A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO CONVOCA UN FORO ABERTO PARA PREPARAR O PROGRAMA INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE 2017

  • O evento dá continuidade ás xornadas homónimas que tiveron lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío o pasado mes de maio
  • Está dirixido a calquera persoa ou entidade vinculada ao ámbito do tempo libre en Galicia
  • Terá lugar o vindeiro 19 de novembro na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela)

Santiago, 7 de novembro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de convocar a todas as persoas e axentes interesados a participaren no Foro Preparatorio do programa Interactuando no Tempo Libre 2017, que terá lugar o 19 de novembro nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela.

O foro ten como obxectivo dar continuidade ás xornadas “Interactuando no Tempo Libre” e traballar por asegurar a súa estabilidade como espazo de referencia e encontro entre a diversidade de axentes activos no sector da educación no tempo libre e da xuventude en Galicia.

Alén diso, pretende explorar temáticas, desafíos e dilemas da educación no tempo libre, desenvolver propostas construtivas compartidas, explorar modelos de co-organización participativos, identificar as necesidades estratéxicas do sector e poñer as bases para unha transformación positiva.

A xornada desenvolverase a partir das 10,30 horas, coa apertura do foro. Durante a sesión matutina haberá dinámicas en plenario e en pequenos grupos para poñer en común perspectivas, ideas e identificación das necesidades do sector. Xa pola tarde, os grupos de traballo desenvolverán propostas factibles, inmediatas, estratéxicas e a longo prazo. A xornada rematará coa presentación en plenario das conclusións e propostas construtivas.

O foro está dirixido a monitores/as e directores/as de actividades de tempo libre, técnicos/as de xuventude e dinamizadores/as xuvenís, profesionais do ámbito (animadores/as socioculturais, educadores/as sociais, pedagogos/as, dinamizadores/as de actividades de tempo libre) e membros de asociacións xuvenís ou grupos informais que realicen actividades de tempo libre e voluntariado. As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web da dirección xeral ata o día anterior á realización do foro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: