O PROXECTO DA XUNTA DE GALICIA “DESEÑANDO O TEU FUTURO” EN VILA DE CRUCES CONTA COA IMPLICACIÓN DE CATRO CENTROS EDUCATIVOS E DE DESASÉIS ENTIDADES E EMPRESAS DO MUNICIPIO

  • A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos 20 rapaces e rapazas que participan nesta iniciativa durante unha visita a unha granxa avícola
  • A finalidade das accións que se desenvolven ao abeiro de “Deseñando o teu futuro” é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisións do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional
  • No marco deste programa no 2106 se financian en Galicia 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitan que un total de 351 rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos realicen estadías–visitas en empresas

Vila de Cruces (Pontevedra), 9 de novembro de 2016.- A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes no proxecto promovido polo concello de Vila de Cruces no marco do programa “Deseñando o teu futuro” na visita á granxa avícola Galo Celta, unha iniciativa de avicultura artesanal centrada no galo de curral. Un total de 3.200 euros é o importe da axuda concedida pola Xunta de Galicia ao proxecto “Deseñando o teu futuro” que promove o ente local deste municipio pontevedrés.

O proxecto conta coa colaboración de catro centros de ensino e de empresas e entidades sitas no Concello de Vila de Cruces. Así do eido educativo, participan nesta iniciativa o IES Marco do Camballón, o CEIP Cerdeiriñas, o CEIP de Merza e o CEIP Nosa Señora da Piedade. E por parte do tecido empresarial da zona están a participar 16 entidades nas que os mozos e mozas realizan as súas estadías-visitas: a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, a Casa de Turismo Rural Dondín, Galo Celta, Naty SC, Floristería Aralia, Carnicería Mosquera, Perruquería Celsa, Taxi Lola, Luis Taboada Construcciones, Carnicería Mariño, TAF Aleixandro, Modas Vilariño, Bar Puskas, Hamburguesería Verde, Cafetería Ramón e Moldes Otero Mª Flora.

O programa “Deseñando o teu futuro” é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas. No caso do proxecto promovido polo Concello de Vila de Cruces os 20 mozos e mozas  participantes realizaron estadías-visitas de 15 días de duración cunha xornada diaria de catro horas.

Trece proxectos e 351 participantes en toda Galicia

A titular do departamento autonómico sinalou que no marco deste programa no 2016 se financian 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías-visitas en empresas. Esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Cecilia Vázquez sinalou que “o proxecto desenvólvese coa colaboración de empresas e entidades que participan de maneira desinteresada, permitindo que o mozo e a moza vexa enriquecida a súa formación e se achegue ao mundo laboral do que formará parte no futuro”. “O programa Deseñando o teu futuro ofrece ao mozo e moza unha inmersión nun terreo de traballo, con especial fincapé na parte educativa e de aprendizaxe. Trátase dunha ferramenta que lle axuda a completar o seu proceso de orientación vocacional e profesional; unha ponte de conexión co mundo laboral. Así mesmo, fomenta a súa autoestima, a iniciativa, o traballo en equipo, a toma de decisións, a responsabilidade”, engadiu.

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. o número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 30. A cantidade subvencionable a cada entidade e concello se calcula a razón de 6 euros por participante día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: