Actividades polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

EMPEZAN OS ACTOS DO ‘DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DSCAPACIDADE’, ORGANIZADOS POR ACEESCA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DO PORRIÑO

dia-internacional-das-persoas-con-discapacidadeEste luns, día 28 de decembro, empezaron os actos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o vindeiro sábado, día 3 de decembro. Os mesmos están organizados por ACEESCA, coa colaboración da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure.

O Colexio Santo Tomás acolle hoxe unha ‘Charla polos dereitos das persoas con discapacidade’ e, ao longo do día se realizará a colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño, unha acción que se repetirá mañá martes, día 29.

O acto central desta campaña terá lugar o mércores, día 30, ás 10 e media da mañá, coa ‘Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade’. A mesma sairá da Praza do Concello, seguirá pola rúa Ramón González con Pío XII, a Avenida de Domingo Bueno e a rúa Antonio Palacios. Ao remate da mesma se realizará a lectura do manifesto polo grupo de autoxestores ‘Os dez do Porriño’.

O xoves, día 1, haberá unha visita dun grupo de persoas con distintas diversidades funcionais ao centro de saúde do Porriño coa finalidade de detectar posíbeis dificultades dos traballadores á hora de atender a distintos colectivos e un simulacro de consulta ordinaria. E, de seguido unha actividade que se repetirá o venres, día 2, colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: