Entrega diplomas a alumnos participantes nos talleres da Aula CeMIT do Porriño

alcaldesa-e-alumnosA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Traballo e Benestar , Soledad Girón, entregou este venres os diplomas  aos participantes nos talleres de impartidos pola Aula CeMIT do Porriño.

Preto de 70 persoas de distintas idades participaron nestes cursos e seminarios os últimos meses e completaron os mesmos que versaron todos eles sobre temas relacionados coa informática.

García de la Torre felicitou aos asistentes e subliñou a importancia que ten a aprendizaxe e, aínda máis, a que relacionada coas novas tecnoloxías. A alcaldesa salientou a necesidade de mellorar a formación coma canle para acceder ao mercado laboral e reiterou que a creación de emprego é a primeira prioridade do Goberno local do Porriño.

Pola súa banda, a concellerira de Emprego e Benestar lembrou que a Aula CeMIT está aberta todo o ano e que os talleres que imparte na súa sede, no Edificio Multiusos de Torneiros, están abertos para todas aquelas persoas que queiran participar neles.

Soledad Girón engadiu que estes cursos son froito da colaboración entre o Concello e o Goberno de Galicia o que posibilitou a contratación dos profesores que impartiron cada un dos mesmos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: