XUNTA PUBLICA NO DOG O ANUNCIO POLO QUE SE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE GONDOMAR E A RAMALLOSA

  • Esta actuación conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, que estarán cofinanciadas con Fondos FEDER
  • Estas sendas destínanse a peóns ou á circulación de ciclistas, protagonistas da estratexia en materia de Mobilidade Alternativa de Galicia, que permitirá minimizar as repercusións sobre o medio ambiente e os seus impactos sociais e económicos

 

Santiago, 18 de novembro de 2016.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista entre as poboacións de Gondomar e A Ramallosa (PO-340), concretamente, entre os puntos quilométricos 17+650 e 21+360, así como a relación individual de bens afectados. Esta actuación conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, que estarán cofinanciadas con Fondos FEDER. Para obter máis información sobre a licitación pódese consultar o seguinte enlace https://goo.gl/wvwzjb.

 

Esta vía forma parte do Plan de Sendas de Galicia na área de Vigo, na que a Xunta destina un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios. Neste momento, o Executivo autonómico está a avanzar na tramitación para levar a cabo a contratación destas actuacións coa fin de que se inicien o vindeiro ano.

 

Este proxecto construtivo ten por obxecto a realización das obras precisas para a construción dunha senda mixta destinada ao tráfico peonil e ciclista, ao longo da marxe esquerda da PO-340, que permita comunicar os núcleos de Gondomar e A Ramallosa. A sección característica da senda dispón de 2,7 metros de ancho, cun separador vexetal de 0,5 metros e borde de formigón de 0,22 metros de ancho; executada en formigón coloreado e sobreelevada 3 centímetros respecto da cota da estrada.

 

As obras previstas comprenden tamén, de xeito complementario e coa finalidade de garantir a funcionalidade e operatividade da actuación principal (senda peonil e ciclista), as seguintes actuacións:

 

  • A intersección do PK 18+880 coa rúa Vilariño, moi próxima ao IES Escolas Pombal, na que se construirá un cambio de sentido con carril central de espera, para facilitar os xiros, restrinxidos actualmente na maior parte do tramo obxecto da actuación.
  • O cruce do PK 20+580 coa estrada da Deputación a Golada, moi próximo ao centro de saúde Val Miñor: neste caso aumentaranse as cuñas de cambio de velocidade e modificarase o illote existente transformándoo en semicircular para permitir os cambios de sentido neste punto.

 

O proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de 30 hábiles, é dicir, o 26 de decembro, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.


Tamén se somete a información pública a relación das 85 bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: