. Alcaldes do PP esixen a Carmela Silva diálogo no reparto dos fondos provinciais

  • “Non vimos aquí por pasear, queremos falar de un asunto que para os concellos non é menor,  algo tan importante como o reparto dos fondos económicos para o próximo ano”, sinala Luis López.
  • “As reunións cos alcaldes debería ser unha relación normalizada e algo habitual, pero ela coa súa actitude o está convertendo en algo extraordinario”, engade.
  • Nidia Arévalo apunta que “é un erro poñer de novo en marcha un plan concellos a espaldas dos alcaldes da provincia, e por iso lle pedimos que abra a porta da Deputación de Pontevedra”.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016.- Alcaldes do Partido Popular da provincia, acompañados polos deputados provinciais, acudiron esta mañá á Deputación de Pontevedra para esixir á presidenta Carmela Silva diálogo para falar do reparto dos fondos provinciais. “Non vimos aquí para saudala, nin por pasear, nin a preguntarlle como lle vai a vida, queremos falar de un asunto que para os concellos non é menor,  queremos falar de algo tan importante como o reparto dos fondos económicos da Deputación para o próximo ano”, explicou Luis López, o alcalde de Rodeiro, que falou en representación do resto de rexedores populares.

“Temos propostas que facerlle, que estamos seguros que poderían  repercutir en beneficio de todos os concellos desta provincia, e por iso queremos que nos escoite. Como xestores de unha administración moi próxima aos veciños, coñecemos as súas necesidades e as aportacións que poidamos dar os alcaldes son importantes”, engadiu. Apuntou que queren propoñer un plan novo, participativo, un plan xusto con todos, obxectivo e non baseado na discrecionalidade, no que se incrementen os fondos económicos de forma que ningún concello perda con este novo bipartito.

Luis López entende que as reunións da presidenta cos alcaldes “debería ser unha relación normalizada e algo habitual, pero que ela coa súa actitude o está convertendo en algo extraordinario”. Recordou que os alcaldes populares levan meses esperando a que os reciba, e ata o día de hoxe non obtiveron nin unha soa reposta. “As peticións de entrevistas que fixemos os alcaldes do PP tiveron como resposta o silencio no mellor dos casos, porque en máis de unha ocasión a resposta foron insultos e ata ameazas. As faltas de respecto son contínuas”.

Por iso, insistiu en pedir a Carmela Silva que “se deixe de autoritarismos e aposte polo diálogo e por unha Deputación que aposte pola colaboración e non polo bloqueo institucional. Se este goberno é tan obxectivo e tan transparente que empece de unha vez a demostralo”.

“Somos todos malos? Non. Somos alcaldes que gañamos unhas eleccións, que representamos aos nosos veciños e que somos merecentes de ser escoitados”, manifestou.

Pola súa parte, a voceira do grupo provincial do PP e alcaldes de Mos, Nidia Arévalo, considera que é unha falta de respecto a actitude da presidenta. “Representamos aos veciños dos nosos concellos e por iso esiximos diálogo, porque está acostumada a dicir unha cousa e facer a contraria”. Ademais, apuntou que lles parece “un erro poñer de novo en marcha un plan concellos a espaldas dos alcaldes da provincia, e por iso lle pedimos que abra a porta da Deputación de Pontevedra”.

Xusto cando os alcaldes saíron do Pazo Provincial, unha persoa do gabinete da presidencia chamou a Nidia Arévalo para trasladarlle que a presidenta, nunha conversa telefónica, acababa de dicirlle que non os vai a atender nin agora nin nunca.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: