Archive | noviembre 19, 2016

Comunicado da Consellería de Infraestruturas e Vivenda sobre o Transporte Metropolitano de Vigo

Santiago, 18 de novembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, reitera que nin o Concello de Vigo nin a empresa Vitrasa cumpriron aínda co seu compromiso de presentar ante a Administración autonómica a homologación dos dispositivos de cobro necesaria para a integración do autobús urbano da cidade no Plan de Transporte Metropolitano.

Tal e como afirmou esta mañá en Vigo a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Väzquez, o proceso de integración do autobús urbano no Plan de Transporte Metropilitano está paralizado á espera de que a Administración local e Vitrasa cumpran coa estipulación sétima do convenio asinado o pasado 6 de xullo entre as tres partes.

O pasado mes de setembro, Vitrasa presentou ante a Xunta de Galicia os dispositivos adaptados para os traxectos interurbanos, unha tecnoloxía que está en fase de correccións por parte da empresa.

Sen embargo, e tal e como recoñeceron os responsables de VItrasa na xuntanza técnica que mantiveron a pasada semana con representantes da Xunta e do Concello de Vigo, os dispositivos homologados para o cobro das viaxes urbanas con Tarxeta de Transporte Metropolitano non teñen sido remitidos aínda ao Goberno galego.

Nesa mesma xuntanza, o Concello de Vigo manifestou o seu rexeitamento a que ese dispostivo aplicase a tarifa fixada no convenio de 0,86 euros.

A homologación deses dispostivios de cobro é indispensable para a posta en marcha efectiva da integración do autobús urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano que se acordou o pasado 6 de xullo.