A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES “XUNTOS POLO NADAL”

  • Trátase dunha experiencia de voluntariado que permite que persoas voluntarias colaboren na programación especial de Nadal nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño
  • O resultado desta experiencia interxeracional é moi positivo e enriquecedor, tanto para as persoas maiores como para as persoas voluntarias que, co seu tempo e dedicación, contribúen a mellorar o benestar dos usuarios destas residencias

Santiago, 8 de novembro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de abrir desde o pasado día 2 de novembro e ata o día 30 incluído o prazo para inscribirse no programa Xuntos polo Nadal, unha experiencia de voluntariado destinada ao acompañamento daquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas e que queiran pasar esas datas en compañía.

Dita iniciativa permitirá que persoas voluntarias colaboren na programación especial de Nadal nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño levando a cabo labores que consistirán en  proporcionar apoio e acompañamento ás persoas maiores e colaborar na organización de actividades lúdicas e de animación sociocultural  que terán lugar  en ambas residencias desde o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro de 2016.

Os voluntarios e voluntarias que participen nesta iniciativa estarán cubertos por unha póliza de seguros de accidentes de responsabilidade civil subscrita pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Así mesmo e, ao finalizar dito programa de acción voluntaria, a mesma Dirección Xeral expedirá ás persoas voluntarias que participaron no mesmo, un certificado acreditativo da súa experiencia voluntaria onde conste a labor realizada e as tarefas desenvolvidas polas mesmas.

Nos últimos anos, teñen participado máis de trinta persoas voluntarias no programa, todas elas con idades comprendidas entre os 18 e os 50 anos. O resultado desta experiencia interxeracional é moi positivo e enriquecedor, tanto para as persoas maiores como para as persoas voluntarias que, co seu tempo e dedicación, contribúen a mellorar o benestar dos maiores.

As persoas interesadas en participar de xeito voluntario en dito programa poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=244

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: