Archivo | noviembre 23, 2016

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE 26 CONCELLOS XA SE ADHERIRON AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS E CONVIDA Á CORUÑA, FERROL E VIGO A SUMARSE PARA COLABORAR CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou no Parlamento que esta medida no ten custo para as administracións locais

  • Lembra que a Xunta achega as garantías aos propietarios das vivendas desocupadas mediante un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda con asistencia xurídica
  • “O que lle pedimos aos concellos galegos é algo moi sinxelo: colaboración. E a cambio ofrecémoslle a oportunidade de dotarse de recursos para protexer o dereito á vivenda; e loitar de forma eficaz contra os desafiuzamentos”, asevera
  • Salienta que se trata dunha medida pioneira en España que pretende facer dos inmobles dosocupados unha bolsa de vivendas sociais para destinalas a alugueiro para as familias que precisan apoio

 

Santiago, 23 de novembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou hoxe que son xa 26 os concellos adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta e convidou aos concellos da Coruña, Ferrol e Vigo a sumarse á iniciativa para colaborar na loita contra os desafiuzamentos.

En resposta a unha pregunta parlamentaria no Pleno, a titular de Infraestruturas e Vivenda expresou a súa preocupación pola negativa dos gobernos locais desas tres cidades a adherirse a ese programa, tendo en conta que é precisamente nestas urbes onde se está a rexistrar o maior número de casos de desafiuzamentos e de problemas en relación coa vivenda.

Así mesmo, manifestou a súa sorpresa ante esa negativa, porque, segundo indicou o Programa de Vivendas Baleiras non supón custo algún para os concellos xa que é a Xunta a que achega garantías aos propietarios a través dun dobre seguro: un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, que inclúe asistencia xurídica.

“O que lle pedimos aos concellos galegos é algo moi sinxelo: colaboración. E a cambio ofrecémoslle a oportunidade de dotarse de recursos para protexer o dereito á vivenda; e loitar de forma eficaz contra os desafiuzamentos”, aseverou Ethel Vázquez, que lembrou que o Concello de Ourense foi o primeiro en incorporarse.

Neste momento, concretou que os concellos adheridos son 16 da provincia da Coruña; 2 de Lugo; 4 da provincia de Ourense; e 4 de Pontevedra, mentres que outros 22 concellos xa manifestaron o seu interese por adherirse ao programa e están a facer os trámites previos á sinatura. Segundo dixo, todos os municipios adheridos tramitan os procedementos para a selección e adxudicación de vivendas, cuxa aprobación é necesaria para comezar a captar e mobilizar as vivendas desocupadas e ofrecerllas ás familias.

A relación de municipios adheridos demostra, para a conselleira, que o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta, unha iniciativa coordinada coa Fegamp,  non ten nada que ver con “as cores políticas”, senón con facilitar ás familias con necesidades unha vivenda digna.

Ethel Vázquez reiterou o chamamento a todos os municipios galegos, especialmente, aos das grandes cidades para que asinen, canto antes, a súa incorporación a este Programa da Xunta.

Programa de Vivendas Baleiras

O Programa de Vivendas Baleiras forma parte das 12 medidas postas en marcha pola Xunta para dar apoio e solucións ás persoas que teñen dificultades para conservar o seu fogar ou para acceder a unha vivenda e está incluído no Plan RehaVIta, o primeiro plan de vivenda do Goberno galego e unha iniciativa pioneira en España.

Trátase de poñer unha vivenda a disposición das persoas que teñen máis dificultade de acceder a ela e, sobre todo, aos afectados por desafiuzamentos hipotecarios ou de aluguer na súa vivenda habitual. Empréganse as vivendas baleiras existentes nos municipios, sexan de organismos, particulares ou empresas, contando coa participación das administracións locais, así os concellos identificarán as vivendas baleiras dos seus municipios cuxos propietarios están dispostos a incluílas.

Na Xunta considera imprescindible a participación dos Concellos na loita contra os desafiuzamentos, por ser as administracións máis próximas aos cidadáns, ter competencias en políticas sociais, e ser a primeira porta á que acoden as persoas en busca de axuda,.

No convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp para a posta en marcha do Programa de Vivendas Baleiras fíxase un prezo máximo do alugueiro social (entre 250 e 350 € mensuais), segundo o municipio do que se trate, polo que se adapta a cada zona e ven determinado polas características da vivenda e polas circunstancias dos beneficiarios.

En el marco de la iniciativa 4.0, promovida y financiada por la Xunta de Galicia, a través de GAIN y el IGAPE, y coordinada por AIMEN, ACLUNAGA y CIS Galicia, se han organizado un total de 13 seminarios y 8 sesiones formativas con el fin de acercar y transferir tecnología avanzada al sector. SHIPBUILDING 4.0 ha desarrollado diferentes demostradores tecnológicos centrados en aspectos clave para el futuro del sector naval, como la robotización de la soldadura, el aligeramiento de estructuras navales mediante la incorporación de materiales compuestos de base polimérica, la reparación y fabricación avanzada de componentes mediante tecnología láser o las aplicaciones de la Realidad Virtual en procesos y productos construidos en astilleros gallegos. Pies de fotos Foto_Shipbuilding (de izqda. a dcha.): Óscar Gómez, director gerente de ACLUNAGA; Jesús Lago, director gerente de AIMEN Centro Tecnológico; Sonia Pazos, directora del Área de Centros GAIN. Foto_Celda: celda robotizada “low cost” para la soldadura de estructuras navales desarrollado en el marco de la iniciativa Shipbuilding 4.0.

eva-garca-de-la-torreA alcaldesa do Porriño mantivo este mércores unha reunión con representantes da Xunta de Montes de Atios para dar cumprimento ao acordo do Pleno do Concello  que, na última xuntanza, aprobou unha moción do BNG solicitando a ampliación da Área de Xogo Infantil da Guía.

Na moción se instaba ao Goberno local a convocar esta reunión, estudar a posibilidade de asinar un convenio de cesión de uso dunha parcela para a devandita ampliación, que o Goberno municipal solicitase dos técnicos do Concello a redacción dun proxecto de ampliación, e a aprobación dunha partida orzamentaria.

Na xuntanza deste mércores, Eva García de la Torre e os representantes da Xunta de Montes pecharon unha visita conxunta, coa asistencia dun técnico municipal, para o vindeiro xoves, día 1 de decembro, de cara á elaboración dun proxecto, para ampliar a actual área de xogo de A Guía ou para facer outro novo que, indicou a alcaldesa, podería abranguer, tamén, un parque biosaudábel para adultos.

García de la Torre e os representantes da Xunta de Montes, ademais de coincidir na necesidade de estudar as condicións de cesión dos terreos para este proxecto fixeron, tamén un repaso doutras necesidades de Atios que lle foron expostas polos responsábeis da Xunta de Montes.

A alcaldesa, como fixera durante o Pleno, volveu a amosar a súa coincidencia na “necesidade urxente” de arranxar, mellorar, ampliar ou crear novos parques infantís na vila e, como indicara tamén na pasada cita da Corporación, dispor das partidas orzamentarias necesarias para facelo.

SHIPBUILDING 4.0 moviliza a los astilleros para dinamizar la capacidad innovadora de la industria naval gallega

  • En el marco de la iniciativa 4.0, promovida y financiada por la Xunta de Galicia, a través de GAIN y el IGAPE,  y coordinada por AIMEN,  ACLUNAGA y CIS Galicia, se han organizado un total de 13 seminarios y 8 sesiones formativas con el fin de acercar y transferir tecnología avanzada al sector.
  • SHIPBUILDING 4.0 ha  desarrollado diferentes demostradores tecnológicos centrados en aspectos clave para el futuro del sector naval, como la robotización de la soldadura, el aligeramiento de estructuras navales mediante la incorporación de materiales compuestos de base polimérica, la reparación y fabricación avanzada de componentes mediante tecnología láser o las aplicaciones de la Realidad Virtual en procesos y productos construidos en astilleros gallegos.

celda shipbuilding

Pies de fotos

Foto_Shipbuilding (de izqda. a dcha.): Óscar Gómez, director gerente de ACLUNAGA; Jesús Lago, director gerente de AIMEN Centro Tecnológico; Sonia Pazos, directora del Área de Centros GAIN.

Foto_Celda: celda robotizada “low cost” para la soldadura de estructuras navales desarrollado en el marco de la iniciativa Shipbuilding 4.0.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu ao subdelegado do Goberno

23112016_despedidasubdelegadode foto: O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu ao subdelegado do Goberno na provincia,   Antonio Coello, na Delegación Territorial da Xunta, para despedirse do seu cargo.

REY VARELA DESTACA A ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN E A NOVA AXENDA SOCIAL DE GALICIA COMO DOUS PIARES FUNDAMENTAIS PARA LOITAR CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN

2016-11-23-13-04-59_resizedO conselleiro de Política Social defendeu hoxe no Parlamento as medidas da Xunta de Galicia para atender ás necesidades das familias con menos recursos

  • O responsable da área social da Xunta avogou por afondar na colaboración e cooperación entre administracións e coas organizacións que desenvolven a súa actividade neste ámbito
  • Entre outras medidas, Rey Varela destacou o reforzamento económico da RISGA, das ordes de subvención a corporacións locais e entidades de iniciativa social e dos equipos profesionais dos servizos sociais comunitarios

Santiago, 23 de novembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, sinalou hoxe na Cámara autonómica que a loita contra a pobreza e a exclusión seguirá a constituír un dos obxectivos prioritarios do conxunto do goberno galego, para o que avogou por profundar na colaboración coas distintas administracións, axentes, entidades e institucións que desenvolven a súa actividade no ámbito social. En resposta a unha interpelación parlamentaria, Rey Varela detallou as principais actuacións da Administración autonómica neste eido ao longo de 2016, as cales responden á Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e á nova Axenda Social de Galicia.

Así, o titular de Política Social destacou na súa intervención o reforzo orzamentario da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), cun orzamento de 52,7 millóns de euros. Este montante practicamente multiplica por dous a consignación reservada para esta finalidade en 2009, que foron 22,7 millóns de euros. “Ademais de facer este esforzo económico para que ningunha persoa que a precise quede sen esta prestación, tamén actuamos para axilizar os tempos de tramitación, cumprindo deste xeito o prazo de resolución que marca a lei de inclusión”, apuntou Rey Varela.  Así mesmo, outra prestación económica directa que abordou o conselleiro foi o complemento para os titulares de Pensións Non Contributivas (PNC), dotado con 9,5 millóns de euros e do que se benefician máis de 40.000 persoas.

No seu discurso, Rey Varela referiuse tamén ás melloras introducidas nas ordes de subvencións plurianuais de inclusión social dirixidas tanto ás entidades como aos concellos, e que nas convocatorias deste exercicio contaron con maior dotación económica e con novidades coa finalidade de ampliar o campo de actuación dos programas que estas financian, así como o número de destinatarios dos mesmos. Así, a última convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social para o período 2016-2017 ascendeu a 8,4 millóns de euros, cunha subida do 61% en comparación coa anterior edición; e incluíu unha nova liña de actuación para investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.

No que atinxe á orde de subvencións a corporación locais para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social, a convocatoria deste ano reserva máis de 5 millóns de euros, o dobre que no exercicio anterior; e ademais de ampliarse a poboación destinataria incluíndo a persoas que, non contando cos requisitos para ser preceptor da RISGA, estean nunha situación de vulnerabilidade, engadíronse dúas novas liñas de axuda dirixidas a centros de emerxencia e a programas complementarios de educación e apoio familiar.

Nesta liña de cooperación coas administracións locais, o conselleiro fixo fincapé no reforzamento dos servizos sociais comunitarios que prestan as entidades locais, cun investimento adicional de preto de 2 millóns de euros para o financiamento e o reforzo destes servizos, coa incorporación dun centenar de novos profesionais.

Outras medidas

Rey Varela tamén abordou outras acción contra a pobreza en que, ademais doutras institucións e dos concellos, participan varios departamentos autonómicos; e que se atopan recollidas na nova Axenda Social de Galicia.  

En concreto, Rey Varela mencionou medidas postas en marcha para previr os desafiuzamentos e contra a pobreza enerxética. Entre as primeiras, que contan coa implicación da área de Infraestruturas e Vivenda, sinalou o convenio de colaboración co Consello do Poder Xudicial e a FEGAMP; o programa Reconduce, con 428 familias atendidas no que levamos de exercicio; ou os acordos subscritos con entidades financeiras para que non se produzan desaloxos de vivendas por procesos de execución hipotecaria.


En canto ao apoio da Xunta de Galicia ás familias para combater a pobreza enerxética, Rey Varela referiuse ao tícket eléctrico social e a outra medida orientada a evitar os cortes de subministro eléctrico por impago, activada este ano pola Consellería de Economía e Industria e que permite cubrir o custe de dúas mensualidades ao ano por fogar garantindo desta maneira un servizo básico.

Datos de pobreza

Durante a comparecencia parlamentaria, o Conselleiro de Política Social apuntou que os datos de pobreza e risco de pobreza en Galicia son mellores que no resto de España. Así, a taxa AROPE na nosa Comunidade está tres puntos por debaixo da media estatal: o 25,7% fronte o 28,6%. Igualmente, o INE sitúa a Galicia case tres puntos por debaixo da media estatal: 19,4% fronte ao 22,1%.

En calquera caso, Rey Varela insistiu que “non é suficiente con ter uns indicadores máis favorables que o resto do Estado”, polo que instou a “seguir traballando entre todos para instaurar unha rede de protección para as persoas que o están pasando mal, xa que mentres unha soa persoa estea en risco de pobreza ou exclusión non poderemos estar satisfeitos”.

Encontro-coloquio con Rosario Sarmiento e artistas participantes na exposición MULLERES DO SILENCIO

Este venres 25 novembro No MARCO – Vigounnamed-3

Encontro-coloquio con Rosario Sarmiento e artistas participantes na exposición MULLERES DO SILENCIO

Ciclo “Dialogando coa arte” / Agrupación de Amigos do MARCO

Dentro do seu calendario de actividades, a Agrupación de Amigos do MARCO organiza, este venres 25 de novembro, un encontro-coloquio con Rosario Sarmiento, comisaria da exposición MULLERES DO SILENCIO, e varias das artistas participantes nesta mostra, como Mónica Alonso,Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Almudena Fernández Fariña e Soledad Penalta.

A charla-coloquio, que estará precedida dun percorrido guiado polas salas de exposición na compaña das artistas e da comisaria, encádrase no ciclo “Dialogando coa arte”, organizado e promovido dende a Agrupación de Amigos do MARCO, cuxo obxectivo é fomentar o vínculo entre os membros da AAM, e afondar en temas relacionados coa creación contemporánea a través de encontros con artistas e profesionais do sector.

5º encontro do ciclo “Dialogando coa arte”

Coa participación de Rosario Sarmiento, e as artistas Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Almudena Fernández Fariña e Soledad Penalta

Ás 19.00: visita guiada á exposición MULLERES DO SILENCIO (salas da planta baixa)

Ás 20.00: charla-coloquio (salón de actos)

Exposiciónunnamed-4

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

14 outubro 2016 – 16 abril 2017

Salas de exposición da planta baixa

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Rosario Sarmiento

 

Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal

 

Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

 

Jaime Martín dirixe a Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 30 de novembro, ás 20.30 h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión será dirixida polo cántabro Jaime Martín e contará coa participación de Anthony Marwood ao violín e James Dahlgren como concertino. Esta actuación inclúese na tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Tres pinturas velazqueñas de Jesús Torres (1975),Concerto para violín e instrumentos de vento, op. 12 de Kurt Weill (1900-1950) eSinfonía núm. 4 en si bemol maior, op. 60 de Ludwig Van Beethoven (1770-1827).

 

LÓPEZ-CHAVES VISITA O BANCO DE ALIMENTOS, QUE ULTIMA OS PREPARATIVOS DA GRAN RECOLLIDA SOLIDARIA QUE COMEZA O VENRES

A delegación territorial da Xunta en Vigo súmase á iniciativa solidaria ofrecendo a posibilidade de doar e entregar alimentos á ONG nas dependencias do Goberno galego na cidade dende o día 25 de novembro e ata as datas de Nadal23112016_bancoalimentos

  • O delegado da Xunta en Vigo estivo hoxe cos responsables da ONG e trasladoulles que, un ano máis, será voluntario o vindeiro sábado 26 de novembro
  • Animou aos cidadáns de Vigo e súa área a participar na Gran Recollida Solidaria (GRS) e a facerse voluntarios.

 

Presentación de “Cámara Segura”, diario de rodaje de La Reina de España

CÁMARA SEGURAunnamed-2
Un libro de Javier Cámara y Santiago Segura 
Presentación 
Viernes, 25 de noviembre a las 20h en La Fábrica

Santiago Segura y Fernando Trueba presentarán este original y desenfadado libro de fotografía que desvela el universo más oculto de un rodaje cinematográfico a través de las imágenes de Javier Cámara y Santiago Segura.

Este libro recopila las fotografías que ambos actores tomaron durante el rodaje de La reina de España, segunda parte de la celebrada La niña de tus ojos, dirigida porFernando Trueba. Un recorrido por lo que sucede entre bambalinas, en el que aparecen grandes actores del cine español como Penélope Cruz, Antonio Resines o Loles León  +info

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A OITAVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE, UN PROGRAMA DE DEBATE NO QUE PARTICIPARÁN 48 EQUIPOS FORMADOS POR ALUMNOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO

  • Os equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización en dúas fases: unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, e unha segunda fase final

Santiago, 23 de novembro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, vén de abrir o prazo de inscrición para a oitava edición do Parlamento Xove, un programa de debate que ten por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Secundaria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato de centros de ensino galegos. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría). Os equipos estarán formados por catro alumnos e un profesor, que será o coordinador. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 30 de xaneiro ou cando se esgoten as prazas que serán concedidas por rigorosa orde de inscrición.

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, os equipos deberán entregar un dossier de investigación, que contará cun premio especial ao mellor documento. Con carácter previo ao inicio da fase clasificatoria desenvolveranse unha xornadas de formación. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

Parlamento Xove nace dun modelo participativo que permite aos mozos e mozas desenvolver a capacidade de levar a cabo diálogos respectuosos e produtivos e permítelles medrar no emprego de ferramentas democráticas. Os mozos realizan debates de carácter argumentativo que permiten a discusión sobre o tema proposto no que gañarán non os equipos que necesariamente teñan a razón, senón os que mellor sustenten as súas ideas.

Durante o transcurso destes debates dialécticos, os mozos desenvolven valores como da capacidade de selección de información, a expresión escrita e oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. O Parlamento Xove fomenta tamén a toma de conciencia no comportamento democrático e o respecto polas ideas dos demais.

Parlamento Xove, como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas como a competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); a competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; a competencia social e cidadá que contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; a competencia cultural e artística dado que nos debates se esixe o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e a competencia para aprender e iniciativa persoal.