Archivo | noviembre 17, 2016

España firma un acuerdo para facilitar el intercambio de energía eléctrica renovable entre el Mercado Interior Europeo y Marruecos

* El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, ha participado en la firma, junto con representantes de Marruecos, Portugal, Francia y Alemania.

* Los firmantes han sellado la declaración conjunta en el marco del Día de la Energía de la Conferencia de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (COP 22), en Marrakech.

17.11.16. El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, ha firmado hoy en Marrakech un acuerdo con representantes de Marruecos, Portugal, Francia y Alemania para facilitar el intercambio de energía eléctrica de origen renovable entre Marruecos y el Mercado Interior Europeo mediante la progresiva integración de los mercados eléctricos de ambas partes.

Actualmente Marruecos solo está interconectado con la Unión Europea a través de España, y además es necesario completar el Mercado Interior de la energía para eliminar obstáculos que impiden un mayor intercambio de electricidad. Por ello, la Declaración incluye el establecimiento de una hoja de ruta que analizará los aspectos legales, técnicos, económicos, medioambientales, etc., así como los cuellos de botella que limitan en estos momentos el intercambio de electricidad entre ambos. El objetivo es alcanzar un acuerdo de implementación en la COP 23 o en un futuro próximo, aunque teniendo en cuenta las circunstancias de cada país.

La firma de esta Declaración se enmarca, de una parte, en la estrategia del Gobierno de profundizar la interconexión del mercado español. La Declaración complementa en este terreno los esfuerzos que se han llevado a cabo para desarrollar nuevas interconexiones españolas con Europa, a través de Francia, y que previamente se vieron materializados en la Declaración de Madrid. Para España, las interconexiones son clave para reducir los costes del sistema eléctrico, favorecer la integración de más generación renovable y mejorar la calidad y la seguridad del suministro.

El ministro Álvaro Nadal ha mostrado su satisfacción por la participación de España en la elaboración de esta Declaración, y ha enfatizado la importancia que nuestro país da a la relación energética con Marruecos, dentro de los estrechos vínculos económicos que unen a ambas naciones.

El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital concede nuevos números telefónicos fijos a Madrid y Guipúzcoa

* Mediante resolución de la Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital, los números de teléfono fijos en Madrid también podrán empezar por 919, y en Guipúzcoa por 8437.

* Madrid y Guipúzcoa disponen, respectivamente, de 1.000.000 y 100.000 de números de teléfono fijo adicionales para atender las demandas de los próximos tres años.

* Con esta resolución se da respuesta a la necesidad de nuevos números fijos tal como señaló el informe de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) de 26 de julio de 2016.

17.11.16. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través de la Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital, ha atribuido numeración adicional para el servicio telefónico fijo y adjudicado indicativos provinciales.

Con esta resolución se da respuesta a la necesidad de atribución de nueva numeración geográfica para el servicio telefónico fijo disponible en Madrid y en Guipúzcoa, tal y como señaló el Informe de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) de 26 de julio de 2016.

La necesidad de asignar nuevos bloques de numeración era más urgente en la zona de Madrid, donde alcanzaba el 97%, con lo cual, al ritmo actual de asignaciones, los bloques disponibles se agotarían en poco más de un año.

Por su parte, Guipúzcoa sólo disponía de 11 bloques de 10.000 números para asignación, lo que era insuficiente para atender las necesidades tanto de los operadores establecidos como de posibles nuevos operadores.

En el resto de zonas provinciales en las que la tasa de ocupación supera el 80% no es tan urgente la adjudicación y atribución de recursos adicionales ya que, según la estimación realizada por la CNMC en base a las necesidades anuales de numeración, estas estarían cubiertas para un plazo superior a los tres años.

El Plan Nacional de Numeración Telefónica, aprobado mediante Real Decreto 2296/2004, de 10 de diciembre, establece los criterios de atribución del recurso público de numeración, y los operadores deberán utilizar los bloques de número asignados dentro de los indicativos provinciales.

Con esta resolución se pone a disposición de los operadores del servicio telefónico fijo 1.000.000 de números (100 bloques) del rango 919 en Madrid y 100.000 números (10 bloques) del rango 8437 en Guipúzcoa.

En el caso de Madrid se trata del último rango que empieza por 91 que quedaba libre, por lo que en caso de futuras ampliaciones se atribuirán números que empiecen por 81. En el caso de Guipúzcoa, donde todos los bloques de números que empiezan por 943 ya se han asignado, los bloques 8436 y 8439 ya estaban disponibles y en uso desde hace varios años.

Por lo tanto, Madrid pasa a disponer a día de hoy de 128 bloques libres y Guipúzcoa de 21, con lo que sus necesidades de numeración estarán cubiertas al ritmo actual de asignaciones para un plazo superior a tres años.

Xubilados e pensionistas da CIG chaman á mobilización en defensa das pensións

Denuncian que se está poñendo en cuestión a súa viabilidade para favorecer os plans privados

Nacional – 17 Nov 2016

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG iniciou este xoves, con concentracións nas sete cidades e en Verín, unha campaña para sensibilizar á poboación, nomeadamente aos xubilados/as e pensionistas, sobre a necesidade de mobilizarse en defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao SMI.

Nas distintas concentracións convocadas, ás que se sumaron –no caso de Pontevedra e Vigo- emigrantes retornados/as, fíxose un chamamento tanto a quen xa son xubilados/as, como ao resto de sectores atinxidos, para que se organicen diante da inminente reforma das pensións.

De feito, alertaron de que nos últimos meses se están a escoitar todo tipo de informacións emitidas por supostos expertos que poñen en cuestión a viabilidade futura do sistema público de pensións, a capacidade para pagar aos e ás pensionistas actuais nos próximos anos, ou mesmo sobre a posibilidade de manter as pagas extraordinarias.

A este respecto denunciaron que son as “mesmas mentiras de sempre”, que teñen como obxectivo xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións para favorecer os plans privados “dos que se enriquece as grandes empresas e bancos que as xestionan”.

Ademais acusaron tanto ao PP como ao PSOE de dificultar cada vez máis, coas súas sucesivas reformas das pensións e da Seguridade Social, o acceso ás pensións contributivas, rebaixando as contías de quen accede ao sistema e atrasando a idade efectiva de xubilación.

 

Pensións por debaixo da media en Galiza

O Colectivo de Xubilados e Pensionistas denuncia que nos últimos 6 anos houbo varios exercicios nos que non se revisou o importe nominal das pensións ou fíxose por baixo da inflación, chegando a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC até que no ano 2013 se procedeu a anulación desta lei.

Esta última reforma das pensións executada polo PP elimina a referencia do IPC para o incremento das pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras, “sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida”.

Estas políticas provocan que un empobrecemento maior dos/as pensionistas: case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, aumentándose a diferenza negativa. Así, en Galiza a pensión media está máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español.

 

1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos na pobreza

E se esta situación é grave en xeral, máis o é no caso das mulleres que tamén para isto son obxecto de descriminación por unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto á feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza.

A todo isto engaden o “roubo” desde o Estado ás pensións dos/as emigrantes retornados e o estabelecemento polo Partido Popular dos repagamentos, a retirada de medicamentos moi usados do financiamento público, e o recobro dos medicamentos que se dan nas farmacias dos hospitais.

Sobre isto subliñan ademais que estas medidas afectan especialmente ás e aos pensionistas e enfermos/as crónicos/as, “converténdose nun novo imposto á enfermidade e nunha grave dificultade para acceder á medicación aumentando o sufrimento das persoas”.

Por iso, insisten en que é imprescindíbel “propiciar a mobilización e a participación activa do colectivo das persoas pensionistas e xubiladas na esixencia de cambios na actual situación”. “É necesario que nos mobilicemos para que se derroguen todas estas políticas e reformas”, engaden, á vez que lembran que a CIG “é a única central que na Galiza se ten mobilizado contra as sucesivas agresións ao sistema público de pensións, como xa demostrou a folga en solitario de 2011 contra o pacto asinado entre as centrais estatais e o goberno”.

‘Milagro en casa de los López’ en Afundación Vigo

Milagro en casa de los López chega mañá aos escenarios do Teatro Afundación na cidade de Vigo como parte da oferta prevista para esta tempada. Manuel Gancedo achega o público á mansión dos López, un aburrido matrimonio que decide introducir cambios na súa vida co aloxamento dunha hóspede. A función, que é unha adaptación dun texto de Miguel Mihura, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo, situado na rúa Policarpo Sanz, 13. As entradas poderán adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: en ataquilla.come mediante o teléfono 902 504 500. 

A XUNTA ADXUDICA O CONTRATO PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN VIGO

O Goberno galego prevé construír neste concello arredor de 80 vivendas de promoción pública mediante o investimento de 7,2 millóns de euros

 

  • O contrato adxudicado contempla a redacción dos proxectos e dirección da obra de construción de vivendas na rúa Chantada
  • Proximamente adxudicarase a redacción dos proxectos e dirección de obra doutra promoción na rúa Ignacio Grobas

 

Santiago, 17 de novembro de 2016.-  A Xunta construirá arredor de 80 vivendas de promoción pública no Concello en Vigo, en dúas promocións que se edificarán nas rúas Chantada e Ignacio Groba, mediante un investimento de 7,2 millóns de euros. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción dos proxectos básicos e de execución, xunto coa dirección de obra, para a construción de vivendas na parcela 8-U.A-03, emprazada na rúa Chantada.

O Goberno galego adxudicou á empresa Iglesias y Veiga Arquitectos S.L.P, por importe de 113.799,29 euros, a redacción dos proxectos básico e de execución, así como a posterior dirección da obra de construción das vivendas. O prazo de execución do contrato é de catro anos ao incluír a dirección de obra. Un total de 10 arquitectos ou estudios de arquitectura presentaron ofertas para a realización dos traballos adxudicados.

Proximamente procederase tamén á adxudicación da redacción dos proxectos básico e de execución, así como a dirección de obra, para  a construción doutras  vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Groba, en Cambeses.

Con estas promocións, o Executivo autonómico dotará a Vigo de novas vivendas de promoción pública destinadas a cubrir as necesidades das familias máis desfavorecidas da cidade.

As vivendas edificaranse sobre parcelas cedidas polo Concello de Vigo a cambio do 10 por cento da edificabilidade, polo que non se trata de unha cesión gratuíta, senón que o concello recibirá vivendas e locais a cambio das parcelas cedidas ao IGVS.

ABANCA e Terra de Homes traen a Galicia á activista mauritana Aminetou Mint Ely

  • ABANCA e a Fundación Terra de Homes presentaron na Coruña o Foro ABANCA Responsable e a Gala Solidaria da ONG
  • O Foro Responsable, que conta entre os seus membros iniciais con 40 empresas e institucións, impulsará a xestión empresarial ética en Galicia
  • A Gala Solidaria de Terra de Homes recoñecerá o apoio de diferentes persoas, empresas e institucións ao seu labor en favor da infancia
  • Aminetou Mint Ely tomará parte en ambas as iniciativas e será premiada na Gala pola súa traxectoria en defensa dos dereitos humanos
20161117-abanca-foro-responsable-1
De dereita a esquerda, Raúl Besada, Tatiana Suárez e Aminetou Mint, acompañada dun tradutor, durante a rolda de prensa de presentación.

20161117-abanca-foro-responsable-2
De dereita a esquerda, Raúl Besada, Tatiana Suárez e Aminetou Mint, acompañada dun tradutor, durante a rolda de prensa de presentación.

 

ABANCA e a Fundación Terra de Homes presentaron esta mañá a súa liña de colaboración no terreo da acción social, froito da cal entre hoxe e mañá celebraranse na Coruña a primeira actividade do recentemente creado Foro ABANCA Responsable e unha nova edición da Gala Solidaria da ONG en Galicia.

O evento de presentación de ambas as iniciativas tivo lugar na sede de ABANCA na Coruña coa presenza de Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira, Raúl Besada, delegado da Fundación Terra de Homes en Galicia, e Aminetou Mint Ely, activista social en defensa dos dereitos humanos e presidenta da Asociación de Mulleres Cabeza de Familia (ASCF) de Mauritania, quen participará tanto na primeira actividade programada polo Foro como na Gala Solidaria.

“O Foro ABANCA Responsable, que nace do noso compromiso co tecido empresarial galego, está aberto á colaboración con outras entidades e institucións e traballará para promover unha forma de entender os negocios na que a ética ocupe un lugar central”, sinalou Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA.

Pola súa banda, Raúl Besada, delegado en Galicia da Fundación Terra de Homes, deu a coñecer o traballo que realiza Aminetou Mint e o apoio que desde Terra de Homes recibe desde fai varios anos para levalo a cabo.

Impulso á responsabilidade social empresarial en Galicia

O Foro ABANCA Responsable é unha iniciativa de ABANCA que nace co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) en Galicia a través do fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas da comunidade. O Foro ABANCA Responsable conta entre os seus 40 membros iniciais con algunhas das empresas, asociacións e institucións máis representativas da economía e o tecido social de Galicia.

Como funcións a desenvolver, o Foro ABANCA Responsable promoverá a defensa da xestión responsable, fomentará o seu recoñecemento público, estudará e proporá iniciativas, normativas e actuacións orientadas á consecución dun marco legal favorable á súa aplicación, promocionará e difundirá as boas prácticas entre empresas, asociacións e institucións, e acompañará e tutelará a outras entidades no proceso de implantación de sistemas de xestión responsable.

Tras a súa presentación, o Foro Responsable ABANCA desenvolverá esta tarde a súa primeira actividade: unha conferencia de Aminetou Mint Ely na que a activista exporá o proxecto Petites Bonnes, iniciativa desenvolvida en colaboración con Terra de Homes para combater a explotación laboral doméstica de nenas en Mauritania.

Gala Solidaria: recoñecemento ao compromiso social

Por outra banda, pola súa traxectoria en defensa dos dereitos humanos, especialmente da infancia, Aminetou Mint Ely recibirá o Recoñecemento de Honra na Gala Solidaria da Fundación Terra de Homes que terá lugar mañá venres no Centro Sociocultural Ágora da Coruña.

A Fundación Terra de Homes, dedicada á acción directa en favor da infancia, premia neste evento o labor de apoio que lle prestan diferentes persoas, institucións e empresas para o desenvolvemento da súa actividade. A gala, organizada en colaboración con ABANCA, o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, será presentada por Liño Braxe e contará coa participación de Coro Cantabile, a Escola de Danza Druida, o Grupo de Teatro do ONCE e a cantante Yhadira.

Fundación Terra de Homes – España naceu en 1994 dentro do Movemento Internacional Terre des Hommes e forma parte da Federación Internacional Terra de Homes, segunda agrupación mundial de ONGD de atención á infancia. Con máis de vinte galardóns polo seu labor humanitario, Terra de Homes actúa en países de Asia, África e América Latina a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento executados en tres niveis: saúde maternoinfantil, protección da infancia e crises humanitarias.

En España leva a cabo campañas de educación e sensibilización co obxectivo de concienciar á sociedade sobre diferentes temáticas, como migración, explotación sexual ou laboral, e diferencias norte-sur. Desenvolve ademais iniciativas como o programa sanitario Viaxe cara á vida, que posibilita o traslado e tratamento médico en España de nenos e nenas africanos gravemente enfermos que nos seus países de orixe non poden ser atendidos.

Dereitos humanos e da infancia

Terra de Homes mantén desde hai anos unha estreita colaboración con Aminetou Mint Ely plasmada no desenvolvemento de proxectos en común. A activista mauritana visita por primeira vez Galicia da man de Terra de Homes e ABANCA para dar a coñecer a súa loita polos dereitos humanos, e en especial a súa batalla contra a escravitude, o tráfico de persoas e o traballo de menores como empregadas do fogar no seu país.

Aminetou Mint Ely foi candidata ao Premio Nobel da Paz en 2015. En 2010 recibiu o recoñecemento ao seu labor por parte do Departamento de Estado de Estados Unidos. En 2006 recibiu o Premio de Dereitos Humanos da República Francesa. A Universidade de Georgetown (Estados Unidos) considerouna como unha das 500 personalidades máis influentes no mundo islámico.

ABANCA Responsabilidade Social Corporativa

A creación do Foro ABANCA Responsable e a colaboración coa Fundación Terra de Homes forman parte da estratexia de Responsabilidade Social Corporativa que a entidade financeira vén desenvolvendo desde a súa creación.

Nela destacan, entre outras moitas accións de tipo social, educativo e cultural, a posta en marcha dun programa de educación financeira para nenos e adolescentes, as medidas de protección para debedores hipotecarios, a colaboración con Afundación para o desenvolvemento da súa acción educativa, social e cultural, a difusión da Colección de Arte ABANCA, a educación en valores a través do deporte e da cultura, ou o programa de Voluntariado Corporativo.

AIMEN participa en el desarrollo de un innovador robot colaborativo para operaciones logísticas y de ensamblaje en la industria aeroespacial y de automoción

  • El robot autónomo desarrollado en el marco del proyecto permitirá automatizar operaciones logísticas y de ensamblaje en colaboración con los operarios.
  • Los resultados de esta iniciativa, en la que participan empresas, universidades y centros de investigación de cinco países, se validarán en plantas de automoción y de la industria aeroespacial, concretamente para ensamblaje de vehículos en Renault y de satélites en Thales Alenia, respectivamente.

 proyecto_colrobot

Adjunta se envía una fotografía con el equipo de trabajo del proyecto ColRobot y una infografía con diferentes aplicaciones del sistema robótico a los sectores aeroespacial y de automoción.

Link a un vídeo animado del proyecto ColRobot: https://www.youtube.com/watch?v=8zpYzVEw-Io&feature=youtu.be

De La Swing presenta la nueva referencia del sello Glasgow Underground

  • Disponible a partir de mañana, 18 de noviembre
  • Noviembre y diciembre, cargados de fechas especiales y sorpresas
  • Gran acogida de su reciente gira por Argentina
Tras un verano inolvidable, quizá el más especial hasta la fecha, De La Swing sigue en línea ascendente, presentando grandes novedades para este invierno que se nos echa encima, con EP y varias fechas especiales para los meses que se avecinan…

Empezando este viernes 18 de noviembre, en el que De La Swingpresenta su primera referencia en el  selloGlasgow Underground. ‘No Rules EP’ es un trabajo con dos cortes originales, ‘No Rules (Original Mix)’  y ‘Universal Key (Original Mix)’: temas físicos, muy pisteros, que ya han conseguido el support de artistas de la talla de Annie Mac en su programa de radio, Basement Jaxx, Skream, Technasia, Rob Da Bank o Hot Since 82. Podéis escuchar los previews haciendo click en la imagen.
Y el próximo 9 de diciembre verá la luz elremix que De La Swing ha realizado para el‘Apache EP’ del británico Jacky. En esta ocasión, se trata de un remix del tema que da nombre al disco y que verá la luz a través de la plataforma Red Lunar Records, propiedad del mismo Jacky. ‘Apache EP’ consta de cuatro temas, dos originales de Jacky y remixes de Alexis Raphael y De La Swing. ¡Estad atentos a todas las plataformas!
SETS, PODCASTS & VIDEO
Tampoco nos olvidamos de la reciente aparición de De La Swing en el míticoToolroom Radio de Mark Knight. En su episodio 346, además de hacerse eco de varios originales de elrow Music, De La Swing se encargaba de mezclar la segunda hora del programa, incluyendo varios temas inéditos de elrow Music, que pronto estarán disponibles. Podéis volver a escuchar el episodio haciendo click en la imagen.
NOVEDADES
El pasado 10 de noviembre tuvo lugar el tradicional encendido de luces de laCarnaby Street de Londres. En el marco de este evento, elrow creó un evento efimero que contó con la presencia de nuestro De La Swing, acompañado de Eats Everything, Patrick Topping yGeorge Privatti. Para ver el video hacedclick en la imagen.
En octubre, De La Swing hacía su debut en Argentina. Siendo su primer viaje al sur de continente americano, de donde se llevó una tremenda impresión con el público argentino, del cual destaca su gran cultura musical
Por una parte, agradecer al público y a todo el equipo del impresionante club Dorian Grey Santa Kitsch de la ciudad de Córdoba (Argentina)
Y por la otra, al respetable y al staff del PM Open Air de Buenos Aires. Podéis ver el video de su paso por PM haciendo click en la imagen.
De la Swing - Official Aftermovie elrow Los Pilares 2016
Y en el medio de la celebración de lasFiestas del Pilar en Zaragoza (España), De La Swing sacó un rato para realizar este video promocional del paso de elrow por la ciudad del viento. No os lo perdáis haciendo click en la imagen.
UPCOMING EVENTS
Save the dates! 25 de noviembre en Sankeys Manchester (UK); el 26 de noviembre, set especial de 4 horas en COD 152 Valencia (SPN); el 3 de diciembre en Motion Bristol (UK); y el 7 de diciembre en Ipanema Club de Barletta (IT)

Concelleiros do Porriño con especialistas europeos en Cambio Climático

OS CONCELLEIROS DE MEDIO AMBIENTE, LIMPEZA E EDUCACIÓN DO PORRIÑO, CON ESPECIALITAS E PROFESORES QUE ELABORAN NO PORRIÑO UN PROGRAMA EUROPEO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICOimg-20161116-wa0002

Os concellerios de Educación, Lourdes Moure, Medio Ambiente, Marcelino Coto, e Limpeza do Porriño, Orlando Vázquez, acudiron á EDAR de Gullarei xunto con especialitas e profesores que están a participar nun programa europeo K-2 para o desenrolo de material didáctico sobre o cambio climático.

Representantes do Instituto Ribeira do Louro, membros da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, da Asociación Portuguesa de Protección Ambiental, do Instituto de Protección do Medio Ambiente de Polonia e do Centro Tecnolóxico de Escocia, concluíron así as reunións que mantiveron no Porriño, o xoves  pasado, e na Facultade do Mar o venres, para rematar o estudo sobre o impacto do cambio climático no mar.