Archive | noviembre 9, 2016

‘Milagro en casa de los López’ en Afundación Vigo

O 18 de novembro Milagro en casa de los López chega aos escenarios do Teatro Afundación na cidade de Vigo como parte da oferta prevista para esta tempada. Manuel Gancedo achega o público á mansión dos López, un aburrido matrimonio que decide introducir cambios na súa vida co aloxamento dunha hóspede. A función, que é unha adaptación dun texto de Miguel Mihura, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo, situado na rúa Policarpo Sanz, 13. As entradas poderán adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: enataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500. 

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES “XUNTOS POLO NADAL”

  • Trátase dunha experiencia de voluntariado que permite que persoas voluntarias colaboren na programación especial de Nadal nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño
  • O resultado desta experiencia interxeracional é moi positivo e enriquecedor, tanto para as persoas maiores como para as persoas voluntarias que, co seu tempo e dedicación, contribúen a mellorar o benestar dos usuarios destas residencias

Santiago, 8 de novembro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de abrir desde o pasado día 2 de novembro e ata o día 30 incluído o prazo para inscribirse no programa Xuntos polo Nadal, unha experiencia de voluntariado destinada ao acompañamento daquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas e que queiran pasar esas datas en compañía.

Dita iniciativa permitirá que persoas voluntarias colaboren na programación especial de Nadal nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño levando a cabo labores que consistirán en  proporcionar apoio e acompañamento ás persoas maiores e colaborar na organización de actividades lúdicas e de animación sociocultural  que terán lugar  en ambas residencias desde o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro de 2016.

Os voluntarios e voluntarias que participen nesta iniciativa estarán cubertos por unha póliza de seguros de accidentes de responsabilidade civil subscrita pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Así mesmo e, ao finalizar dito programa de acción voluntaria, a mesma Dirección Xeral expedirá ás persoas voluntarias que participaron no mesmo, un certificado acreditativo da súa experiencia voluntaria onde conste a labor realizada e as tarefas desenvolvidas polas mesmas.

Nos últimos anos, teñen participado máis de trinta persoas voluntarias no programa, todas elas con idades comprendidas entre os 18 e os 50 anos. O resultado desta experiencia interxeracional é moi positivo e enriquecedor, tanto para as persoas maiores como para as persoas voluntarias que, co seu tempo e dedicación, contribúen a mellorar o benestar dos maiores.

As persoas interesadas en participar de xeito voluntario en dito programa poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=244

Nothern Soul, longametraxe sobre o movemento soul dos setenta en Reino Unido, próxima cita do ciclo Cine e Lingua

Northern SoulVigo, 8 de novembro de 2016.- Nothern Soul é a próxima cita do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, Let´s go to the flicks, que ofrece películas en versión orixinal subtituladas. Nesta ocasión, trátase dunha longametraxe ambientada nos anos setenta en Reino Unido. Conta a vida de dous adolescentes, Matt e John, ante o descubrimento da música soul americana e como esta cambia as súas vidas. O movemento Nothern Soul tivo lugar no norte de Reino Unido e estivo influenciado polo son Motown, selo discográfico que aglutinaba a música negra.

A cinta foi elixida para ser proxectada na sección City to City do Festival de Cine de Toronto.

A película está interpretada por Josh Whitehouse, Elliot James Langridge, Antonia Thomas, Steve Coogan (24 Hour Party People e Philomena) e a cantante Lisa Stansfield. A longametraxe está dirixida por Elaine Constantine.

Presentarám a película e moderarán o coloquio posterior os profesores do Centro de Linguas, Keith Payne e Jeff Beasley.

CICLO CINE E LINGUA

Nothern Soul (Elaine Constantine, 2014)

Data:  9 de novembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

OBRADOIROS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL PARA PERSOAS ADULTAS, DENDE ESTE MÉRCORES, DÍA 9, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO

alfabetizacion_dixital_adultosNo marco da Programación Cultural do Porriño o ‘Outono Cultural’, este mércores, día 9, empeza a terceira quenda dos ‘Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas. Nivel iniciación’.  Os mesmos terán lugar, tamén, os días 16, 23 e 30, e seguirán, o 7,14,21 3 28 de decembro, de 10 a 11 da mañá.

O obxectivo destes obradoiros, impartidos por Corona Rodríguez, é a formación no uso das novas tecnoloxías para persoas adultas con reducido coñecemento sobre o uso do ordenador e de Internet, así como con baixo aproveitamento do acceso á información que se pode manexar coas novas tecnoloxías.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na Biblioteca Municipal do Porriño . As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

AGENDA VIERNES11 Y SABADO12 CAFE TEATRO VIGO

VIERNES 11 NOVIEMBRE: Otro Tango,Jorge Foscaldo Al Piano Con Hector Y Sofia Rial
Otro Tango,
es justamente eso… El Tango de otra manera, nutrido con variantes de jazz, blues, latino y otros estilos, pero sin perder la esencia. Un viaje por Buenos Aires a vista de pájaro, una explosión de pasión y una fusión impensable en cada acorde. De la mano del incomparable Maestro JORGE FOSCALDO y con las voces de HÉCTOR y SOFÍA RIAL, llega este nuevo espectáculo… llega esta nueva forma de sentir e interpretar el Tango, con pinceladas djavi-merono2016-faccee otros géneros; en un paseo desde, y hacia el corazón.

 hetor-jorgefoscado-2016-verano-facce
a partir  de las 22:30 h, aportación 7,
reservas 670517090en Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo. Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo.