PARTICPANTES NO OBRADOIRO MUNICIPAL DE EMPREGO, REMATAN IMPORTANTES TRABALLOS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA, ACOMETIDOS POLA CONCELLERÍA DE VÍAS E OBRAS EN DISTINTAS PARROQUIAS E POLÍGONOS INDUSTRIAIS DO PORRIÑO

traballos-perceptores-risgaParticipantes no Obradoiro Municipal de Emprego, todos eles perceptores da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), desenrolan dende setembro, diferentes labores en distintos lugares do Porriño.

Oito deles, homes e mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, que ata o vindeiro mes de marzo, ademais de mellorar os seus coñecementos de albanelaría ou tarefas forestais, farán un traballo remunerado e, porén, estarán dados de alta na Seguridade Social, desenvolven diferentes cometidos para a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera.

Nas pasadas semanas,fixeron labor de conservación e limpeza en distintas parroquias, como Pontellas, Atios, Budiño ou Torneiros, na zona sur, que xunta  dous dos polígonos industriais do Porriño, A Granxa e As Gándaras, e remataron co acantoamento do primeiro deles que, nalgunhas das partes nas que estiveron presentaba un estado de abandono.

Manuel Carrera subliña o “excelente labor” e a “implicación e interese” deste grupo de homes e mulleres, que non so “están a realizar un traballo perfecto”, senón dunha  “grande importancia” para as veciñas e veciños da vila. Carrera cita coma “esencial” a actuación para desobstruír os desaugadoiros , “agora que empezaron as choivas” evitando que a as follas tapen os sumidoiros e a auga cause danos nas pistas, estradas e beiravías.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: