Cristina Medina achega á Universidade A grito pelao, un espectáculo cheo de humor, música, poesía e baile

cristina-medina-actuandoA actriz, da compañía Pez en raya, estará acompañada en escena dunha banda de músicos que farán vibrar ao público co seu directo

Vigo, 16 de novembro de 2016.- A programación cultural deste primeiro cuadrimestre da Universidade de Vigo ten mañá unha cita co humor irreverente da veterana compañía Pez en raya, coa obra A grito pelao. A actriz Cristina Medina (Nines, na serie La que se avecina) achégase mañá ao Teatro de Cidade Universitaria como unha moderna Branca Neves e o fai acompañada da súa banda “los gusanitos de Teruel”. O resultado, un moderno cabaré que fará vibrar ao público cunha posta en escena chea de humor, música en directo, ilustración, poesía e baile.

A grito pelao afonda nun mundo imaxinario cheo de sensacións como o amor, a perda ou o medo, todo choupado de humor e música. Os poemas de Remedios Crespo, as delirantes cancións de Jesús Chávez, Nani Conde e David López, así como a coreografía de Israel Galván e a escenografía da debuxante Coco Dávez, completan o elenco desta obra chea de imaxinación.

Cristina Medina (Pez en Raya)

A grito pelao

Data:  17 de novembro

Hora:  18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar: Teatro Cidade Universitaria. Universidade de Vigo.

Pez en Raya é unha compañía sevillana formada por Cristina Medina e Joan Estrader.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: