A XUNTA DE GALICIA DESTACA O LABOR DA ASOCIACIÓN EMPRESARIAL GALEGA DE CENTROS ESPECIAS DE EMPREGO SEN ÁNIMO DE LUCRO EN PROL DA INCLUSIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, realizar‡ unha visita a GES (Galega de Econom’a Social, S.L.), onde manter‡ un encontro cos seus responsables.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, realizar‡ unha visita a GES (Galega de Econom’a Social, S.L.), onde manter‡ un encontro cos seus responsables.

    O conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela, visitou o centro especial de emprego de GES en Santiago. Nesta xornada o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes tamén visitou o Centro Especial de Emprego de Hornos Lamastelle na Coruña

  • A Asociación está presente en 14 sectores produtivos “mostra de que a discapacidade non é un impedimento para que se poida constituír unha inserción laboral real a través da cal se levan a cabo iniciativas con alto potencial innovador e medioambiental”, afirmou o titular autonómico

Santiago e A Coruña, 28 de novembro de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou, no marco dunha xornada de traballo, o centro especial de emprego GES en Santiago, xestionado pola Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e promovido por COGAMI, á que tamén acudiron representantes da Fundación Carrefour.

Ao longo da mañá, representantes de COGAMI e responsables do seu grupo empresarial comentaron aos asistentes á xornada as actividades e labores que realizan en promoción da empregabilidade das persoas con discapacidade.

Rey Varela destacou a que a atención á discapacidade é unha prioridade para o goberno galego. “Cremos que as persoas con discapacidade teñen capacidades diferentes, e dentro delas inclúense as capacidades produtivas como veñen demostrando dende hai algúns anos con iniciativas empresariais totalmente consolidadas en Galicia”, engadiu o conselleiro.

CEGASAL, a través dos centros especiais de emprego e das súas empresas socias, ocupa a máis de 1.200 persoas con discapacidade en 14 sectores produtivos “mostra de que a discapacidade non é un impedimento para que se poida constituír unha inserción laboral real a través da cal se levan a cabo iniciativas con alto potencial innovador e medioambiental”, afirmou o titular autonómico.

O conselleiro de Política Social destacou que dende a administración autonómica “temos o deber de concienciar á sociedade de que esta é a vía que temos que tomar para que Galicia avance e se posicione como un referente de solidariedade e sobre todo, de igualdade”.

Para conseguilo, o departamento autonómico puxo a andar a Estratexia Galega sobre Discapacidade, elaborada en colaboración coas entidades sociais galegas e que inclúe 460 medidas para contribuír á integración dende a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación, a formación e emprego e a saúde e servizos sociais.

Ademais, o conselleiro destacou a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, que constitúe a folla de ruta para promover a inclusión social das persoas e grupos en situación de vulnerabilidade.

“Para continuar nesta senda, debemos manter e potenciar a colaboración e coordinación entre todas as administracións, entidades e demais institucións do terceiro sector para acadar o obxectivo da integración social plena para todas as persoas”, insistiu Rey Varela, ao tempo que agradeceu o labor que desempeña CEGASAL e a Fundación Carrefour en prol das persoas con discapacidade.

Visita ao Centro Especial de Emprego de Hornos Lamastelle

Pola súa banda, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou as instalacións do Centro Especial de Emprego de Hornos Lamastelle, onde gabou o labor dos preto de 60 traballadores que elaboran todo tipo de empanada galega, con distintos tipos de masas, recheos e formatos, así como tarta de Santiago.

Marnotes destacou a importancia do papel dos centros especiais de emprego de Galicia e puxo en valor o labor que desenvolven cada día para construír “unha Galicia máis xusta, solidaria e equitativa”, explicando que os preto de 110 centros deste tipo que existen na Comunidade galega promoven o emprego de calidade entre 2.000 persoas con discapacidade. Apuntou, así mesmo, que estas empresas son un exemplo de emprego inclusivo.

O director xeral tamén sinalou a necesidade de impulsar unha maior formación entre estas persoas para que as súas capacidades e habilidades se poidan adaptar ás demandas que están a fixar sectores estratéxicos e emerxentes da nova economía e de seguir consolidando o labor desenvolvida polos Centros Especiais de Emprego para incrementar o seu número e, polo tanto, os empregos asociados ao seu traballo.

Así mesmo, resaltou a importancia de traballar para que as empresas ordinarias sigan a contratar a persoas con capacidades diferentes. “Temos que converter en algo normal que unha empresa ordinaria contrate a persoas con discapacidade e que todos xuntos, coa formación, co labor dos centros especiais e das empresas ordinarias academos esa verdadeira integración laboral e a plena igualdade de dereitos e oportunidades”, rematou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: