Archive | noviembre 10, 2016

Presentación da Revista Galega de Teatro xoves 17 de novembro

UntitledA Revista Galega de Teatro convértese en erregueté

O acto terá lugar o xoves 17 de novembro ás 20.30 horas

na Sala Ártika de Vigo

A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 87 e faino estreando deseño, nome e equipo. O acto de presentación do novo número terá lugar o xoves 17 de novembro ás 20.30 horas na Sala Ártika de Vigo.

O evento contará coa intervención do novo equipo de dirección, formado por Vanesa Sotelo (Directora), Manuel Xestoso (Subdirector) e Roberto Pascual (Secretario), xunto coa presenza de Antón Lamapereira, Presidente do Consello Editorial da publicación, e do Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal. A creadora María Roja completa o programa da presentación coa intervención Facerse a morta no medio do corredor. Ao finalizar, servirase un viño para brindar pola ocasión acompañado por unha actuación musical sorpresa.

A Revista Galega de Teatro estrea equipo, deseño e nome sen renunciar á esencia dun proxecto que naceu hai máis de trinta anos. Así, a RGT transformada en erregueté mantén as súas seccións habituais recuperando a sección de Banda Deseñada con “A Pataca Quente de Rubina Kenéve” e incorporando un novo espazo de creación baixo o nome de “Ruxerruxe”. Dedicado á Dramaturxia Galega, entre os contidos destacados deste número 87 atópanse a entrevista co director teatral Oskaras Korsunovas e a edición en galego de A obediencia da muller do pastor, de Sergio Martínez Vila, gañador do XL Premi Born de Teatre.

A RGT é unha publicación trimestral dedicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas.

MÁIS DE 70 PROXECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS PARTICIPAN NA FASE FINAL DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2016

  • Ao longo do mes de novembro e decembro coñeceranse aos gañadores nas especialidades de graffiti, cociña, deseño de xoias ou teatro entre outras
  • Esta edición contou coa participación de máis de 300 mozos e mozas que presentaron preto de 250 proxectos
  • O obxectivo deste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é fomentar a creatividade xuvenil, ao tempo que permite á mocidade manifestar as súas inquedanzas

Santiago, 10 de novembro de 2016.- O programa Xuventude Crea 2016, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, chega á súa fase final cun total de 70 proxectos nas especialidades de graffiti, cociña, deseño de xoias, teatro, música, moda, artes plásticas e fotografía. Ao longo do mes de novembro e decembro terán lugar as finais de cada campo, na que os concorrentes poden obter premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros.

Así o sábado 12 de novembro as pistas polideportivas cubertas sitas na Avenida do Carregal no Concello de Betanzos acollerán de 10,30 a 17,30 horas a realización en directo dos 9 proxectos finalistas da especialidade de graffiti.

A final da especialidade de cociña terá lugar o luns 14 de novembro nas instalacións do albergue xuvenil As Sinas no Concello de Vilanova de Arousa. Serán cinco os mozos e mozas finalistas que de 17,00 a 19,00 horas realizarán en directo as receitas presentadas.

Na especialidade de deseño de xoias, a Fundación Eugenio Granell (Santiago) acollerá do 15 ao 27 de novembro a exposición dos dez proxectos finalistas. A  exposición inaugurarase o vindeiro martes 15 de novembro ás 19,30 horas e estará aberta ao público de martes a venres en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas e os sábados de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas.

Do 16 ao 18 de novembro na Casa da Cultura de Serra de Outes terá lugar a fase final da especialidade de teatro. Serán cinco as representacións teatrais; o mércores e xoves serán dúas obras por día: ás 17,00 horas e ás 20,30 horas, e a última o venres ás 20,30 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Así mesmo, o venres 18 de novembro tamén se celebrará a fase final de música. Os seis proxectos finalistas tocarán en directo as dúas cancións presentadas ao programa. Será na discoteca Factory Room, sita no Concello de Melide a partir das doce da noite.

Na especialidade de moda, os seis mozos e mozas finalistas exporán as súas coleccións no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia do 22 de novembro ao 4 de decembro. A inauguración da exposición será o martes 22 de novembro ás 17,30 horas.

Finalmente, a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela acollerá do 23 de novembro ao 22 de decembro a exposición conxunta dos proxectos finalistas das especialidades de  artes plásticas e de fotografía. Na categoría de artes plásticas serán catorce os proxectos finalistas: tres de escultura e once de pintura. E na especialidade de fotografía son quince os traballos finalistas. A exposición será inaugurada o próximo 22 de novembro ás 12,30 horas e estará aberta ao público de luns a sábado de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,30 horas. A entrada será de balde.

O programa Xuventude Crea ten como obxectivo fundamental fomentar a creatividade xuvenil, ao tempo que permite á mocidade manifestar as súas inquedanzas artísticas e culturais.  Na edición do 2016 do programa Xuventude Crea  presentáronse un total de 241 proxectos individuais e en grupo, para as doce especialidades do certame: as oito sinaladas que contan cunha fase final, mais banda deseñada, relato breve, poesía e videocreación. Participan máis de 300 mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

INTERNOS DO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO, PARTICIPANTES NA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2014-2020, VISITAN O CENTRO DE DÍA DE MELIDE E INTERCAMBIAN EXPERIENCIAS COS MAIORES

  • foto-visita-internos-teixeiroA saída forma parte das actividades de preparación para a liberdade do “Programa Nelson Mandela”, que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social

Melide (A Coruña), 10 de novembro de 2016.- Un grupo de 8 internos do centro penitenciario de Teixeiro, na Coruña, que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 a través do equipo de Inclusión, que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xestiona nesa prisión, realizaron onte unha saída programada ao Centro de Día de Melide, incluído tamén na rede autonómica de centros de maiores do propio Consorcio da Consellería de Política Social.

A visita, que tivo 5 horas de duración, é unha das actividades contidas no “Programa Nelson Mandela”, deseñado polo Consorcio para preparar para a liberdade aos reclusos adscritos ao módulo 1 de Teixeiro, que é un módulo de respecto e educativo, baseado nos principios de autoxestión e nos itinerarios personalizados de inserción socio-laboral.

Nesta ocasión, os internos ensinaron aos usuarios do centro de día de Melide como elaborar cestas con papel reciclado, entregáronlles traballos realizados por eles nos obradoiros ocupacionais do centro penitenciario e, por suposto, intercambiaron experiencias.

Esta actuación tiña como finalidade fomentar alternativas de ocio diferentes, así como promover a convivencia normalizada entre os internos e a sociedade -neste caso cos nosos maiores-, ademais de fomentar os valores da solidariedade, o respecto polos demais e as relacións interxeracionais.

O “Programa Nelson Mandela” desenvolve no módulo 1 de Teixeiro outras actividades como a escola de pais, o curso de alfabetización informática, o clube de debate, o curso de alfabetización básica de adultos, o obradoiro da revista “Vis a Vis” (que elaboran periódicamente os internos), os obradoiros ocupacionais, o curso de  competencias persoais, o obradoiro de educación para a saúde, o clube de lectura ou o obradoiro de busca activa de emprego grupal.

Todas esas accións están incluídas nos itinerarios de inserción socio-laboral que os dispositivos técnicos comarcais de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar planifican para as persoas que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020.

SAÚDOS,

COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA S

Clúster da automoción ou clúster da precarización?

Mentiras, precariedade e empobrecemento: a realidade do sector fronte a propaganda oficial, segundo a CIG-Industria2016-11-10-roldaautomocion-vigo-00

Vigo – Vigo – 10 Nov 2016

A Federación de Industria da CIG presentou hoxe en Vigo unha campaña na que pretende desvendar a realidade do sector do automóbil fronte ás mentiras que sementan multinacionais como PSA-Citroën e organismos como o Clúster da Automoción. Un día a día de maior explotación e precariedade baixo a excusa de criterios fabricados á medida das necesidades da patronal, coa continuidade de ETTs e introdución masiva de emprezas de servizos.

Aínda que as cifras macroeconómicas sosteñan que a automoción xa superou a crise, a CIG-Industria denuncia que os traballadores/as do sector malviven con salarios de hai vintecinco anos, ritmos de traballo inhumanos e convenios miserábeis, ao que hai que sumar a incapacidade de conciliar vida laboral e persoal como resultado das últimas reformas laborais.

Durante a comparecencia, que decorreu xunto a delegados da CIG en empresas do sector como Copo Ibérica, Viza, GKN, Alymosa, TRW, Faurecia Interior, Componentes de Vehículos, Plastic Omnium, Borgwarner ou Gestamp, o

Salarios de hai vintecinco anos, ritmos de traballo inhumanos e convenios miserábeis

secretario nacional da federación, Xoán Xosé Bouzas Aboi, debullou diferentes tácticas empresariais das que se vale PSA-Citroën e as auxiliares, coordinados desde o Clúster. “Todo isto durante unha época de crise na que se pretendeu aumentar a produtividade das plantas a custa de atacar os dereitos laborais”, denunciou.

Entre elas, sementar a idea dunha falsa competencia entre empresas -moitas veces do mesmo grupo- para coaccionar o persoal e lograr rebaixar as condicións laborais, cando na realidade “teñen todo planificado previamente”. Tamén a de ameazar con deslocalizacións para lograren vantaxes da administración, tal e como o abaratamento do chan industrial ou cuantiosas subvencións a custa do erario público.

Introdución de empresas de servizos

A respeito da estrutura interna, fragméntase en cada vez máis categorías o persoal, procurando a súa división, e introdúcense empresas de servizos creadas ex-profeso con convenios propios ou estatais inferiores. “Contrátase persoal con salarios menores a 800 euros en condicións neo-escravistas, con convenios miserábeis asinados polas cúpulas do sindicalismo estatal”, afirman. Engaden, ademais, que se chegan a xerar contratos de incluso 30 horas “para expremer o maior posíbel os e as traballadores/as con ritmos de traballo infernais”.

Outros mecanismos de lucro patronal son a creación de “categorías de entrada” con salarios ínfimos, a extensión dos contratos a tempo parcial, o desregulamento horario e semanal, contratación vía ETTs ou mesmo subcontratación a firmas portuguesas con maior precariedade. Situacións que, alí onde a CIG ten maioría “se combaten con maior eficacia” ao introducir cláusulas nos convenios para limitar estes abusos.

As consecuencias implican, tamén, que parte do persoal non teña dereito a participar nas eleccións sindicais da empresa onde traballa, dividindo o persoal e dificultando a labor sindical. En opinión da central, dáse, ademais, unha rebaixa na calidade da produción “ao colocar persoal menos especializado nos muros de calidade, na xestión e nas tarefas propias de loxística, incluso nas liñas de montaxe e nalgunhas tarefas de produción”.

A externalización de servizos provoca, ademais, que malia o aumento de produción en moitas empresas, os cadros principais diminúan mentres o destas empresas de servizos -moitas do país luso- aumenta. Ademais, o sector reduciu globalmente 2.000 postos nos últimos anos mentres Portugal gañou 6.000, algo que para a CIG-Industria “non é casual”.

PSA-Citröen

En base a estas receitas, o futuro de PSA-Citroën camiñaría en Vigo cara o dunha empresa de síntese, “recortando cadro de persoal non só no taller senón nas oficinas”, froito do cal se terían perdido na matriz máis de 4.000 empregos. “Xamais na historia de PSA o persoal tivo peores condicións laborais”, indicaron, alén de recordar que a filial da multinacional “paga impostos” en Madrid.

Cómpre quitarlle a careta a estes supostos benfeitores da economía galega

Por todo isto, segundo Bouzas, “cómpre quitarlle a careta a estes supostos benfeitores da economía galega” e “facer que a nosa sociedade coñeza a realidade”, procurando unha resposta organizada que poña fin aos abusos e “logre un presente e futuro dignos para a clase traballadora galega”.

Deste xeito, a campaña procurará detectar estas casuísticas en cada empresa, dando lugar ás pertinentes denuncias tanto en Inspección de Traballo como mediante a denuncia pública e mesmo a mobilización.

‘Los pescadores de perlas’ Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá, 11 de novembro, ás 20.30 h, a versión concerto da ópera de G. Bizet, Los pescadores de perlas,dentro da iniciativa «Outono lírico». O concerto estará dirixido por Paul Daniel e interpretado pola Real Filharmonía de Galicia. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: na web dewww.ataquilla.com ou mediante o teléfono 902 504 500. As persoas que sexan socias da Asociación de amigos de la ópera de Vigo poderán gozar dun 20 % de desconto no prezo das entradas.

Karen Zapata, Mestre Internacional, xoga ao mesmo tempo contra 20 xadrecistas ao mesmo tempo no Porriño

xadrezA XADRECISTA PROFESIONAL, MESTRE INTERNACIONAL E GAÑADORA DO TÍTULO IBEROAMERICANO DE XADREZ, KAREN ZAPATA, XOGARÁ CONTRA 20 XADRECISTAS AO MESMO TEMPO O VINDEIRO SÁBADO NO PORRIÑO

O vindeiro sábado, día 12, ás 11 da mañá, na Praza de Antonio Palacios, a Mestre Internacional  e gañadora do título iberoamericana de Xadrez, a peruana Karen Zapata, enfrontarase a 20 xadrecistas ao mesmo tempo, unha proba de capacidade e resistencia ao alcance de poucos deportistas.

Ao tempo que opta ao título de Grande Mestre, Karen, residente en Galicia, casada cun galego e nai de dous rapaces, quere axudar a desenvolver este deporte no Porriño, onde a Concellería de Educación puxo en marcha unha importante iniciativa para que rapazas e rapaces da víla se acheguen e gocen do xadrez.

Coma sinala esta deportista, a práctica do xadrez “ensina a exercitar a mente, a razoar, é un estupendo desafío psicolóxico que prepara e axuda na vida diaria”. Karez Zapata subliña que o xadrez pódese aprender, non é preciso ter unhas condicións especiais e determinadas para xogar, iso si, “require meditación, ilusión, coma calquera actividade que se inicia, e adestramento físico para poder afrontar partidas de 6, 7 ou 8 horas diante dun taboleiro sen perder a concentración ou acusar o esgotamento”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, lembraron que esta é unha nova iniciativa do Programa Municipal, no que xa participaron máis 150 rapazas e rapaces, e que ao tempo segue a desenvolver o proxecto educativo ‘Xadrez nas Escolas’, aprobado en 2012 polo Parlamento Europeo co obxectivo de impartir o xadrez coma materia e achegar o xogo ciencia no eido loca

Violeta González Forte achégase ás “Conversas do CDLG” para falar do recoñecemento da obra do artista surrealista Eugenio Granell.

Este sábado 12 de novembro terá lugar en Compostela a conversa Eugenio
Granell. O recoñecemento dun artista da diáspora, organizada pola Sección de
Historia da Arte (SEHAG) do CDLG. conversas-cdlg_granell conversa-granell-modificada

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016.- As “Conversas do CDLG” continúan a súa andaina este sábado, 12 de novembro, ás 12 h. Trátase dunha cita mensual que reúne, nun
ambiente distendido, a historiadores da arte e profesionais doutras disciplinas nun espazo para o encontro e a reflexión multidisciplinar, coa finalidade de dar a
coñecer proxectos actuais de interese.

A doutora Violeta González Forte fará unha aproximación á figura do creador surrealista Eugenio Fernández Granell, partindo do seu traballo de tese de doutoramento recentemente defendida na USC. O seu estudo aborda, concretamente, o proceso da súa recuperación e
recoñecemento en España en relación coa súa condición de artista exiliado e retornado.

A conversa levará por título Eugenio Granell. O recoñecemento dun artista da diáspora. A través dun achegamento á traxectoria artística e vital do creador surrealista, González Forte propón a análise da obra plástica de Granell en relación cos feitos que marcan a súa biografía e
grazas á información achegada polas novidosas fontes ás que a investigadora tivo acceso en España e Puerto Rico, coma a correspondencia persoal do artista e as testemuñas orais, poderemos afondar no contexto socio-artístico no que o artista se insire e na súa faceta de artista plástico.
Ao remate do evento, como é habitual, os asistentes poderán gozar dun viño cortesía de bodegas “Alberte”. A conversa terá lugar o sábado 12 de novembro ás 12 h. na sede do CDLG (no número 30 da Rúa San Clemente) en Compostela. O aforo é limitado polo que recoméndamos reservar unha cadeira no seguinte enderezo electrónico: sehag@cdlg.es

VIOLETA GONZÁLEZ FORTE
Licenciada en Historia da Arte e Doutora pola USC coa tese
Eugenio F. Granell. Recuperación e recoñecemento dun artista
exiliado. Entre 2009 e 2011 disfrutou da bolsa de investigación
predoutoral da Xunta de Galicia. Ademáis de colaborar nos
proxectos do grupo Iacobus do Departamento de Historia da
Arte da USC, impartíu docencia e realizou unha estadía de
investigación na Universidade de Puerto Rico. Participa en
congresos —CEHA 2010 e 2012, Congreso Posguerras da
Universidade Complutense de Madrid, 2015— e colabora en
publicacións de carácter colectivo con artículos sobre Eugenio
Granell.

Sección de Historia da Arte (SEHAG)
Esta actividade – de asistencia libre e de balde- está organizada pola Sección de Historia da
Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de
Galicia. A creación desta sección no 2014 equiparou os servizos ofrecidos aos profesionais da
Historia da Arte ao do resto de Colexios estatais que xa contaban cunha sección propia.

Conversas do CDLG: Eugenio Granell. O recoñecemento dun artista da diáspora
Con Violeta González Forte,
Data e hora: Sábado 12 de novembro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
Rúa San Clemente, 30, baixo

 

Frigolouro debe garantir o futuro da planta do Porriño

Preocupación no cadro ante os planos de deslocalización a Portugal e precariedade en aumento a través das cooperativas2016-04-06-manifaservicarnefrigolouroporrinho10-grande

O Porriño – O Porriño – 09 Nov 2016

A Federación da Alimentación da CIG sae ao paso dos recentes planos da empresa e rexeita a paralización dos investimentos na planta de Frigolouro no Porriño, cuestión que a dirección liga á apertura de novas instalacións en Portugal e que para a central supón o inicio dun proceso de deslocalización.

O recente anuncio realizado pola dirección de Frigolouro acendeu as alarmas entre o persoal de Frigolouro, que padece nos últimos anos unha situación de precariedade crecente ao abeiro da incorporación de cooperativas “sen dereitos” como Servicarne.

Porén, esta redución dos custos laborais non parece suficiente para a empresa, que pretende agora abrir unha nova planta en Portugal mentres paraliza os investimentos no Porriño, algo que para a FGAMT-CIG supón un plano para reducir a competitividade das instalacións galegas e realizar no futuro un ERE extintivo “que podería afectar a maioría do persoal”.

Esixiremos que a empresa cumpra coa legalidade vixente

Ante iso, desde a central nacionalista vaise esixir que a empresa cumpra coa legalidade vixente, incluído o pagamento puntual dos salarios “que a empresa utiliza ás veces como arma para desmobilizar, enfrontar e amedrentarnos”.

Velarán, ademais, por fixar as funcións, número, condicións mínimas de dignidade e equiparación do persoal cooperativista co resto de persoal de Frigolouro. “Non rexeitamos as cooperativas en si, se non a precariedade que sofren ao non aplicárselle nen o convenio nen o Estatuto dos Traballadores/as”, aclaran.

Implicación do Parlamento e posíbeis mobilizacións

Para reverter a situación, a central tentará implicar o Parlamento Galego na loita pola permanencia de Frigolouro no Porriño, unha empresa “que ten recibido cuantiosas subvencións públicas nos últimos anos”. Ademais, solicitará garantías ao Concello de que, no caso, impedirá a especulación cos terreos da planta.

Non se descartan como último recurso as mobilizacións

Por último, a CIG insta ao Comité de Empresa a actuar de forma unitaria “sen descartar como último recurso as mobilizacións” para obrigar tanto á empresa como á Xunta a garantir o futuro de Frigolouro, que pasa polo mantemento dos postos de traballo no noso país.

Proponen una ponencia del protegido de Rosa Quintana Conselleira do Mar, Máximo Díaz “COMO FALSIFICAR TITULOS DE LA CONSELLERIA Y SALIR IMPUNE”

Proponen una ponencia del protegido de Rosa Quintana Conselleira do Mar, Máximo Díaz “COMO FALSIFICAR TITULOS DE LA CONSELLERIA Y SALIR IMPUNE”
Pladesemapesga insta a la Cofradía de Celeiro a una ponencia en el Foro del 25 y 26 de noviembre de 2016 sobre como falsicar documentos públicos en la zona; Pionente Máximo Díaz “el conseguidor del PP”.
La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo pesquero de Galicia a la vista de la próxima orgia de afines al PP en Celeiro los días 25 y 26 de Noviembre, marisco y lujo gratis si eres del PP, orquestada por el Secretario de la Cofradía y hombre de confianza de Rosa Quintana en la Zona, a la vez, convertido en FALISFICADOR DE DOCUMENTOS PÜBLICOS, pide a la Conselleira que le proponga para una ponencia titulada, ; “COMO FALSIFICAR TITULÑOS DE LA CONSELLERIA Y SALIR IMPUNE” ponente Máximo Díaz, Secretario de la Cofradía de Celeiro.
Un trueno estremeció la Cofradía de Celeiro, el oscuro, el hombre que encarna los vicios atribuidos de una inxistente investigación sobre el fraude noquearon a los vecinois y lectores de PLADESEMAPESGA al acogerse a la prescripción del delito de falsificación de documentos públicos, encubierto y protyegido de Rosa Quintana Carballo, lacayo domesticado y conocido en las dependencias de San caetano como el “CONSEGUIDOR DEL PP EN LA MARIAÑA LUCENSE”.
Nos preguntamos, como un “falsificador de documentos públicos y titulos de pesca y recreo” puede ejercer libremente como empleado de la Xunta de Galicia Consellería do Mar tramitando documentos públicos, Rosa Quintana nunca a respondido, simplemente le protege y encubre de forma ilegal, solo a cambio de conseguir aforos en chiringuitos orquestados con el dinero público de las gentes de la Mar, un dinero sustraído de los fondos europeos FEDER, y desviados para mítines del Partido Popular de Galicia, y cuatro ponenetes que en su vida vieron el Mar.
El conseguidor y falsificador acreditado de documentos públicos, un tipo hecho a sí mismo, “independiente” y volcado en negocios privados siempre al pairo de los fondos públicos, siempre tocando el barrizal de la administración y las adjudicaciones públicas. Pero lleva la pasión del fraude en su sangre y no lo ocultó: “A mí me gusta mucho la política del PP”, a pesar de que en las úyltimas visitas de Rosa Quintana a la zona se le advirtió expresamente de que no se acercara para no salir en la foto.
La sede de la  Cofradía de Celeiro esta convertida en un NIDO de afinidades políticas del PP siempre con cargo a los dineros públicos de las gentes de la Mar, usados como prevendas para justificar el gran despilfarro de los fondos europeos de los que precisamente esas gentes de la Mar no olisqueran un centimo de euro, la verguenza, indifnidad y falta de ética política esta servida…Un foro que subvenciona la misma administración para autopublicitarse ellos mismos y asi mismos, una orgía de ególatars que deberían ser encerrados y reinsertados en la sociedad bajo tratamiento siquiátrico por “cara duras”….
Máximo Dïaz en apariencia está ahora mismo inoperativo, hemos podido recuperar las multiples panfletadas y chiringuitos, comilonas y mariscadas a todo toda trapo en hoteles de la costa con todos los gastos pagados con los fondos europeos, y anulada cualquier posibilidad de que las gentes de la Mar huelan un euro, eso si, tendrán que conformarse con las cuatro líneas de la prensa afín que publicitaran el evento tras llenarse el “bandullo” con los ´ágapes de las gentes de la Mar.
A “conseguidor y falsificador de documentos” le pagaban, presuntamente, con contratos públicos y determinados arreglillos a través del GAC! con más fondos europeos. Atrás quedan en los bares de la zona las alegorías bervales del Sr Máximo Díaz presumiendo de moverse por la sede del PP, y de que se codeaba con muchos cargos del partido y hasta se inmolaba de la amistad que le unía a Balseiro, Rosa Quintana, López Veiga, donde llegaban sus tentáculos corruptores, perdón sus intervenciones de gestiones propias de un conseguidor…
Los ponenetes tienen y deben conocer estos hechos, por que si los conocen y se prestan a tan VERGONZOSO ESPECTÄCULO ORQUESTADO POR MÄXIMO DÏAZ simplemente se convierten en receptores del delito, de la falta de ética, indignidad y afirman su alma de prestarse a cualquier corrupción por muy poco, un simple aplauso en un chiringuito orquestado con dinero público que nunca llegará a sus receptores, las gentes de la Mar, y con más crueldaz si cabe, para decir que son iluminados y defensores patrios de los derechos del sector pesquero en Galicia…
Ver informe y despilfarro en chiringuitos en Celiro de fondos euroepos para ponentes, hoteles y mariscadas del PP en:
Jornadas de trabajo para la evaluación social y organizativa del GAC1. Se celebraron 2 Jornadas, una el 12 y otra el 26 de marzo, en el Hotel Gastronómico Boa Vista (Celeiro-Viveiro).
– Jornada “Un Mar de Cultura: as Mulleres do Mar” celebrada en la Cofradía de Pescadores de Burela el día 29 de marzo.
– Talleres Gastronómicos “Á Beira do Mar”: enmarcados dentro de la Campaña “Come o Mar” 2014 en 10 ayuntamientos del territorio del GAC1 (Ribadeo, Foz, Burela, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño y Cedeira) desde el día 3 de mayo hasta el día 29 de junio.
– Jornada de Dinamización del Marisqueo a pie: celebrado en Hotel Boa Vista de Celeiro-Viveiro.
Asistentes: Representantes del GAC, del sector pesquero e institucionales, público en general y medios de comunicación
Suma y sigue… NO fue posible localizar un solo marinero último destinatario de estos chiringuitos en los eventos, pero si a varios cargos del PP llenándose el BANDULLO de forma gratis a costa de los fondos públicos, bajo batuta de Máximo Díaz Secretario de la Cofradía de Celiro.
Te invitamos a que te apuntes haber que te dan, y te garantizamos que los ponentes y miembros del PP según hemos podido constatar, asisten de forma gratuita, con pluses, transporte y asitencia a todo trapo…
Y para que lo compruebes llama al; 982 56 10 44 o escribe a; Rúa Praia nº127863 Celeiro – Viveiro (Lugo)
Publicidad gratuita de más recursos publicos, los entes patrocinadores reciben fondos públicos que desvían para hacer de palmitos de las presuntas irregularidades…
PUERTO CELEIRO SA (INDUSTRIAS PESQUERAS): http://puertodeceleiro.es/xxi-jornadas-pesca-puerto-celeiro/

O PROXECTO DA XUNTA DE GALICIA “DESEÑANDO O TEU FUTURO” EN VILA DE CRUCES CONTA COA IMPLICACIÓN DE CATRO CENTROS EDUCATIVOS E DE DESASÉIS ENTIDADES E EMPRESAS DO MUNICIPIO

  • A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos 20 rapaces e rapazas que participan nesta iniciativa durante unha visita a unha granxa avícola
  • A finalidade das accións que se desenvolven ao abeiro de “Deseñando o teu futuro” é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisións do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional
  • No marco deste programa no 2106 se financian en Galicia 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitan que un total de 351 rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos realicen estadías–visitas en empresas

Vila de Cruces (Pontevedra), 9 de novembro de 2016.- A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes no proxecto promovido polo concello de Vila de Cruces no marco do programa “Deseñando o teu futuro” na visita á granxa avícola Galo Celta, unha iniciativa de avicultura artesanal centrada no galo de curral. Un total de 3.200 euros é o importe da axuda concedida pola Xunta de Galicia ao proxecto “Deseñando o teu futuro” que promove o ente local deste municipio pontevedrés.

O proxecto conta coa colaboración de catro centros de ensino e de empresas e entidades sitas no Concello de Vila de Cruces. Así do eido educativo, participan nesta iniciativa o IES Marco do Camballón, o CEIP Cerdeiriñas, o CEIP de Merza e o CEIP Nosa Señora da Piedade. E por parte do tecido empresarial da zona están a participar 16 entidades nas que os mozos e mozas realizan as súas estadías-visitas: a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, a Casa de Turismo Rural Dondín, Galo Celta, Naty SC, Floristería Aralia, Carnicería Mosquera, Perruquería Celsa, Taxi Lola, Luis Taboada Construcciones, Carnicería Mariño, TAF Aleixandro, Modas Vilariño, Bar Puskas, Hamburguesería Verde, Cafetería Ramón e Moldes Otero Mª Flora.

O programa “Deseñando o teu futuro” é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas. No caso do proxecto promovido polo Concello de Vila de Cruces os 20 mozos e mozas  participantes realizaron estadías-visitas de 15 días de duración cunha xornada diaria de catro horas.

Trece proxectos e 351 participantes en toda Galicia

A titular do departamento autonómico sinalou que no marco deste programa no 2016 se financian 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías-visitas en empresas. Esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Cecilia Vázquez sinalou que “o proxecto desenvólvese coa colaboración de empresas e entidades que participan de maneira desinteresada, permitindo que o mozo e a moza vexa enriquecida a súa formación e se achegue ao mundo laboral do que formará parte no futuro”. “O programa Deseñando o teu futuro ofrece ao mozo e moza unha inmersión nun terreo de traballo, con especial fincapé na parte educativa e de aprendizaxe. Trátase dunha ferramenta que lle axuda a completar o seu proceso de orientación vocacional e profesional; unha ponte de conexión co mundo laboral. Así mesmo, fomenta a súa autoestima, a iniciativa, o traballo en equipo, a toma de decisións, a responsabilidade”, engadiu.

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. o número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 30. A cantidade subvencionable a cada entidade e concello se calcula a razón de 6 euros por participante día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.