MÁIS DE 70 PROXECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS PARTICIPAN NA FASE FINAL DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2016

  • Ao longo do mes de novembro e decembro coñeceranse aos gañadores nas especialidades de graffiti, cociña, deseño de xoias ou teatro entre outras
  • Esta edición contou coa participación de máis de 300 mozos e mozas que presentaron preto de 250 proxectos
  • O obxectivo deste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é fomentar a creatividade xuvenil, ao tempo que permite á mocidade manifestar as súas inquedanzas

Santiago, 10 de novembro de 2016.- O programa Xuventude Crea 2016, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, chega á súa fase final cun total de 70 proxectos nas especialidades de graffiti, cociña, deseño de xoias, teatro, música, moda, artes plásticas e fotografía. Ao longo do mes de novembro e decembro terán lugar as finais de cada campo, na que os concorrentes poden obter premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros.

Así o sábado 12 de novembro as pistas polideportivas cubertas sitas na Avenida do Carregal no Concello de Betanzos acollerán de 10,30 a 17,30 horas a realización en directo dos 9 proxectos finalistas da especialidade de graffiti.

A final da especialidade de cociña terá lugar o luns 14 de novembro nas instalacións do albergue xuvenil As Sinas no Concello de Vilanova de Arousa. Serán cinco os mozos e mozas finalistas que de 17,00 a 19,00 horas realizarán en directo as receitas presentadas.

Na especialidade de deseño de xoias, a Fundación Eugenio Granell (Santiago) acollerá do 15 ao 27 de novembro a exposición dos dez proxectos finalistas. A  exposición inaugurarase o vindeiro martes 15 de novembro ás 19,30 horas e estará aberta ao público de martes a venres en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas e os sábados de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas.

Do 16 ao 18 de novembro na Casa da Cultura de Serra de Outes terá lugar a fase final da especialidade de teatro. Serán cinco as representacións teatrais; o mércores e xoves serán dúas obras por día: ás 17,00 horas e ás 20,30 horas, e a última o venres ás 20,30 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Así mesmo, o venres 18 de novembro tamén se celebrará a fase final de música. Os seis proxectos finalistas tocarán en directo as dúas cancións presentadas ao programa. Será na discoteca Factory Room, sita no Concello de Melide a partir das doce da noite.

Na especialidade de moda, os seis mozos e mozas finalistas exporán as súas coleccións no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia do 22 de novembro ao 4 de decembro. A inauguración da exposición será o martes 22 de novembro ás 17,30 horas.

Finalmente, a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela acollerá do 23 de novembro ao 22 de decembro a exposición conxunta dos proxectos finalistas das especialidades de  artes plásticas e de fotografía. Na categoría de artes plásticas serán catorce os proxectos finalistas: tres de escultura e once de pintura. E na especialidade de fotografía son quince os traballos finalistas. A exposición será inaugurada o próximo 22 de novembro ás 12,30 horas e estará aberta ao público de luns a sábado de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,30 horas. A entrada será de balde.

O programa Xuventude Crea ten como obxectivo fundamental fomentar a creatividade xuvenil, ao tempo que permite á mocidade manifestar as súas inquedanzas artísticas e culturais.  Na edición do 2016 do programa Xuventude Crea  presentáronse un total de 241 proxectos individuais e en grupo, para as doce especialidades do certame: as oito sinaladas que contan cunha fase final, mais banda deseñada, relato breve, poesía e videocreación. Participan máis de 300 mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: