Nothern Soul, longametraxe sobre o movemento soul dos setenta en Reino Unido, próxima cita do ciclo Cine e Lingua

Northern SoulVigo, 8 de novembro de 2016.- Nothern Soul é a próxima cita do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, Let´s go to the flicks, que ofrece películas en versión orixinal subtituladas. Nesta ocasión, trátase dunha longametraxe ambientada nos anos setenta en Reino Unido. Conta a vida de dous adolescentes, Matt e John, ante o descubrimento da música soul americana e como esta cambia as súas vidas. O movemento Nothern Soul tivo lugar no norte de Reino Unido e estivo influenciado polo son Motown, selo discográfico que aglutinaba a música negra.

A cinta foi elixida para ser proxectada na sección City to City do Festival de Cine de Toronto.

A película está interpretada por Josh Whitehouse, Elliot James Langridge, Antonia Thomas, Steve Coogan (24 Hour Party People e Philomena) e a cantante Lisa Stansfield. A longametraxe está dirixida por Elaine Constantine.

Presentarám a película e moderarán o coloquio posterior os profesores do Centro de Linguas, Keith Payne e Jeff Beasley.

CICLO CINE E LINGUA

Nothern Soul (Elaine Constantine, 2014)

Data:  9 de novembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: