I´m not there, sobre a vida de Bob Dylan, no ciclo Cine e Lingua

cate-blanchettVigo, 29 de novembro de 2016.- Máis que unha biografía, I´m not there é unha película sobre as vidas de Bob Dylan, retratado a través da interpretación de seis actores e actrices en diferentes momentos da súa carreira. A cinta, dirixida por Todd Haynes, será a próxima cita do ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, Let´s go to the flicks, que ofrece películas en versión orixinal subtituladas.

I´m not there repasa a vida do último gañador do Premio Nobel de Literatura, a través de varias historias: Woody (interpretado por Marcus Carl Franklin) é un Dylan neno de once anos que está sempre a fuxir; Robbie (Heath Ledger) é un artista mullereiro que vive na estrada. Jude (Cate Blanchett) é un mozo andróxino, estrela do rock;  John (Christian Bale) é un ídolo folk que se converte en evanxelista e Billy (Richard Gere) é un famoso fuxitivo.

Cate Blanchett estivo nominada ao Oscar pola súa interpretación e obtivo o Globo de Oro á mellor actriz de reparto.

Presentarán a película e moderarán o coloquio posterior os profesores do Centro de Linguas, Keith Payne e Jeff Beasley.

CICLO CINE E LINGUA

I´m not there (Todd Haynes, 2007)

Data:  30 de novembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: