LÓPEZ-CHAVES VISITOU HOXE O CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE COIA, QUE OFRECE CURSOS RELACIONADOS CO SECTOR INDUSTRIAL E DA AUTOMOCIÓN A MÁIS DE 400 ALUMNOS E ALUMNAS

  • 28112016_visitacifpcoia2O delegado da Xunta en Vigo visitou esta mañá as instalacións do centro, que conta tamén con acordos de colaboración con máis de 200 empresas da área de Vigo onde os alumnos e alumnas realizan as súas prácticas
  • O centro ten unha ampla oferta formativa entre as Accións Formativas dirixidas a Desempregados (AFD) e o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial  
  • O CIFP de Coia, dependente da Xunta de Galicia, desenvolve accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma son a automoción, o naval ou o metal

Vigo, 28 de novembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, percorreu esta mañá as instalacións do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia, que ofrece cursos formativos relacionados co sector industrial e da automoción a máis de 400 alumnos e alumnas.

Acompañado pola directora do CIFP, Ángeles Cortés, e docentes dos cursos ofertados, o delegado comprobou o bo nivel da formación que se ofrece neste centro que depende da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os alumnos e alumnas reciben ademais unha formación teórica e práctica que lles permite ter unha oportunidade no ámbito laboral grazas aos acordos de colaboración que o CIFP ten con máis de 200 empresas de Vigo e a súa área de influencia para que os seus estudantes realicen as súas prácticas.

Neste curso 2016/2017 son un total de 410 alumnos e alumnas os que realizan a súa formación no centro divididos entre 25 cursos relativos a Accións Formativas dirixidas a Desempregados (AFD) e o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial. Trátase así de accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma a automoción, o naval ou o metal.

Programa e imparte formación dirixida á fabricación, montaxe e mantemento de bens de equipos e maquinaria industrial, electromecánica de vehículos, carrozarías, economía verde, de instalacións frigoríficas e de instalacións solares, os cales aportan a cualificación e recualificación necesaria para acadar a inserción laboral dos alumnos desempregados e mellorar a empregabilidade e a competitividade do tecido empresarial.

Dende o pasado ano conta con maquinaria nova tras a incorporación ao taller de Fabricación/CNC dun torno CNC (control numérico computarizado) con torreta motorizada para acoplar 12 ferramentas coa finalidade de desenvolver nas súas aulas e talleres procesos industriais similares aos actuais da industria de Vigo e a súa área.

O CIFP de Coia ten unha superficie de 3.000 m2 interiores e 2.700 m2 de axardinamento e patios tras gañar unha nova área de aulas de formación de 820 metros cadrados despois do traslado da oficina de emprego de Coia –coa que compartía instalacións- ao seu novo emprazamento en San Paio de Navia.

Co obxectivo de acometer con efectividade a impartición da súa formación profesional, o CIFP acondicionou a superficie total do centro incorporando á nova área de formación aulas das especialidades de microinformática, fotovoltaica e deseño industrial. Actualmente dispón de 16 aulas e 8 talleres.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: