Archive | noviembre 22, 2016

Mañana comienza el I Congreso Nacional de Ecoturismo

* Organizado por la Secretaría de Estado de Turismo y el Organismo Autónomo Parques Nacionales, tiene lugar en Daimiel del 22 al 24 de noviembre

* El evento coincide con el centenario de la declaración de la primera Ley de Parques Nacionales de España

21.11.16. La Secretaría de Estado de Turismo del Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital y el Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN) del Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente han organizado, junto con el Ayuntamiento de Daimiel, el I Congreso Nacional de Ecoturismo que, del 22 al 24 de noviembre, se celebrará en este municipio. El acto cuenta además con la colaboración del Club Ecoturismo en España y la Asociación Turística Tablas de Daimiel.

El I Congreso Nacional de Ecoturismo reúne a representantes de las diferentes administraciones públicas y del sector privado relacionados con el ecoturismo. El objetivo es debatir sobre las mejores fórmulas para desarrollar y promover esta actividad, que cuenta con un enorme potencial en nuestro país, y que pretende crear experiencias ligadas al disfrute de la naturaleza, asegurar y promover su conocimiento y conservación y generar riqueza en el mundo rural.

El acto contará con ponentes como Jim Barborak, representante de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (UICN), o Sofía Gutiérrez, directora adjunta del Programa de Desarrollo Sostenible de Turismo de la Organización Mundial del Turismo. Habrá además mesas redondas destinadas a preparar un documento consensuado con recomendaciones para la planificación del producto ecoturismo y los

participantes realizarán presentaciones con experiencias ejemplares de esta actividad. Por último, el congreso pretende concluir con la Declaración de Daimiel, un documento de trabajo que contendrá los pasos que es necesario seguir en este sector de cara al futuro.

La celebración de este Congreso coincide con el centenario de la declaración de la primera Ley de Parques Nacionales de España y con el próximo inicio del Año Internacional del Turismo Sostenible, que tendrá lugar en 2017.

Para más información, pueden ponerse en contacto con la Secretaría del Congreso. Ayuntamiento de Daimiel–Oficina de Turismo secretaria@congresonacionaldeecoturismo.es.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS 100 PRAZAS QUE A OITAVA EMAX PON A DISPOSICIÓN DE MOZOS E MOZAS DE ENTRE 18 E 30 ANOS E QUE SE CELEBRARÁ EN BRAGA NOS DÍAS 9, 10 E 11 DE DECEMBRO

  • As prazas inclúen o servizo de aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple e haberá servizo de transporte desde Galicia a Braga, con saída o día 9 de decembro desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 11 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.

Santiago, 21 de novembro de 2016.- A Consellería de Política Social, da man da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, estará representada na oitava edición da EMAX ‘Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal’ e que terá lugar na cidade lusa de Braga durante os días 9, 10 e 11 de decembro. O encontro vai dirixido a mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenís ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos. Neste intre o prazo de inscrición para cubrir as 100 prazas ofertadas (cun máximo de 5 prazas por asociación ou grupo informal) está aberto ata o vindeiro 27 de novembro. Alí xunto a outros mozos e mozas, así como outras entidades do sector como a Fundación Galicia Europa participarán nun espazo de aprendizaxe, animación, cultura e lecer que construirá un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil e que estará organizado pola FNAJ (Federaçao Nacional das Associaçoes Juvenis de Portugal).

As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que se presenten por asociacións xuvenís ou grupos informais que se inscriban para participar na ‘Mostra que Fazes’ que consiste na presentación de boas prácticas asociativas; que se inscriban para participar na mostra con música tradicional galega; ou que se inscriban para participar na mostra expositiva. Se as inscricións para participar nas actividades descritas superan o número de prazas, atenderanse as peticións por rigorosa orde de inscrición e atendendo ás necesidades de representación para cada mostra. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de reserva por orde de entrada e no suposto de baixas poderán ser adxudicadas as vacantes por dito orde. As persoas participantes das asociacións e grupos informais recibirán un correo de confirmación unha vez rematado o prazo de inscrición. No suposto de non ter recibido ningún correo o día 8 de decembro, se entende desestimada a súa petición.

As prazas inclúen o servizo de aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple e haberá servizo de transporte desde Galicia a Braga, con saída o día 9 de decembro desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 11 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido. Para máis información pode consultarse a páxina web galeuropa@xunta.gal.

Oitava EMAX

O encontro ten por obxectivo crear un espazo aberto ao asociacionismo e de reflexión sobre a empregabilidade xuvenil e a importancia da participación das persoas mozas na sociedade, na cooperación transfronteiriza e no desenvolvemento das rexións. Será un espazo para tratar temas de interese común, dando continuidade ás actividades desenvolvidas nas anteriores edicións da EMAX.

Preténdese que sexa unha mostra de boas prácticas asociativas e proxectos, posibilitando o intercambio de experiencias entre os mozos participantes, estimulando o espírito de iniciativa e a creatividade. Aproveitarase para facer fincapé na participación activa das asociacións, podendo elas mesmas mostrar as súas iniciativas e compartir ideas e experiencias.

REY VARELA REIVINDICA “A COORDINACIÓN DOS RECURSOS AUTONÓMICOS E LOCAIS” DURANTE A SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA ESCOLA INFANTIL DE PONTEDEUME

  • _a9a6217Ao abeiro do acordo, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Pontedeume unha cantidade máxima de 400.000 euros durante a anualidade de 2017
  • A inversión total para a reforma e ampliación da escola será de 674.272,50 euros

Pontedeume (A Coruña), 21 de novembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou no día de hoxe o convenio de colaboración co Concello de Pontedeume (A Coruña) para o financiamento das obras de mellora da escola infantil municipal. Na sinatura do convenio tamén estiveron presentes o alcalde do municipio coruñés, Bernardo Fernández Piñeiro, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez.

Durante a firma do acordo, celebrada no Chalet Rosa que acolle a devandita escola infantil, Rey Varela subliñou a importancia “do diálogo e a coordinación dos recursos autonómicos e locais que posibilita a mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas”. Proba desta colaboración xurde este convenio que, segundo o conselleiro, supón “o primeiro paso na reforma e ampliación da escola infantil de Pontedeume” que permitirá “unha mellor atención aos menores deste concello”.

Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Pontedeume unha cantidade máxima de 400.000 euros durante a anualidade de 2017. A inversión total para a reforma e ampliación da escola será de 674.272,50 euros.   

Afundación, premiada pola súa aposta a prol da normalización da diversidade a través da cultura

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) foi recoñecida por Actualidade Económica polo traballo que desenvolve a entidade nunha das súas tres áreas estratéxicas prioritarias, a cultura como motor de mellora da sociedade. Así, o programa «Culturas da diversidade», impulsado pola Área de Cultura da entidade, foi recoñecido co segundo premio, na categoría de Cultura e Patrimonio, pola revista Actualidad Económica.

Actualidad Económica convoca estes premios co obxectivo de recoñecer os mellores proxectos levados a cabo polas entidades que son parte de CECA nos ámbitos de acción social, formación, desenvolvemento local, fomento do emprego ou cultura, entre outros.

Na seguinte ligazón podedes acceder a algunhas imaxes e vídeos do programa:

Culturas da diversidade

 

A vida do choco na Ría de Vigo, pecios profundos, tiburóns ou a serpe mariña xigante, na XXVI Semana de Cine Submarino de Vigo

O ciclo renderá homenaxe póstuma ao mergullador vigués Alexis Macía

PICTURE SHOWS:  Great White Sharks in South Africa feed on fish and  fur seals and have evolved extraordinary senses to find their prey.

PICTURE SHOWS: Great White Sharks in South Africa feed on fish and fur seals and have evolved extraordinary senses to find their prey.

o-reino-dos-nautilusA mostra, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria desenvolverase no Teatro Afundación de Vigo do 23 ao 25 deste mes

Vigo, 21 de novembro de 2016.- A XXVI Semana de Cine Submarino de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, afondará nesta edición nas espedicións a pecios afundidos a gran profundidade, na diversidade de tiburóns que poboan os nosos mares e océanos, no comportamento e estratexias do choco na nosa ría, no ecosistema do océano na Illa da Palma ou na serpe mariña xigante, entre outro temas. Ademais, este ano, o ciclo homenaxeará ao mergullador vigués Alexis Macía, que perdeu a vida o pasado mes de abril cando facía inmersións profundas, unha práctica na que era un especialista. A homenaxe terá lugar o xoves, 24 de novembro, coa proxección de Solopecios: memoria mergullada. Este audiovisual, de 28 minutos, conta como un grupo de mergulladores, entre os que se atopa Alexis Macía, busca pecios afundidos a grande profundidade ao longo da costa galega e vasca.

Ese mesmo dia, o xoves 24, proxectaranse dous dos últimos traballos de Rafa Herrero Massieu, realizador habitual das principais televisións do mundo como Canal Plus France, National Geografic Wild, Canal Xplora Canada ou BBC. Trátase de La Palma, illa azul e Espello líquido. Na primeira, Herrero retrata o patrimonio natural practicamente descoñecido da illa de La Palma, descubrindo o tornasol da súa fauna e flora. O segundo, de 50 minutos, dá unha visión diferente do mar a través de pequenas historias duns seres únicos onde a vida e a morte se mesturan cada día. Nesta xornada será precisamente Rafa Herrero o que participará no coloquio posterior ás proxeccións.

O ciclo de cine submarino arrancará o vindeiro mércores, 23 de novembro, coa proxección da produción galega asinada por Manuel E. Garci e Jorge H. Urcera: O choco: baixo as ondas da enseada de San Simón. Documental que pretende poñer en valor a riqueza natural das rías galegas e a importancia da súa protección. O audiovisual achégase ás nosas especies e retrata a súa reprodución e a súa supervivencia. Ese mesmo día proxectarase tamén Tiburóns: capítulo 1, un documental da BBC/Discovery Channel, que amosa a diversidade de tiburóns xa que foi filmada en mares de todo o mundo. Aparecen exemplares nunca filmados como é o caso dos da familia dos orectolóbidos que habitan no Pacífico occidental, ou o tiburón de Groenlandia, ata as especies máis coñecidas como o tiburón branco ou o tiburón martelo. Esta primeira xornada contará coa presenza como invitados de Manuel E. Garci e Jorge H. Urcera, directores da cinta dos chocos.

Os protagonistas da última xornada serán os traballos máis internacionais con proxeccións asinadas por algúns dos mellores fotógrafos submarinos do mundo como é

o caso de  Roberto Rinaldi e Bertrand Loyer. Rinaldi formou parte do equipo de Cousteau como un dos mergulladores do Calypso. O reino dos nautilus será o traballo asinado por el que se proxectará na Semana de Cine Submarino. A peza, de 30 minutos, tamén emplea a técnica de mergullo profundo para conseguir captar en Nova Caledonia, imaxes dos profundos habitantes dos arrecifes de coral. A técnica de mergullo empregada para esta filmación é a que trouxo por primera vez a Vigo precisamente Alexis Macía no 2007, os chamados rebreathers (recicladores), que permiten inmersións de 150-200 metros de profundidade. Este traballo obtivo o Premio Alain Esteve á mellor realización técnica para un documental de aventura e descubrimento. Tamén dunha notable calidade é o segundo traballo que pecha este ciclo. Trátrase de A serpe mariña xigante, asinado por Bertrand Loyer e feito para National Geographic Channels/Canal Arte France. Céntrase nun estudio detallado dos máis grandes peixes óseos do mundo. O peixe remo xigante, máis coñecido como o rei dos arenques, pode alcanzar os 6 metros de lonxitude. A criatura detrás do mito da serpe do mar. Esta xornada contará coa presenza, como invitado ao coloquio, do biológo do IIM-CSIC, Rafael Bañón.

A XXVI Semana de Cine Submarino terá lugar do mércores 23, ao venres, 25 de novembro, no Teatro Afundación de Vigo. A entrada será de balde ata completar aforamento e as sesións comezarán ás 20.00 horas.

Como é habitual na Semana, e tendo en conta o seu carácter divulgativo, haberá tamén pases especiais para escolares de centros de ensino da provincia, coordinados pola Obra Social Abanca Afundación. O horario das proxeccións será ás 10.00 e 12.00 horas, co fin de que os nenos e nenas coñezan desde pequenos a riqueza, a complexidade e a realidade dos mares e aprendan a respectalos.

Un ano máis, Extensión Universitaria pretende subliñar a mensaxe medioambiental e sostíbel deste ciclo de cine: sensibilizar sobre a necesidade de respectar as especies mariñas dos mares próximos e afastados e garantir a súa conservación. Para a Universidade de Vigo simboliza, ademais, un evento para conectar co gran público. Toda a información da Semana está disponíbel na súa web:  http://www.cinesubmarinodevigo.gal/.

Los vecinos de arriba no escenario de Afundación o 29 de novembro

O vindeiro 29 de novembro terá lugar a representación de Los vecinos de arriba,como parte da oferta prevista para a tempada de teatro de Afundación en Vigo. Trátase dunha comedia baseada na experiencia persoal do director e centrada na vida de parella e a sexualidade. Cuns diálogos cargados de forza, a obra, dirixida polo catalán Cesc Guy, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poderán adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: en Ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.

 

USUARIOS DE ASPNAIS VISITARÁN A AUDIENCIA PROVINCIAL

20161121-visita-audienciaLugo, 21 de novembro de 2016. Invitados polo Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, 30 usuarios de ASPNAIS visitarán mañá, martes, o Pazo de Xustiza da capital lucense.
A invitación xurdiu a raíz da visita que o Sr. Varela Agrelo efectuou aos talleres da Asociación provincial de país e titores de persoas con discapacidade intelectual
(ASPNAIS), dentro do programa de visitas que se viñeron efectuando ao longo deste ano, con motivo de cumprirse o primeiro medio século desta entidade.
En ASPNAIS considerouse do maior interese esta visita, que forma parte do conxunto das que se viñeron efectuando para que os usuarios da entidade teñan cabal coñecemento da realidade política, social, relixiosa, cultural e –neste caso- xudicial da capital lucense.
Os membros de ASPNAIS chegarán ao edificio dos xulgados ás once da mañá, onde asistirán a un xuízo dos que este día están programados para, a continuación, acudir ao Pazo da Audiencia onde serán recibidos polo seu Presidente, que os acompañará nunha visita ás diversas dependencias.

ABANCA crea unha unidade especializada de crédito ao consumo para financiar 400 millóns de euros na súa primeira fase

  • ABANCA Consumer Finance complementará o labor que desenvolve a rede comercial da entidade na concesión de financiamento a particulares
20171121-abanca-consumo-2
Salvador Loscertales lidera ABANCA Consumer Finance.

 

ABANCA continúa a súa transformación comercial, enmarcada dentro do seu plan estratéxico, co desenvolvemento de capacidades comerciais nos negocios máis rendibles no actual contexto de tipos e de mercado. Nesta ocasión reforzará o seu posicionamento no mercado do crédito ao consumo mediante a creación dunha unidade especializada denominada ABANCA Consumer Finance, que de maneira inmediata encargarase do desenvolvemento desta liña de negocio para poder competir cos EFCs (establecementos financeiros de crédito) especialistas en financiamento ao consumo. Esta nova unidade de negocio prevé conceder financiamento por importe de 400 millóns de euros durante a súa primeira fase de desenvolvemento.

A nova unidade ABANCA Consumer Finance complementará o labor que desenvolve a rede comercial da entidade na concesión de financiamento ao consumo aos seus clientes particulares. Para iso operará en dúas frontes comerciais diferenciadas: o desenvolvemento das súas canles prescriptoras (concesionarios,retailers, etc.) e o financiamento directo a clientes mediante distintas modalidades de tarxeta/préstamo.

A través de ABANCA Consumer Finance o banco con sede en Galicia lanzará ao mercado novos produtos de financiamento que se caracterizarán, seguindo o seu modelo habitual, pola súa competitividade, innovación, sinxeleza e comodidade para o cliente.

A creación da nova unidade implica a formación dun novo equipo dentro do banco que se encargará da súa xestión. A unidade estará liderada por Salvador Loscertales, executivo con 25 anos de experiencia nos segmentos do financiamento ao consumo e corporativo, recentemente incorporado á entidade.

Oferta para particulares e comercios

ABANCA dispón dunha ampla oferta de produtos e servizos para o financiamento ao consumo que serán a base da nova unidade especializada ABANCA Consumer Finance.

Nela destacan o Préstamo 24 Horas e a súa variante para a adquisición de vehículos novos ou usados para uso particular, caracterizados pola rapidez da súa tramitación, o servizo de financiamento en punto de venda Aprazos, que permite aos comercios posibilitar o financiamento das compras dos seus clientes no propio establecemento, de forma sinxela e sen asumir ningún risco, ou a nova utilidade de banca electrónica APPrázame, que permite aprazar compras xa realizadas cos tarxetas de crédito Visa ou MasterCard de ABANCA, seleccionando que operacións se queren aprazar e a que prazo, e confirmando o financiamento en segundos.

JAVIER CÁMARA Y SANTIAGO SEGURA FIRMAN UN DIARIO FOTOGRÁFICO DEL RODAJE DE “LA REINA DE ESPAÑA”, ÚLTIMA PELÍCULA DE FERNANDO TRUEBA

La Fábrica publica Cámara Segura con 100 fotografías en blanco y negro y color que desvelan los secretos de un rodaje cinematográfico desde la mirada de dos grandes actores del cine españolunnamed

Una oportunidad única de captar la esencia de un rodaje cinematográfico al acceder a determinadas áreas que nunca antes se han mostrado

Escenas de la cotidianidad de los camerinos, las pausas para el bocadillo entre tomas y la retaguardia del rodaje sirven de inspiración a Cámara y Segura para contar esta historia, dentro de la historia

La reina de España recuerda, en clave de comedia, una de las épocas doradas de la historia del cine: los rodajes en España de grandes producciones norteamericanas durante los años 50 y 60 del siglo XX 

Penélope Cruz, Fernando Trueba, Jorge Sanz, Rosa María Sardá, Antonio Resines, Loles León o Anabel Alonso, el equipo técnico y los figurantes son los personajes protagonistas de este diario de imágenes que ofrece una oportunidad única para diseccionar la magia del cine  

El próximo viernes 25 de noviembre a las 20 horas, Fernando Trueba y Santiago Segura presentarán el libro en La Fábrica, c/ Alameda, 9 


“Dos auténticos leones de la interpretación, de la comedia, del humor, de la vida….Cuando toman al asalto un plató, éste se convierte en una fiesta, en un musical”. Así habla el director Fernando Trueba de Javier Cámara y Santiago Segura. Dos de los integrantes del amplio elenco de La reina de España, que se convierten en voyeurs para construir un diario fotográfico del rodaje de la película.

El resultado es Cámara Segura, editado por La Fábrica, un diario de rodaje que construye una historia dentro de la historia a través de imágenes de la retaguardia del rodaje: las paradas para comer, los retoques del maquillaje, los miembros del equipo técnico entre bambalinas.

Javier Cámara y Santiago Segura se embarcaron durante el rodaje de la película en una inocente competición fotográfica, en la que, utilizando sus teléfonos móviles como única herramienta, intentaron captar una perspectiva diferente y desconocida de la magia de un rodaje cinematográfico. Lo que pretendía ser un álbum de recuerdos para los integrantes del equipo se convirtió, gracias a la insistencia de Fernando Trueba, en este libro que cuenta con un total de 100 imágenes en blanco y negro y color, acompañadas de textos de Trueba, Cámara y Segura.

Esta obra ofrece una oportunidad única de disfrutar de una nueva perspectiva sobre un rodaje cinematográfico. Al ser dos de sus protagonistas los que ponen su mirada al servicio del libro, estas imágenes abren la puerta a zonas y secretos de un rodaje que jamás antes se han mostrado. Javier Cámara y Santiago Segura se convierten en narradores de esa realidad inaccesible que está detrás de la creación de una gran producción.

Javier Cámara confiesa: “No ha habido nada más excitante que poder observar a mis compañeros en búsqueda constante. Los actores disfrutamos y sufrimos en la penumbra de la búsqueda incesante, en la que poco a poco empiezas a vislumbrar el personaje al final del túnel”

Las fotografías de este libro “son fotos que, de alguna forma, desvelan el truco, no respetan el misterio, muestran el “cartón”, humanizando el séptimo arte, haciendo terrenales a los dioses del celuloide”, señala Santiago Segura.

En definitiva Cámara Segura ofrece una oportunidad única de conocer la historia dentro de la historia, en el diario de rodaje de una película que, a su vez, habla de un rodaje cinematográfico.

A XUNTA SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA NA ESTRADA PO-250, ENTRE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN

 O prazo para formular observacións á concepción global do trazado deseñado comeza mañá e remata o vindeiro 4 de xaneiro

  • A lonxitude do itinerario é duns 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por unha cuneta de seguridade, e unha zona axardinada máis os bordos de separación
  • A construción da senda complementarase coa mellora da rede da drenaxe, a execución de estruturas de contención de terras ou a optimización da sinalización e o balizamento
  • Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios
  • Este tipo de actuacións promoven unha mobilidade máis sustentable, permitindo que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro

 

Santiago, 21 de novembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-250, no treito comprendido entre Amoedo e Pazos de Borbén, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+320.

As persoas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado, durante un prazo que comeza mañá e remata o vindeiro 4 de xaneiro. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar máis información relativa a este anuncio: goo.gl/wpVmuw

O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total da senda é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.

As obras previstas comprenden tamén outras actuacións necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada. Así, levaranse a cabo a mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal; execución de estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda; ou a optimización da sinalización e o balizamento.

Plan de Sendas

Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.