Archivo | noviembre 11, 2016

A XUNTA SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUN ITINERARIO PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-552, NOS TREITOS CORUXO- AS ROTEAS, A ESTEA E PRIEGUE

As persoas interesadas poderán formular observacións relativas á concepción global do trazado durante un período de trinta días hábiles contados a partir de mañá

 

  • Estas actuacións están enmarcadas na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios
  • O propósito desta iniciativa é promover sendas útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, escolas ou garderías

 

Santiago, 11 de novembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-552, nos treitos Coruxo- As Roteas (p.q. 3+280-4+440), A Estea (p.q. 5+660-6+070), Priegue (p.q. 6+910-7+500), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

  • Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 3+280 e 4+440, e na marxe esquerda da mesma estrada entre os p.q. 3+280 e 3+444, denominada senda Coruxo-As Roteas. Neste treito tamén se construirá un cambio de sentido na marxe dereita (p.q. 3+520), e mellorarase unha intersección (p.q. 4+180) e as paradas de autobús.
  • Execución dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 5+660 e 6+070, denominada senda da Estea. Neste treito tamén se mellorará a parada de autobús (p.q. 5+830).
  • Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 6+910 e 7+500, denominada senda de Priegue. Neste treito tamén se mellora a drenaxe, na contorna do p.q. 7+100 e a parada de autobús do p.q. 7+470 (marxe dereita).

De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar este anuncio: goo.gl/zVAypG

Estas actuacións están enmarcadas na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

O propósito fundamental desta iniciativa é promover sendas útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

Estes proxectos supoñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.

En La Fábrica: presentaciones y talleres

MARTES 15 DE NOVIEMBRE 19:30 

LOS AÑOS DEL MIEDO
Presentación
José Manuel Fajardo

En Los años del miedo (Crónica de la violencia: 1990-2015), José Manuel Fajardo reflexiona sobre el fenómeno de la violencia, en España y en el mundo, a lo largo de un período difícil de analizar con frialdad. “Escribir sobre la violencia es una de las más arduas tareas literarias. La violencia pone punto final a las palabras… Y, sin embargo, para que la violencia cunda son necesarias muchas palabras que la propugnen, la acompañen y la justifiquen”. +info

Para la presentación nos acompañan el autor,José Manuel Fajardo, Manuel Hidalgo, periodista de El Mundo, Javier Valenzuela, periodista de Infolibre y Almudena Grandes, escritora española.

REY VARELA EXPÓN A IMPORTANCIA DA INTEGRACIÓN SOCIAL PLENA PARA QUE “AS CAPACIDADES DAS PERSOAS ESTÉN POR RIBA DA SÚA DIVERSIDADE”

Na presentación do estudo ‘Discapacidade, integración e novas tecnoloxías’ realizado polo Observatorio da Discapacidade Física (ODF) 20161111_rey_10

  • “Coñecendo mellor cales son as necesidades das persoas con discapacidade física, poderemos cubrilas do xeito máis idóneo para que en Galicia a ninguén lle falte nada e todas as persoas teñan todo o preciso”, abondou

Santiago, 11 de novembro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, participou no día de hoxe da presentación do estudo ‘Discapacidade, integración e novas tecnoloxías’ realizado polo Observatorio da Discapacidade Física (ODF) a través dun convenio con COCEMFE e a Fundación Vodafone. Neste contexto, o máximo responsable da área social apostou por continuar traballando “un ano máis pola inclusión de todas as persoas que forman Galicia” e amosou o seu convencemento de que “todos os galegos e galegas teñen moito que ofrecerlle á nosa terra”. “Porque unha persoa ten, por riba da súa diversidade, un milleiro de capacidades que compartir”, engadiu.

O conselleiro en funcións declarou que unha integración e inclusión plena na sociedade debe basearse en “principios como a promoción da autonomía persoal, a vida independente ou o dereito a decidir”. “Coñecendo mellor cales son as necesidades das persoas con discapacidade física, poderemos cubrilas do xeito máis idóneo para que en Galicia a ninguén lle falte nada e todas as persoas teñan todo o preciso”, abondou.

Así pois, para cumprir este obxectivo Rey Varela destacou a importancia das entidades de iniciativa social como COGAMI “porque as nosas metas están máis próximas cando o camiño é compartido”.

UN TOTAL DE 30 EMPRESAS PRESENTAN AS SÚAS OFERTAS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA TRAVESÍA ENTRE CHAPELA E VIGO, NA ESTRADA PO-323

  • As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona do Mercado Municipal e da alameda
  • Tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións
  • Este proxecto contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado e canalizacións eléctricas

Santiago, 11 de novembro de 2016.- Un total de 30 empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de mellora da travesía que vai de Chapela a Vigo, a PO-323, na rúa de Vigo.

O investimento da actuación ascende a 2,3 millóns de euros, do que case un 80% será achegado pola Xunta. O 20% restante, arredor duns 485.000 euros, que se corresponden co custo das melloras dos servizos de saneamento e pluviais, serán financiados polo Concello de Redondela.

As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona que é moi concorrida, no contorno do Mercado Municipal e da alameda.

Este proxecto contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas. Ademais tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións.

Cómpre lembrar que se trata dunha actuación, moi demandada e de grande importancia tanto para os veciños da rúa de Vigo, que contarán con beirarrúas máis anchas para facer os seus desprazamentos de xeito máis cómodo e seguro; como para os vehículos que cada día se achegan ata o mercado, que verán mellorado o acceso e reforzada a seguridade.

elrow, primera compañía española que ameniza el encendido de luces de Navidad de Carnaby Street en Londres

Miles de personas asistieron al evento, en el que se repartieron más de 100kg de confeti y 1,200 juguetes inflables y medio centenar de animadores hicieron que el público bailara y celebrara la llegada de la Navidad

© Photography by Michael Njunge for Here & Now (fb.com/wearehereandnow)

© Photography by Michael Njunge for Here & Now (fb.com/wearehereandnow)

Barcelona, 11 de Noviembre de 2016.- elrow, famosos por revolucionar el mundo del entretenimiento, junto al emblemático museo V&A se encargaron anoche de acompañar el tradicional encendido de luces de navidad de Carnaby Street con uno de sus shows immersivos que combinan la mejor música electrónica con actuaciones de teatro callejero, animación, explosiones de confeti y juguetes inflables. Es la primera vez que una compañía española colabora con la asociación comercial de Carnaby en la organización de este evento, en el que por una noche, más de 100 marcas, restaurantes y bares celebran la llegada de la Navidad.

Durante el evento, elrow y V&A trasladaron Carnaby Street a los años 60 inspirados en la exposición actual de este museo: ‘You  Say  You Want  a  Revolution?  Records  and  Rebels  1966-1970’. El espectáculo buscó evocar la paz y el amor del Carnaby Street de finales de la década. La agencia James Glancy ha sido la encargada de diseñar la instalación de las luces, con un total de 46 bombillas gigantes que iluminaron las 13 calles de la zona y que estarán encendidas hasta principios de enero de 2017.

Durante el show, elrow cubrió las calles de color con más de 100kg de confeti y 80 inflables y haciendo bailar a los asistentes, que se divirtieron gracias a los animadores y zancudos que actuaron a pie de calle, y que son ya marca de la casa. La banda sonora la pusieron los artistas electrónicos de renombre internacional Eats Everything y Patrick Topping, asiduos en los carteles de las fiestas de elrow, así como sus residentes De La Swing y George Privatti.

La marca elrow nació en 2010 y desde entonces ha estado en constante expansión logrando trasladar sus shows alrededor de los cinco continentes estando presentes en más de 30 países. Cuenta con residencia fija en Ibiza, Madrid, Barcelona, Londres, y Ámsterdam. En concreto en Reino Unido, donde estableció residencia en 2015, la marca ha alcanzado niveles de  popularidad sin precedentes, donde recientemente ha vendido 6,000 tickets en tan solo 2 horas para un show que tendrá lugar en Tobacco Dock en el mes de marzo.

La compañía cerrará 2016 habiendo celebrado más de 120 eventos alrededor del mundo y en su expansión internacional está valorando abrir delegaciones permanentes en mercados como China o USA de cara a 2017. Y cerrará el año habiendo actuado en ciudades tan diversas como Buenos Aires, Cancún, Dubái, y New York, entre otras.

Puedes ver un vídeo del show de Carnaby y descargarte una selección de las mejores fotos aquí.

Acerca de elrowFamily
elrow Family es la marca paraguas de los Arnau, dueños del festival Los Monegros y del legendario club Florida 135. Una familia que lleva más de un siglo dedicada al mundo del espectáculo y que ahora mismo lo está revolucionando con su último proyecto, elrow, un nuevo concepto de entretenimiento nocturno que sustituye el agotado mundo del celebrity DJ y el cartel por un show integral de música, decoración, animación y teatro en el que la participación del público es clave.

A XUNTA INFORMA ÁS ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS DOS POLÍGONOS INDUSTRIÁIS DOS INCENTIVOS EN VIGOR PARA ADQUISICIÓN DE SOLO

  • As bonificacións aplicadas ao prezo do solo e as novas fórmulas xa posibilitou que, entre 2015 e 2016, se adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar 12.000 empregos
  • Sublíñase a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia, empregando todas as ferramentas, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores
  • Para competir de forma efectiva con Portugal, tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen un canon simbólico anual

 

Santiago, 11 de novembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulle unha misiva ás asociacións de empresarios de Galicia informando das medidas que está a poñer a Xunta para adquisición de solo empresarial, ofrecendo ás empresas, solo urbanizado, dotado dos servizos necesarios e ben comunicado por vía terrestre, aérea e marítima, nas mellores condicións do mercado, grazas á aplicación de bonificacións de ata o 50 % no prezo de venda do solo empresarial.

 

Estas medidas posibilitaron que, entre 2015 e 2016, se adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar 12.000 empregos.

 

Dende a Xunta, sublíñase a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia empregando todas as ferramentas de que dispón, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores.

 

Nesta liña de cooperación impulsada polo Executivo autonómico e para competir de forma efectiva con Portugal, dende o Executivo autonómico tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen un canon simbólico anual, coa posibilidade de adquirir o solo nos 10 primeiros anos da adxudicación, descontando do prezo o 40 % do pagado en concepto de canon, o que supón, un alugueiro simbólico con dereito de compra.

 

Na carta que remitiu a conselleira de Infraestruturas e Vivenda ás asociacións de empresarios dos polígonos tamén se destaca que as medidas non serven se non se coñecen, polo que se está a informar sobre as posibilidades que ofrece a medida implantada, porque permite ás empresas concentrar os seus investimentos iniciais na construción e dotación das súas instalacións produtivas, sen ter que preocuparse polo investimento necesario na adquisición de solo, posto que o canon por metro cadrado vai dende 0,30 euros por metro cadrado e ano.

 

Na carta achegase un folleto informativo coas condicións da adxudicación de solo empresarial, tanto en compravenda como en dereito de superficie, indicando o solo dispoñible e os prezos e pódese ampliar a información en Xestur, no teléfono 981 151 464 extensión 04.

 

A XUNTA INFORMA ÁS ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS DOS POLÍGONOS EMPRESARIAIS DOS INCENTIVOS EN VIGOR PARA ADQUISICIÓN DE SOLO EMPRESARIAL

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulles unha misiva explicando ditos incentivos.

As bonificacións aplicadas ao prezo do solo e as novas fórmulas xa posibilitou que, entre 2015 e 2016, se adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar 12.000 empregos

  • Sublíñase a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia, empregando todas as ferramentas, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores
  • Para competir de forma efectiva con Portugal, tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen un canon simbólico anual

 

Santiago, 11 de novembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulle unha misiva ás asociacións de empresarios de Galicia informando das medidas que está a poñer a Xunta para adquisición de solo empresarial, ofrecendo ás empresas, solo urbanizado, dotado dos servizos necesarios e ben comunicado por vía terrestre, aérea e marítima, nas mellores condicións do mercado, grazas á aplicación de bonificacións de ata o 50 % no prezo de venda do solo empresarial.

 

Estas medidas posibilitaron que, entre 2015 e 2016, se adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar 12.000 empregos.

 

Dende a Xunta, sublíñase a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia empregando todas as ferramentas de que dispón, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores.

 

Nesta liña de cooperación impulsada polo Executivo autonómico e para competir de forma efectiva con Portugal, dende o Executivo autonómico tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen un canon simbólico anual, coa posibilidade de adquirir o solo nos 10 primeiros anos da adxudicación, descontando do prezo o 40 % do pagado en concepto de canon, o que supón, un alugueiro simbólico con dereito de compra.

 

Na carta que remitiu a conselleira de Infraestruturas e Vivenda ás asociacións de empresarios dos polígonos tamén se destaca que as medidas non serven se non se coñecen, polo que se está a informar sobre as posibilidades que ofrece a medida implantada, porque permite ás empresas concentrar os seus investimentos iniciais na construción e dotación das súas instalacións produtivas, sen ter que preocuparse polo investimento necesario na adquisición de solo, posto que o canon por metro cadrado vai dende 0,30 euros por metro cadrado e ano.

 

Na carta achegase un folleto informativo coas condicións da adxudicación de solo empresarial, tanto en compravenda como en dereito de superficie, indicando o solo dispoñible e os prezos e pódese ampliar a información en Xestur, no teléfono 981 151 464 extensión 04.

 

 

 

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS EXECUTA OBRAS DE MELLORA DO FIRME DA ESTRADA PO-552, NOS CONCELLOS DE TOMIÑO E TUI, COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA

  • Estas actuacións están enmarcadas nun contrato que tamén inclúe rehabilitacións do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián; ou na PO-352, no Concello da Guarda
  • Este paquete de obras foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses
  • O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida

 clip_image002

Santiago, 11 de novembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada PO-552, nos Concellos de Tomiño e Tui.

Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo no que tamén se inclúen actuacións de rehabilitación do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián, no Concello de Tomiño; ou na PO-352, no Concello da Guarda.

Este paquete de reforzos de firme foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses, aínda que se axilizarán os traballos o máximo posible.

Os traballos proxectados no citado contrato comezan na estrada PO-552, onde se actuará no treito comprendido entre os puntos quilométricos 59+300, preto da Tarrasteira, e 71+070, en Areas, nos municipios de Tomiño e Tui. Unha vez rematadas as melloras nesta vía comezarán os traballos na PO-352 e por último na PO-553.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.