POLÍTICA SOCIAL INICIA EN LUGO UNHA SERIE DE ENCONTROS SOBRE A PARENTALIDADE POSITIVA DIRIXIDOS A PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS, DA EDUCACIÓN E ÁS FAMILIAS

varela1O conselleiro José Manuel Rey Varela participou hoxe na apertura da primeira destas xornadas que se celebrarán nas sete principais cidades de Galicia

  • O titular da área social da Xunta de Galicia manifestou que “crecer nun fogar sen violencia, cargado de amor e respecto é clave para a vida dos nenos e nenas; porque axúdalles a medrar sans e a converterse en futuros cidadáns adultos, responsables e comprometidos coa sociedade”
  • Rey Varela destacou o papel das administracións públicas para promover medidas que axuden aos pais e as nais a exercer as súas responsabilidades cos seus fillos e fillas. Neste sentido, referiuse ás iniciativas que está a desenvolver o executivo autonómico a prol das familias, a infancia e a conciliación como a Tarxeta Benvida, a ampliación da rede de escolas infantís ou o Bono Coidado, entre outras

Lugo, 29 de novembro de 2016-. O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, participou esta tarde en Lugo na apertura da primeira das xornadas sobre parentalidade positiva que a Xunta de Galicia organiza  en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo. Estes encontros, dirixidos a técnicos e profesionais tanto dos servizos sociais como da educación, así como ás familias en xeral, desenvolveranse nas sete grandes cidades de Galicia dende hoxe ata o vindeiro día 15 de decembro baixo o título de “Parentalidade positiva, o mellor legado para os fillos e fillas”.

Esta é a primeira vez que a Administración autonómica impulsa unhas xornadas con esta temática, acorde coas recomendacións do Consello de Europa que insta a poñer en marcha accións de apoio para o exercicio positivo da parentalidade e que define como o comportamento dos pais fundamentado no interese superior do neno ou nena. Así, estas xornadas tratan de responder á evolución que experimentou a familia dentro da sociedade, que obriga aos proxenitores a desempeñar o seu rol parental dunha maneira diferente ao que era tradicional, posto que ademais de xestionar o seu tempo persoal, laboral e social sen desatender aos seus fillos e fillas, deben levar a cabo unha atención parental eficaz e positiva.

Na súa intervención, o titular do departamento autonómico de Política Social sinalou que “exercer unha parentalidade positiva significa respectar en todo momento os dereitos dos nenos”, ao tempo que apuntou que “crecer nun fogar sen violencia, cargado de amor e respecto é clave para a vida dos nenos e das nenas; porque axúdalles a medrar sans e a converterse en futuros cidadáns adultos, responsables e comprometidos coa sociedade”. Ao respecto, Rey Varela indicou que as administracións públicas teñen que promover as medidas adecuadas para apoiar aos pais e as nais no exercicio das súas responsabilidades cos seus fillos e fillas.

Apoio ás familias, á infancia e á conciliación

Nesta liña, o conselleiro destacou que a familia, a infancia e a conciliación constitúe un dos eixes centrais das políticas sociais en Galicia e ao que se lle dedican importantes recursos económicos. O obxectivo da Xunta de Galicia é dotar ás familias dos servizos, recursos e medidas que precisan para apoiar o papel que desenvolven na sociedade; e prestando especial atención ás familias monoparentais, ás numerosas e aquelas que teñen situacións especiais, como menores con discapacidade ao seu cargo, en risco ou situación de vulnerabilidade social, etc. “Traballamos para que os pais e nais teñan ferramentas que faciliten a conciliación e a corresponsabilidade; porque queremos familias nas que os pais e as nais teñan tempo para os seus fillos e tamén para eles mesmos”, manifestou.

Rey Varela explicou que este compromiso coas familias e os menores se pon de manifesto nas medidas contempladas no Programa de apio á natalidade (PAN Galicia), que van dende axudas económicas directas aos pais e nais, como a Tarxeta Benvida; á potenciación e posta en marcha de novos recursos, como a ampliación da rede de escolas infantís, estendéndoa ademais aos concellos rurais e aos contornos empresariais; ou o Bono Coidado, entre outras iniciativas que forman parte deste programa.

Próximas xornadas

Estas xornadas sobre parentalidade positiva terán continuidade esta semana en Pontevedra e Vigo. Os días, lugares e horarios de celebración son os seguintes:

DATA 2016 HORA LUGAR
30 Novembro 16,30 Salón de Actos da Escola Enxeñería Forestal de Pontevedra (Campus a Xunqueira, s/n – 36005 Pontevedra)
1 Decembro 16,30 Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Areal, 46,  36201 – Vigo)
12 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de fisioterapia de A Coruña (Campus de Oza, s/n. 15006 A Coruña)
13 Decembro 16,30 Salón de Actos do Campus de Ferrol (Campus de Esteiro, 15403 Ferrol)
14 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de Relacións Laborais de Santiago (Campus Vida, Avenida Dr. Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela)
15 Decembro 16,30 Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Ourense (Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004 Ourense).

A asistencia ás xornadas é gratuíta, aínda que para unha mellor organización destas e por cuestións de aforamento, é desexable que os interesados en asistir se inscriban nesta ligazón: www.parentalidadpositiva.com/inscricion, especialmente aqueles que desexen contar cun certificado de asistencia.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: