocante á recomendación de libros. Conscientes de que os hábitos de vida actuais producen que os usuarios non teñan tanto tempo para “mergullarse” entre os estantes, pódese consultar, dende calquera lugar, dende un ordenador, unha tablet ou do noso móbil, cales son as novidades que están entrando na biblioteca en cada sección (adultos, xuvenil, infantil, películas, cómics…), a través das súas portadas, que a biblioteca publica e actualiza constantemente en taboleiros da popular rede social Pinterest.

Do mesmo xeito, irá publicando en Pinterest seleccións de libros por diferentes temáticas, para aqueles que non teñan moi claro qué ler. Porque ante a avalancha de novas publicacións e a presión do mercado editorial, a biblioteca do Porriño quere traballar no campo das recomendacións, tendo claro que cada lector ten o seu libro, e cada libro o seu lector.

Desta forma, na páxina web tamén atoparemos recomendacións dos propios usuarios, a través de fotografías publicadas na rede social Instagram. Ademais, a curto prazo, abrirase un portal en Facebook dende o que a biblioteca pretenderá comunicar, difundir e dinamizar aínda máis o mundo do libro e a lectura na comunidade porriñesa.

Para presentar publicamente esta nova plataforma de servizos en internet, atoparemos publicada na páxina unha videopresentación da alcaldesa, Eva García de la Torre. Tamén unha ruta literaria do libro “Recuerdos porriñeses”, publicado polo porriñés Leandro Diz en 1956. Trátase dun mapa interactivo en Google Maps con marcadores e fotografías xeolocalizadas en diferentes puntos do concello, seguindo as descricións que o seu autor fixera hai sesenta anos. Con esta ruta, a premiada biblioteca do Porriño pretende facilitar a reflexión sobre a evolución cultural, social e paisaxística da súa comunidade, ao mesmo tempo que facer unha homenaxe aos seus escritores locais. Todo un exemplo de como a tradición e a innovación, os libros físicos e o mundo dixital, poden darse a man nunha biblioteca pública.

O CONSELLEIRO DE FACENDA SUBLIÑA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO COS EMPRESARIOS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE

  • O conselleiro de Facenda en funci—ns, Valeriano Mart’nez, clausurar‡ a xornada Los caminos de la Competitividad, organizada pola Asociaci—n para el Progreso de la Direcci—n (APD).

    O conselleiro de Facenda en funci—ns, Valeriano Mart’nez, clausurar‡ a xornada Los caminos de la Competitividad, organizada pola Asociaci—n para el Progreso de la Direcci—n (APD).

    Valeriano Martínez clausurou a xornada ‘Los caminos de la competitividad’, organizada por APD

  • Sinalou que a Xunta xa puxo en marcha diversas medidas para que as empresas galegas poidan acadar con éxito a súa competitividade e mantela
  • Destacou a redución de impostos, a supresión de burocracia ou o fomento da innovación e a internacionalización
  • A xornada foi inaugurada polo director do Igape, Javier Aguilera

Santiago, 3 de novembro de 2016.- O conselleiro de Facenda en funcións, Valeriano Martínez, subliñou hoxe o compromiso que ten o Goberno galego cos empresarios, emprendedores e autónomos para lograr con éxito o camiño da competitividade. O titular de Facenda, que clausurou a xornada ‘Los caminos de la competitividad’,  organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), explicou que aínda que a competitividade teñen que gañala as propias empresas “nós, como Goberno, temos a obriga de axudar e estamos a facelo desde varios puntos de vista”.

Neste sentido, destacou algunhas das medidas postas en marcha pola Xunta para que as empresas galegas poidan acadar con éxito a súa competitividade e poidan mantela. Así, lembrou que o Executivo autonómico achega estabilidade e elimina burocracia co fin de suprimir barreiras e impulsar a posta en marcha de proxectos.

Fixo alusión tamén a redución de impostos e ao fomento do financiamento para as empresas e os emprendedores “porque estamos convencidos de que menos cargas supoñen máis posibilidades de ser competitivos”, sinalou. Neste sentido explicou ademais, que a Xunta facilitou a transmisión interxeracional de empresas a máis de 6.200 contribuíntes dende 2010 e aplicou una redución fiscal que xerou un aforro de máis de 72 millóns de euros.

Valeriano Martínez destacou que o Goberno galego cumpre coas súas obrigas e paga con axilidade para achegar liquidez aos provedores, ao tempo que aposta por unha estratexia e unha planificación económica “porque se queremos volver á prosperidade precrise e manter a competitividade no futuro, necesitamos unha estratexia a medio e longo prazo”, apuntou.

Durante a súa intervención, o conselleiro tamén puxo en valor os incentivos á contratación, a aposta pola internacionalización para incrementar os mercados, o reforzo da innovación para competir en mellores condicións e a venda de solo industrial máis barato. Todo isto para que, segundo explicou, os empresarios, emprendedores e autónomos “teñan en nós un cómplice e un aliado para transitar con éxito cara ese camiño da competitividade”, concluíu.

Apertura da xornada

Pola súa parte, o director do Igape, Javier Aguilera, que participou previamente na apertura da xornada, destacou que o obxectivo do Goberno autonómico é procurar que as empresas gañen en competitividade, polo que animou ao tecido empresarial galego a seguir traballando para detectar tendencias de cambio, interpretar como poden afectar ás súas empresas e anticiparse para así obrar en consecuencia.

Aguilera salientou os avances acadados co desenvolvemento da Axenda da Competitividade de Galicia-Industria 4.0, mediante aportacións como os plans de sistemas sectoriais para coñecer a realidade tecnolóxica das empresas e apoialas nos seus procesos de dixitalización e conectividade, ou a través de xornadas técnicas como a organizada hoxe.

A Xunta tamén ten activado este ano programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste, para asegurar que as pemes conten cos apoios que precisen, adecuados aos seus proxectos para investir, crear emprego ou localizar negocio en novos mercados exteriores. Nesta mesma liña, ademais de préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bancarios bonificados ou avalados polo Igape, as pemes galegas poden dispoñer de liñas de axuda para cubrir ata o 35% de investimentos, a partir de 50.000 euros.