Archive | noviembre 8, 2016

A XUNTA DE GALICIA ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE PARENTALIDADE POSITIVA DESTINADAS A PROFESIONAIS E TÉCNICOS DOS SERVIZOS SOCIAIS, DA EDUCACION E ÁS FAMILIAS

A Consellería de Política Social impulsa estes encontros atendendo ás recomendacións da Unión Europea

  • Os encontros contan coa colaboración das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, e se desenvolveran nas sete grandes cidades de Galicia en distintos días entre o 29 de novembro e o 15 de decembro

Santiago, 7 de novembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, organiza as xornadas “Parentalidade positiva, o mellor legado para os fillos e fillas”, en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo. Estes encontros, dirixidos a técnicos e profesionais tanto dos servizos sociais como da educación, así como ás familias en xeral, desenvolveranse nas sete grandes cidades de Galicia en distintos días entre o 29 de novembro e 15 de decembro; e nas mesmas abordarase o beneficio que a práctica da parentalidade positiva pode ofrecerlle ás familias, especialmente aos fillos e fillas.

A organización destas xornadas responde á evolución que experimentou a sociedade e, dentro dela a familia, que obriga aos proxenitores a desempeñar o seu rol parental dunha maneira diferente ao que era tradicional, tanto na asunción de responsabilidades e na organización dos tempos como na práctica de estilos parentais. Así, os proxenitores, ademais de xestionar o seu tempo (persoal, laboral e social) sen desatender aos seus fillos e fillas, deben levar a cabo unha atención parental eficaz e positiva, o que require que coñezan e practiquen métodos e estratexias educativas adecuadas adaptadas ás necesidades dos seus fillos e fillas.

Neste sentido, estas xornadas enmárcanse nas recomendacións do Consello de Europa que insta a poñer en marcha accións de apoio para o exercicio positivo da parentalidade, definida como o comportamento dos pais fundamentado no interese superior do neno, que coida, desenvolve as súas capacidades, non é violento e ofrece recoñecemento e orientación que inclúen o establecemento de límites que permitan o pleno desenvolvemento do neno. Así mesmo, insístese na necesidade de que ambos proxenitores asuman de modo compartido a responsabilidade sobre os seus fillos.

A asistencia ás xornadas é gratuíta, aínda que para unha mellor organización destas e por cuestións de aforamento, é desexable que os interesados en asistir se inscriban nesta ligazon: http://www.parentalidadpositiva.com /inscricion, especialmente aqueles que desexen contar cun certificado de asistencia. As datas e lugares de celebración son as seguintes:

DATA 2016 HORA LUGAR
29 Novembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo (Complexo docente do campus de Lugo, s/n, 27002, Lugo)
30 Novembro 16,30 Salón de Actos da Escola Enxeñería Forestal de Pontevedra (Campus a Xunqueira, s/n – 36005 Pontevedra)
1 Decembro 16,30 Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Areal, 46,  36201 – Vigo)
12 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de fisioterapia de A Coruña (Campus de Oza, s/n. 15006 A Coruña)
13 Decembro 16,30 Salón de Actos do Campus de Ferrol (Campus de Esteiro, 15403 Ferrol)
14 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de Relacións Laborais de Santiago (Campus Vida, Avenida Dr. Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela)
15 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Ourense (Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004 Ourense).

Mesa redonda “Nuestra Conchita”

MESA REDONDA “NUESTRA CONCHITA”,ORGANIZADA POR ASPNAIS

O XOVES, ÁS 20:00 EN ABANCA
20161107-homenaxe-conchita
Lugo, 07 de novembro de 2016. O próximo xoves, día dez, no salón de actos de
Abanca, vaise celebrar a mesa redonda NUESTRA CONCHITA, en homenaxe a
Conchita Teijeiro, presidenta de honra perpetua da Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual (ASPNAIS).
Esta Mesa está organizada por ASPNAIS dentro dos actos do Cincuentenario da
entidade, que se vestán a celebrar durante todo este ano.
Van intervir o Presidente de ASPNAIS, José Reigosa García; o xornalista Francisco Rivera Cela; a escritora Marina Cillero Rodríguez; a secretaria de Aspnais, Carmela González Lagarón; e o médico Bernardino Pardo Teijeiro, Vicepresidente de Aspnais e fillo da homenaxeada. Coordinara a Mesa redonda o xornalista Xulio Xiz.
O acto é público e invítase especialmente a todos os simpatizantes de ASPNAIS e aos innumerables amigos de Conchita Teijeiro.